{"id":805,"date":"2025-11-26T14:33:16","date_gmt":"2025-11-26T13:33:16","guid":{"rendered":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/?p=805"},"modified":"2025-11-28T15:15:01","modified_gmt":"2025-11-28T14:15:01","slug":"como-se-traballa-en-equipo-cando-o-teu-cerebro-funciona-ao-reves","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/2025\/11\/26\/como-se-traballa-en-equipo-cando-o-teu-cerebro-funciona-ao-reves\/","title":{"rendered":"Como se traballa en equipo cando o teu cerebro funciona &#8220;ao rev\u00e9s&#8221;"},"content":{"rendered":"\n<p>Razoar non \u00e9 un proceso \u00fanico. Cada persoa procesa a informaci\u00f3n de forma diferente a\u00ednda que o tipo de pensamento se pode clasificar en dous grandes grupos. O pensamento <em>top-down <\/em>que o manexa arredor do 90% da poboaci\u00f3n, e o <em>bottom-up<\/em> que o posu\u00edmos arredor do 10%. Estas formas de cavilar non son aprendidas nin poden ser modificadas ao longo da vida, tr\u00e1tase dunha caracter\u00edstica neurobiol\u00f3xica coa que vivimos e desenvolvemos o noso d\u00eda a d\u00eda, o noso traballo tam\u00e9n. <\/p>\n\n\n\n<h2 class=\"wp-block-heading\">Que significa<em> top-down<\/em> e <em>bottom-up<\/em>?<\/h2>\n\n\n\n<p>A estad\u00edstica di que a maior\u00eda das persoas que est\u00e1n a ler este artigo, \u00e1 hora de enfrontarse a un novo proxecto, collen unha idea xeral e fican valorando as xeneralidades durante un tempo antes de pasar a definir as partes e finalmente os detalles. Primeiro ven unha paisaxe de ver\u00e1n, logo ven a praia, o mar e a masa de turistas, para finalmente fixarse nos nenos que constr\u00faen castelos con algas e cunchas para as portas e vent\u00e1s, na muller que le un libro de Isabel Allende baixo a protecci\u00f3n dunha pamela e no home que toma o sol cuberto en crema protectora e aderezado de area. Este proceso no que se observan as xeneralidades e logo vaise un achegando aos detalles \u00e9 o procesamento <em>top-down<\/em> (de arriba a abaixo).<\/p>\n\n\n\n<p>Cando o primeiro que ves nunha paisaxe \u00e9 o estampado floral do traxe de ba\u00f1o dun paseante, a pelota bicolor de praia dunha nena que est\u00e1 a xogar ou o din\u00e1mico movemento das polas dunha palmeira movida pola brisa mar\u00edtima, daquela estamos a falar dun pensamento <em>bottom-down<\/em> (de abaixo a arriba). Tras detectar estes detalles, o seguinte paso \u00e9 atopar o patr\u00f3n com\u00fan entre eles, neste caso, a praia, para logo definilo todo en termos xerais como unha paisaxe de ver\u00e1n. <\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-full\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"547\" height=\"522\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-content\/uploads\/sites\/3\/2025\/11\/Captura-de-pantalla-do-2025-11-26-12-18-52.png\" alt=\"\" class=\"wp-image-806\" srcset=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-content\/uploads\/sites\/3\/2025\/11\/Captura-de-pantalla-do-2025-11-26-12-18-52.png 547w, https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-content\/uploads\/sites\/3\/2025\/11\/Captura-de-pantalla-do-2025-11-26-12-18-52-300x286.png 300w\" sizes=\"auto, (max-width: 547px) 100vw, 547px\" \/><\/figure>\n\n\n\n<p>Ning\u00fan destes procesamentos \u00e9 mellor que o outro. \u00c1mbolos dous son necesarios e combinados \u00e9 a mellor forma de nos achegar \u00e1 realidade pois cada un ten os seus fallos e as s\u00faas virtudes. A pesar de que un sexa menos com\u00fan que o outro, \u00e9 importante combinalos, polo que aprender a comunicarse efectivamente entre persoas de pensamentos diferentes \u00e9 indispensable. De pouco serve que te\u00f1an a mesma opini\u00f3n se non acadan o entendemento mutuo necesario para crear en colaboraci\u00f3n.<\/p>\n\n\n\n<p>Sempre estou a dar a chapa co cambio ecosocial e procuro que o que digo vaia acompa\u00f1ado dos meus actos. Iso incl\u00fae que, a pesar da mi\u00f1a tendencia introvertida e solitaria, fago un gran esforzo por vincularme con outras persoas para levar adiante proxectos interesantes. Coido que a \u00fanica forma de facerlle fronte ao capitalismo e crear unha v\u00eda alternativa para a vida nesta terra, pasa polo asociacionismo e a colectivizaci\u00f3n o que require de traballo en equipo. <\/p>\n\n\n\n<p>Aos sete anos comecei a xogar ao f\u00fatbol e formei parte dun equipo durante moito tempo. Esa experiencia ensinoume que se non se sincronizan os obxectivos de todos os membros, se non se planea unha ruta en com\u00fan, o m\u00e1is probable \u00e9 que o fracaso se presente antes ou despois. Mais, como se consegue esa sincronizaci\u00f3n se unha pensa &#8220;ao rev\u00e9s&#8221;, cun procesamento <em>bottom-up<\/em>? <\/p>\n\n\n\n<p>Na universidade tocoume participar en traballos de grupo nos que me fixeron experimentar ese abismo existente entre o meu mundo interior e as imaxes mentais dos demais. Cando eu estaba a pensar na \u00e1rbore, eles s\u00f3 v\u00edan o bosque. Cando me perd\u00eda nas ramificaci\u00f3ns dunha arteria, falaban de sistemas arteriais. Cando se discut\u00edan as xeneralidades dun proxecto, non pod\u00eda m\u00e1is que pensar en todas e cada unha das s\u00faas partes. <\/p>\n\n\n\n<p>Cheguei \u00e1 conclusi\u00f3n de que precisaba facer moito traballo extra para eu poder chegar ao nivel dos demais. A mi\u00f1a imposibilidade de partir da idea xeral e chegar aos detalles a trav\u00e9s dun desenvolvemento paulatino da premisa inicial empurroume a unha soluci\u00f3n pouco sostible no que \u00e1 mi\u00f1a sa\u00fade mental se refire. Inconsciente, daquela, desta diferenza de procesamentos, comecei a empregar un sistema no que escalaba a pir\u00e1mide partindo dos detalles e empregando patr\u00f3ns que me levasen \u00e1 idea xeral da que estaban a falar, para logo poder acompa\u00f1ar ao resto do grupo no desenvolvemento habitual dos traballos. Deste xeito, percorr\u00eda o cami\u00f1o d\u00faas veces para disimular a mi\u00f1a falta de sincron\u00eda. O que non sab\u00eda era que os patr\u00f3ns e detalles que eu recollera e analizara convert\u00edanse nos perfectos ra\u00eds para que o tren non descarrilase e puid\u00e9semos chegar ao noso destino a salvo e a tempo. <\/p>\n\n\n\n<p>A d\u00eda de hoxe contin\u00fao a sufrir as consecuencias de razoar de maneira distinta. Alg\u00fans d\u00edas, semello parva e incapaz de comprender. Outros, parezo demasiado pedante, melindrosa e remirada. Todo na procura desa sincron\u00eda facendo un intento de establecer esa conexi\u00f3n co resto do grupo e conseguir chegar &#8220;ao seu nivel&#8221;. <\/p>\n\n\n\n<p>Te\u00f1o traballado con facilidade xunto persoas que pos\u00faen un pensamento <em>top-down<\/em>, que pensan nesa idea xeral e pouco a pouco vanlle buscando forma e colocando os detalles. Nestes casos soe ser que comprenden a mi\u00f1a diferenza e a valoran, e as\u00ed apoi\u00e1monos uns nos outros para tomar decisi\u00f3ns segundo as capacidades de cada quen. As discusi\u00f3ns que para moitos se consideran nimiedades son aceptadas como un paso m\u00e1is para o entendemento mutuo, porque os grandes proxectos nunca foron feitos por unha \u00fanica cabeza.<\/p>\n\n\n\n<p>No entanto, a sociedade capitalista rexeita a diversidade e incluso as persoas m\u00e1is concienciadas a mi\u00fado son incapaces de comprender estas diferezas invisibles. Cando colaboro con s\u00f3 unha persoa m\u00e1is t\u00f3mome a liberdade de explicarlle a situaci\u00f3n: a complexidade das conversas, a paciencia, as sensibilidades&#8230; Mais cando o grupo aumenta e xa falamos de cinco ou seis persoas, non me atrevo a facer o mesmo por temor a que se vexa como un reclamo de atenci\u00f3n. <\/p>\n\n\n\n<p>Sei que isto \u00e9 algo no que debo traballar, por\u00e9n tam\u00e9n \u00e9 algo no que o 90% dos seres pensantes precisan considerar pois a \u00fanica forma de romper coa homoxeneizaci\u00f3n cultural \u00e9 permitindo que de cando en cando haxa un axente discordante dicindo algo que non ven a conto no momento menos apropiado. Mais se non se est\u00e1 preparado para tomar a contribuci\u00f3n destes axentes como algo relevante e \u00fatil, e s\u00f3 se ve como unha interrupci\u00f3n molesta no proceso de estandarizaci\u00f3n do pensamento, continuaremos nesta deriva <em>anticreativa<\/em> que est\u00e1 a sufrir o ser humano.<\/p>\n\n\n\n<p>A mi\u00fado escoito falar de inclusi\u00f3n pero o concepto ent\u00e9ndese como permitir que as minor\u00edas ocupen un lugar entre a normatividade. Por\u00e9n esquecen que se non se lles fai espazo, se o \u00fanico que se lles ofrece \u00e9 o mesmo tipo de asento &#8220;normal&#8221; a inclusi\u00f3n ser\u00e1 s\u00f3 unha falacia. As din\u00e1micas deben modificarse para que o que agora se experimenta como unha discapacidade, se poida vivir como unha forma de expresi\u00f3n. Encaixar en cub\u00edculos dese\u00f1ados para outros \u00e9 precisamente o que levamos facendo toda a vida. Que agora se nos garde expresamente un cub\u00edculo para n\u00f3s non soluciona moito. O que precisan as minor\u00edas \u00e9 que nos desfagamos dos cub\u00edculos e  comprendamos que a estandarizaci\u00f3n do individuo \u00e9 un ataque \u00e1 nosa humanidade. Ademais, eu prefiro conversar de p\u00e9 e poder moverme con liberdade. <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Razoar non \u00e9 un proceso \u00fanico. Cada persoa procesa a informaci\u00f3n de forma diferente a\u00ednda que o tipo de pensamento se pode clasificar en dous grandes grupos. O pensamento top-down que o manexa arredor do 90% da poboaci\u00f3n, e o bottom-up que o posu\u00edmos arredor do 10%. Estas formas de cavilar non son aprendidas nin [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":810,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[80,54,20,46,107,126,32,30,79,45,63,1,85,81],"tags":[83,57,22,48,25,78,10,97,82,84],"class_list":["post-805","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-autismo","category-bencomun","category-comunicacion","category-comunidad","category-cultura","category-escritura","category-filosofia","category-humanidad","category-neurodivergencia","category-relaciones-sociales","category-saude","category-sen-categoria","category-sensibilidade","category-tdah","tag-autismo","tag-bencomun","tag-comunicacion","tag-filosofia-2","tag-humanidade","tag-neurodivergencia","tag-proxectoscolaborativos","tag-relacions-sociais-2","tag-saude","tag-tdah"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/805","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=805"}],"version-history":[{"count":5,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/805\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":821,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/805\/revisions\/821"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/media\/810"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=805"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=805"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=805"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}