{"id":864,"date":"2026-04-07T21:09:07","date_gmt":"2026-04-07T19:09:07","guid":{"rendered":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/?p=864"},"modified":"2026-04-08T14:01:51","modified_gmt":"2026-04-08T12:01:51","slug":"o-maltrato-psicoloxico-non-existe-porque-non-se-quere-que-exista","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/2026\/04\/07\/o-maltrato-psicoloxico-non-existe-porque-non-se-quere-que-exista\/","title":{"rendered":"O maltrato psicol\u00f3xico non existe porque non se quere que exista"},"content":{"rendered":"\n<p>Para a administraci\u00f3n e a xustiza, o maltrato psicol\u00f3xico non existe. A manipulaci\u00f3n de persoas vulnerables como o son os menores non pode ser probada e por tanto non existe. Non se reco\u00f1ece o seu dereito a ser tratados con respecto, as s\u00faas necesidades emocionais non est\u00e1n contempladas en ning\u00fan sitio.<\/p>\n\n\n\n<p>Os pais e nais que maltratan psicoloxicamente aos seus fillos e fillas non reciben consecuencias, non son apartados deles nin se lles obriga a cumprir cuns coidados b\u00e1sicos que aseguren a sa\u00fade mental das criaturas. Nin sequera se lles demanda que atendan servizos de sa\u00fade mental para aprender a criar, ou polo menos, a non danar, pois a perfecci\u00f3n non existe pero a maldade, o ego\u00edsmo e a neglixencia, si.<\/p>\n\n\n\n<p>Mentres tanto, hai familias que por falta de recursos econ\u00f3micos son segregadas, nenos e nenas que son enviados a centros de menores onde o illamento familiar e social \u00e9, en si mesmo, unha tortura. Nestes casos a soluci\u00f3n ser\u00eda sinxela, se o sistema respectase o dereito a unha vivenda e ao alimento que toda persoa deber\u00eda ter, estas crianzas xa non ter\u00edan problema. Pero aos pais e nais que sofren o duro l\u00e1tego do capitalismo son castigados de dobre maneira arrebat\u00e1ndolle ao que mais queren, a ambas partes.<\/p>\n\n\n\n<p>Por que se valora m\u00e1is a capacidade de obter recursos materiais que a capacidade de amar e coidar? Que tipo de sociedade do benestar \u00e9 esta na que o amor \u00e9 un privilexio pero non unha necesidade b\u00e1sica?<\/p>\n\n\n\n<p>Non son tan inxenua como para pensar que vivimos en tal sociedade, sei que sempre foi unha ficci\u00f3n que nos pod\u00edan contar durante as burbullas econ\u00f3micas que aparec\u00edan entre crise e crise. A\u00ednda as\u00ed escandal\u00edzame como de normalizada est\u00e1 a falta de cari\u00f1o, como a friaxe dun fogar no que non se fala se chega a valorar como un sinal de falta de conflito. Poida que non haxa violencia (f\u00edsica) pero a marca que o abandono e o desarraigo deixan no corpo dura moito m\u00e1is tempo que calquera hematoma. De feito, non \u00e9 sorpresa que a dor cr\u00f3nica sexa unha epidemia ou que a ansiedade comece a idades temper\u00e1s. <\/p>\n\n\n\n<p>Non sei moi ben para que escribo este artigo, supo\u00f1o que compartir a indignaci\u00f3n me axuda a procesar a frustraci\u00f3n. S\u00f3 desexo que as persoas que sufriron a impotencia na infancia e adolescencia non repitan os mesmo erros posto que isto tr\u00e1tase dun proceso c\u00edclico que precisamos deter, porque se pode. <\/p>\n\n\n\n<p>Por mor dun libro que estiven a ler, non deixo de pensar na relaci\u00f3n que estes comportamentos e inxustizas ten coa forma na que tratamos a natureza, coa nosa desconexi\u00f3n. Sorpr\u00e9ndennos as atrocidades que ocorren no mundo e aproxim\u00e1monos a resolvelas cos mesmos m\u00e9todos neoliberais e patriarcais que nun principio os causaron. A ciencia convencional, a que est\u00e1 ben vista, perpet\u00faa esas pr\u00e1cticas, o pensamento l\u00f3xico alienado das emoci\u00f3ns \u00e9 unha trampa que veneramos como a soluci\u00f3n a todos os nosos problemas, cando o certo \u00e9 que \u00e9 a causa. O terreo do espiritual e o alternativo est\u00e1 embarrado e custa ver o cami\u00f1o pois p\u00f3\u00f1ennos trampas para dificultarnos ese despertar que tanto precisamos. Moitos, polo medo a equivocarse prefiren manterse no pensamento dualista, no raciocinio seco e \u00e1rido que constr\u00fae m\u00e1quinas pero non sociedades. Faltan valentes, na era do medo e da velocidade, fai falta coraxe para plantarlle cara ao medo e reducir o ritmo, porque o amor non se d\u00e1 \u00e1s presas pero \u00e9 a \u00fanica menci\u00f1a coa que sandar a Terra. <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Para a administraci\u00f3n e a xustiza, o maltrato psicol\u00f3xico non existe. A manipulaci\u00f3n de persoas vulnerables como o son os menores non pode ser probada e por tanto non existe. Non se reco\u00f1ece o seu dereito a ser tratados con respecto, as s\u00faas necesidades emocionais non est\u00e1n contempladas en ning\u00fan sitio. Os pais e nais [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":870,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[151,54,20,46,148,31,107,132,32,30,45,1],"tags":[60,57,58,22,102,159,48,25,157,158,155,82,156],"class_list":["post-864","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-abuso","category-bencomun","category-comunicacion","category-comunidad","category-conciencia-de-clase","category-consciencia","category-cultura","category-ecoloxismo","category-filosofia","category-humanidad","category-relaciones-sociales","category-sen-categoria","tag-anticapitalismo","tag-bencomun","tag-capitalismo","tag-comunicacion","tag-cultura","tag-familia","tag-filosofia-2","tag-humanidade","tag-neoliberalismo","tag-patriarcado","tag-psicoloxia-2","tag-saude","tag-saude-mental"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/864","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=864"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/864\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":871,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/864\/revisions\/871"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/media\/870"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=864"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=864"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=864"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}