{"id":827,"date":"2026-10-07T13:52:23","date_gmt":"2026-10-07T11:52:23","guid":{"rendered":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/?p=827"},"modified":"2026-10-07T13:52:29","modified_gmt":"2026-10-07T11:52:29","slug":"a-igualdade-que-se-ensina-e-cobarde-porque-fica-na-superficie","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/2026\/10\/07\/a-igualdade-que-se-ensina-e-cobarde-porque-fica-na-superficie\/","title":{"rendered":"A igualdade que se ensina \u00e9 cobarde porque fica na superficie"},"content":{"rendered":"\n<h2 class=\"wp-block-heading\">Non todos entendemos o mesmo por igualdade de oportunidades<\/h2>\n\n\n\n<pre class=\"wp-block-code\"><code>Autocr\u00edtica da conversa feminista: <em>Sac\u00e1ndolle partido \u00e1s notas que tomei durante un curso que fixen para a certificaci\u00f3n de igualdade no entorno laboral. Aprend\u00edn que non sempre se aprende onde un pensa que vai aprender<\/em>. A\u00ednda que algo aprend\u00edn, a\u00ednda que fose decepcionante.<\/code><\/pre>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Hai uns meses fixen un curso de igualdade no entorno laboral. \u00c9 un deses certificados oficiales que saca o Estado. Resulta que a maior\u00eda deses certificados se conseguen a trav\u00e9s de cursos baleiros de aprendizaxe, con alumnos pouco implicados e profesorado a\u00ednda m\u00e1is desinteresado. Pero eso \u00e9 tema para outra ocasi\u00f3n. Poida que sexamos catro persoas as que non \u00e9ramos conscientes do absurdo destas titulaci\u00f3ns&#8230;<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">O tema que quero discutir neste artigo \u00e9 outro: a falta de consenso sobre o que significa a igualdade e a discusi\u00f3n superficial que acostuma a darse nos ambientes que supostamente a difunden. Ocorre o mesmo co feminismo, que \u00e9 feminista e que non o \u00e9? Por suposto, o feminismo \u00e9 unha corrente filos\u00f3fica que se aplica no d\u00eda a d\u00eda, non \u00e9 unha listaxe de comportamientos, non \u00e9 un dogma a seguir. M\u00e1is ben son unha serie de preguntas que se tratan de responder cando a d\u00fabida asoma. Con todo, semella que non todo o mundo chega \u00e1s mesmas conclusi\u00f3ns, ao meu parecer, por ficar demasiado tempo na superficie dos problemas e na morbosidade da inxustiza, cando o que se precisa \u00e9 afondar ata tocar as ra\u00edces, as causas que a orixinan.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">O patriarcado a mi\u00fado expl\u00edcase en oposici\u00f3n ao feminismo. Ser\u00eda a carencia de igualdade entre o home e a muller, resum\u00edndoo simplistamente, o desequlibrio entre o privilexio do home e os retos da muller. Pero \u00e9 que esta definici\u00f3n non abarca nin unha porci\u00f3n do asunto. De feito, v\u00e9xoa contraproducente se queremos transmitir a mensaxe da s\u00faa nocividade. O patriarcado \u00e9 un sistema dogm\u00e1tico que perxudica tanto a homes como mulleres, incluso se a s\u00faa premisa xeral di alzar a figura masculina sobre a feminina.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Det\u00e9\u00f1ome neste matiz porque me sorprendeu que falando de igualdade no entorno laboral e feminismo non se mencionou o capitalismo ata que a mi\u00f1a insistencia foi clara sacando o tema por terceira vez. Tr\u00e1tase de igualdade de oportunidades no traballo pero o curriculum centr\u00e1base na diferenciaci\u00f3n cultural de home-muller sen cuestionar a toxicidade e problem\u00e1tica das caracter\u00edsticas asignadas a cada un. A xeneralizaci\u00f3n pode ser \u00fatil cando llo explicamos a cativos de oito anos, mais non \u00e9 aceptable se est\u00e1s a instruir axentes que asesorar\u00e1n a empresas e crear\u00e1n planes de igualdade.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Non se pode falar de patriarcado sen mencionar o capitalismo porque o patriarcado \u00e9 o sistema de crenzas que sost\u00e9n a ese sistema econ\u00f3mico en particular. <\/p>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\">\n<p class=\"wp-block-paragraph\">A divisi\u00f3n de sexos, clase, raza ou calquera outra discriminaci\u00f3n que se lles ocorra aos fascistas, ven a proporcionar un servizo: desestabiliza a comunidade e converte ao individuo nunha presa f\u00e1cil ante as demandas do capital.<\/p>\n<\/blockquote>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Supo\u00f1amos agora que neste curso se escolleu s\u00f3 a problem\u00e1tica da discriminaci\u00f3n da muller por ser un problema acuciante a trav\u00e9s de toda a sociedade. Un dos primeiros exercicios que realizamos no curso foi analizar palabras que se relacionaban coa muller e co home e discutir porque a sociedade os comprende asi: sensibilidade, fortaleza, agresividade, delicadeza&#8230; Xa imaxinades como \u00eda a cousa. Entre todas as palabras houbo unha que me chamou a atenci\u00f3n pola maneira sobre todo en que se lle asignaba categ\u00f3ricamente un valor positivo \u00e1 mesma. <\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><strong><mark class=\"has-inline-color has-accent-3-color\">Ambici\u00f3n.<\/mark><\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Sen poder eu cuestionalo, acordouse que a ambici\u00f3n era algo positivo en si mesmo, valorado con frecuencia nun home ainda que nunha muller se percibise como ameazante. Eu cuestionome se esta cualidade non \u00e9 unha caracter\u00edstica do individuo capitalista, ese que sempre quere m\u00e1is, que non se conforma e procura posicionarse de forma avantaxada en canto ao resto da sociedade.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">\u00c9 realmente algo \u00fatil para o total da sociedade ou \u00e9 un valor do capitalismo que fomenta a individualidade?<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Despois de comentalo con varias persoas, inclusive unha psic\u00f3loga, tiven que admitir, que de forma moderada e con obxectivos dirixidos cara o ben com\u00fan, a ambici\u00f3n pode chegar a ser positiva. Mais creo que cando nos imaxinamos a unha persoa ambiciosa rara vez pensamos en Jane Goodall, mentres que con frecuencia se nos ven \u00e1 cabeza Marta Ortega. Non sei se vedes por onde vou. <\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Do mesmo xeito, irritoume que se considerase a <strong><mark class=\"has-inline-color has-accent-3-color\">debilidade<\/mark><\/strong> como sin\u00f3nimo de vulnerabilidade ou emotividade. Penso que ver as emoci\u00f3ns como un signo de debilidade \u00e9 unha das crenzas principais do patriarcado que pretende desprendernos da nosa humanidade para as\u00ed facernos m\u00e1is permeables \u00e1 crueldade. Sentenciei, pois, que estaban a esquecer a calidade do temperamento agresivo como a manifestaci\u00f3n dunha emoci\u00f3n (a rabia) o cal a converte na verdadeira debilidade.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Res\u00faltame insuficiente e case delirante procurar igualdade sen atender a opresi\u00f3n que exerce o sistema sobre toda a poboaci\u00f3n posto que esa tensi\u00f3n \u00e9 a que alimenta a <strong><mark class=\"has-inline-color has-accent-4-color\">&#8220;guerra entre os x\u00e9neros&#8221;<\/mark><\/strong>. Esa opresi\u00f3n ex\u00e9rcese a trav\u00e9s do control emocional, xa sexa reprimindo certas emoci\u00f3ns ou alimentando outras.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">As emoci\u00f3ns son, na mi\u00f1a opini\u00f3n, un terreo pouco explorado no feminismo. As\u00ed \u00e9 que dentro do movemento se poden atopar activistas con patr\u00f3ns psicol\u00f3xicos propios do patriarcado. \u00c9 crucial abordar este \u00e1mbito se realmente pretendemos afondar na causa principal das relaci\u00f3ns humanas t\u00f3xicas xa que son un elemento b\u00e1sico da violencia. <\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">As emoci\u00f3ns son o algoritmo que decide os nosos comportamentos e definen as\u00ed mesmo a forma de presentarnos na sociedade. Te\u00f1en, por tanto, moito que ver coa nosa identidade. Durante o curso, ao falarmos dunha loita entre x\u00e9neros, razas ou sexualidades, a identidade era un tema inevitable. Por iso me decepcionou novamente que se deixase de ter en conta un factor tan importante como \u00e9 o <mark class=\"has-inline-color has-accent-3-color\"><strong>traballo<\/strong><\/mark>.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Nos axentes implicados na construcci\u00f3n da identidade consider\u00e1ronse a familia, a escola, a linguaxe e os medios de comunicaci\u00f3n, pero non o traballo (base fundamental da sociedade capitalista). Comentouse que os anos m\u00e1is importantes para o desenvolvemento da identidade danse durante a infancia por ver e emular aos pais e nais, sen embargo o feito de que os proxenitores estean determinados e restrinxidos polo seu \u00e1mbito laboral non se reflexionou. A necesidade frecuente de gran parte da poblaci\u00f3n de escoller constantemente entre traballo e familia non se percibe como un factor influente na identidade. E con todo, a maior\u00eda de n\u00f3s present\u00e1monos coa nosa ocupaci\u00f3n por diante. <\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">A actividade laboral, medida de diferenciaci\u00f3n entre clases, \u00e9 a carta de presentaci\u00f3n m\u00e1is empregada a d\u00eda de hoxe. De feito, quen non consegue definirse cunha profesi\u00f3n periga de sufrir unha crise existencial ao non atopar, ou atopar dificultades na procura\u00a0 do seu lugar nunha sociedade que organiza aos seus individuos a trav\u00e9s da lente do mercado laboral.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">A identidade, como t\u00e9rmino parello da personalidade, vese afectado notablemente polo traballo xa que non se trata s\u00f3 de ter un emprego sen\u00f3n tam\u00e9n de non telo. Segundo o patriarcado, a identidade feminina as\u00f3ciase aos traballos de coidado, non importa moito se este se desenvolve no entorno familiar ou laboral. Esta \u00e9 unha premisa que est\u00e1 bastante clara dentro das conversas de \u00edndole feminista, mais o que non queda tan claro \u00e9 a forma de proceder no intento de solucionar a desigualdade entre homes e mulleres. <\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">A conclusi\u00f3n f\u00e1cil \u00e9 crer que abondar\u00eda con compartir as tarefas de coidados no \u00e1mbito familiar e proporcionar m\u00e1is servizos p\u00fablicos que lle permitan \u00e1 muller descargar estas responsabilidades para poder adicarse \u00e1 s\u00faa profesi\u00f3n durante unha horas diriarias. Dende o meu punto de vista, \u00e9 unha conclusi\u00f3n superficial e que non resolve moito posto que as persoas, sexan infantes ou maiores, que precisan de coidados non deben estar relegadas a ser atendidas en grupos grandes por unha profesional agota (porque sempre \u00e9 unha muller a cal asume este tipo de empregos, por certo, precarios). O coidado non se pode comprender como unha molestia ou un tr\u00e1mite, \u00e9 unha necesidade b\u00e1sica para a sociedade adem\u00e1is de ser o que acostumaba a definir a calidade humana. Por tanto, esa soluci\u00f3n de implicar aos homes m\u00e1is nos coidados poder\u00eda achegar ao x\u00e9nero masculino  a n\u00f3s, o cal estar\u00eda ben ata certo punto para que adquirise empat\u00eda experimentando na s\u00faa propia pel os nosos sufrimentos, mais non solucionar\u00eda a desigualdade como tal. Crear de forma masiva emprego precario para proporcionar coidado precario non \u00e9 a forma de obter igualdade laboral, \u00e9 no entanto, a maneira de ofrecerlle ao capital m\u00e1is corpos que explotar e m\u00e1is servizos dos que lucrarse.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Existe unha paradoxa que mostra como de profunda reside a causa desta problem\u00e1tica: as mulleres euporeas escollen coidar mentres que as indias escollen as STEM. <\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Calquera persoa \u00e1 que lle preguntes dirache que Europa \u00e9 un recanto do mundo onde hai maior igualdade de oportunidades adem\u00e1is de ser unha sociedade m\u00e1is feminista debido \u00e1 extensi\u00f3n deste movemento social entre a s\u00faa poboaci\u00f3n. Por\u00e9n, o feito de que as mulleres desfrutemos de m\u00e1is liberdade que noutros pa\u00edses non fai que escollamos menos empregos  relacionados cos coidados, nin que nos decantemos por postos laborais con maior estima social como acostuman a ser aqueles relacionados coas ciencias exactas. <a href=\"https:\/\/www.womenentrepreneursreview.com\/viewpoint\/more-indian-women-graduate-in-stem-than-us-uk-other-western-countries-nwid-764.html\" data-type=\"link\" data-id=\"https:\/\/www.womenentrepreneursreview.com\/viewpoint\/more-indian-women-graduate-in-stem-than-us-uk-other-western-countries-nwid-764.html\">De feito, os pa\u00edses occidentais te\u00f1en unha menor proporci\u00f3n de mulleres graduadas nas STEM que pa\u00edses considerados m\u00e1is patriarcais como \u00e9 o caso da India. <\/a>Isto non \u00e9 unha elucubraci\u00f3n mi\u00f1a, \u00e9 un dato estad\u00edstico verificado, a\u00ednda que pouco estudado. <\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Coa intenci\u00f3n de co\u00f1ecer a perspectiva das mi\u00f1as compa\u00f1eiras e compa\u00f1eiros espuxen esta informaci\u00f3n durante unha das discusi\u00f3ns do curso. De primeiras, recib\u00edn un grado considerable de incredulidade, logo mostrei algunhas noticias como as da ligaz\u00f3n que fan referencia a estudos oficiais e, daquela, <em>bugueei<\/em> \u00e1 profesora durante un cuarto de hora. Debuxados na s\u00faa mente e na s\u00faa cara, os esquemas  do ben e o mal, do correcto e do incorrecto, derrumb\u00e1ronse ante os meus ollos. Un pa\u00eds o cal dende Europa recibe constantes comentarios negativos sobre a s\u00faa cultura e costumes, critic\u00e1ndoas de patriarcales e mis\u00f3xinas, resulta demostrar unha alta inclusi\u00f3n de mulleres en carreiras de enxe\u00f1er\u00eda, matem\u00e1ticas, tecnolox\u00eda e outras ciencias. E por que ocorre isto?<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Por que as mulleres europeas, especialmente do norte de Europa, escollen profesi\u00f3ns relacionadas cos coidados como son as desenvoltas no \u00e1mbito da sa\u00fade e da educaci\u00f3n?<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Con certa frecuencia, as mulleres indias escollen a s\u00faa profesi\u00f3n non segundo as s\u00faas preferencias e gustos, sen\u00f3n segundo as previsi\u00f3ns econ\u00f3micas de dita profesi\u00f3ns. \u00c9 dicir, buscan unha ocupaci\u00f3n que lles proporcione un bo salario a\u00ednda que non lles xenere satisfacci\u00f3n persoal. Falamos dunha sociedade moi empobrecida, polo que \u00e9 l\u00f3xico que prefiran sacrificar as s\u00faas preferencias en troques dunha seguridade econ\u00f3mica que lles permita unha vida tranquila, a elas, e \u00e1 s\u00faa familia. <\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">E que pasa coas mulleres do norte de Europa? Por que escollen ser maestras ou fisioterapeutas e non programadoras ou dese\u00f1adoras industriais? Poida que o feito de que elas non temen a escaseza econ\u00f3mica do mesmo xeito que as compa\u00f1eiras indias lles permita decantarse por profesi\u00f3ns que requiren certa &#8220;vocaci\u00f3n&#8221;. Marco deste xeito a palabra vocaci\u00f3n xa que o que esta expresi\u00f3n ven a dicir a meirande parte das veces \u00e9 que aceptan peores condici\u00f3ns laborais porque valoran a actividade que est\u00e1n a realizar. As mulleres europeas, ata certo punto, poden permitirse esta desigualdade laboral e continuar acadando unhas condici\u00f3ns de vida dignas. As mulleres indias non dispo\u00f1en desa posibilidade as\u00ed que apostan o seu futuro \u00e1 opci\u00f3n menos arriscada econ\u00f3micamente. <\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">O que dende unha posici\u00f3n privilexiada se observa como unha escolla de identidade (enxe\u00f1eira, matem\u00e1tica, cient\u00edfica&#8230;) tr\u00e1tase na realidade dunha imposici\u00f3n m\u00e1is do patriarcado o cal insiste en eliminar a dignidade do ser humano magullando a calquera que aprecie e desempe\u00f1e as actividades de coidado que soste\u00f1en a nosa sociedade. Non pretendo eliminar as campa\u00f1as que animan \u00e1s m\u00e1is novas a explorar o seu interese pola tecnolox\u00eda e a ciencia, pero tampouco creo que debamos culpabilizar a s\u00faa escolla laboral da precariedade e desigualdade laborais \u00e1s que se enfrontan as mulleres. Iso \u00e9 m\u00e1is t\u00edpico do patriarcado que do feminismo. <\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Non se pode falar de feminismo sen conversar primeiro do v\u00ednculo indivisible entre patriarcado e capitalismo. A desigualdade, e en particular a laboral, est\u00e1 condicionada por elementos materiais tanto como o est\u00e1 polos sociais. Eu non desexo que a muller prospere reemprazando a homes na pir\u00e1mide social ou forzando unha paridade num\u00e9rica entre a \u00e9lite, eu ans\u00edo unha sociedade que derrube as xerarqu\u00edas e que nos presente en igualdade \u00e1s l\u00edderes e aos creadores, \u00e1s proveedoras e aos coidadores. <\/p>\n\n\n\n<pre class=\"wp-block-code\"><code><em>A\u00ednda quedan algunhas notas que tomei durante ese curso e que compartirei deste xeito en pr\u00f3ximos artigos, as\u00ed que s\u00edgueme ou subscr\u00edbete \u00e1 mi\u00f1a newsletter.<\/em><\/code><\/pre>\n\n\n\n<hr class=\"wp-block-separator has-alpha-channel-opacity\" \/>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Non todos entendemos o mesmo por igualdade de oportunidades Hai uns meses fixen un curso de igualdade no entorno laboral. \u00c9 un deses certificados oficiales que saca o Estado. Resulta que a maior\u00eda deses certificados se conseguen a trav\u00e9s de cursos baleiros de aprendizaxe, con alumnos pouco implicados e profesorado a\u00ednda m\u00e1is desinteresado. Pero eso [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":1033,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[54,99,46,148,31,100,165,32,30,1],"tags":[60,57,95,103,48,25],"class_list":["post-827","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-bencomun","category-ciencia","category-comunidad","category-conciencia-de-clase","category-consciencia","category-enxeneria","category-feminismo","category-filosofia","category-humanidad","category-sen-categoria","tag-anticapitalismo","tag-bencomun","tag-ciencia","tag-feminismo","tag-filosofia-2","tag-humanidade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/827","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=827"}],"version-history":[{"count":19,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/827\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":1034,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/827\/revisions\/1034"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/media\/1033"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=827"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=827"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=827"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}