{"id":791,"date":"2025-11-19T12:39:09","date_gmt":"2025-11-19T11:39:09","guid":{"rendered":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/?p=791"},"modified":"2025-11-19T12:39:18","modified_gmt":"2025-11-19T11:39:18","slug":"falaronche-teu-pai-e-tua-nai-de-bullying-e-ti-como-vas-ter-esa-conversa","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/2025\/11\/19\/falaronche-teu-pai-e-tua-nai-de-bullying-e-ti-como-vas-ter-esa-conversa\/","title":{"rendered":"Fal\u00e1ronche teu pai e t\u00faa nai de bullying? E ti, como vas ter esa conversa?"},"content":{"rendered":"\n<p>Cando estaba en segundo de infantil perd\u00edn a mi\u00f1a primeira amiga por mor dun accidente de tr\u00e1fico. A\u00ednda hoxe me lembro dela. Se cadra, tendo nada m\u00e1is que catro anos, o com\u00fan ser\u00eda esquecer ou polo menos superar o asunto mais para min foi especialmente importante xa que non consegu\u00edn facer outras amizades ata o instituto. Exacto, uns oito anos cheos de incomprensi\u00f3n, soidade e abusos de todo tipo. <\/p>\n\n\n\n<p>Era unha nena bastante &#8220;especial&#8221; polo que sen axuda dos adultos \u00e9rame imposible resolver o problema. Agora, tras moita terapia e reflexi\u00f3n sobre o tema, cheguei a comprender canto me afectaron aqueles anos no meu desenvolvemento vital posterior. Non vou negar que hai outros factores involucrados pero hoxe quero tratar este tema. <\/p>\n\n\n\n<p>O acoso e abuso no recinto escolar son violencias moito m\u00e1is frecuentes do que calquera desexar\u00eda reco\u00f1ecer. \u00c1s veces ocorre entre o alumnado e outras chega dirixido dende o profesorado. En todo caso pode destru\u00edr a confianza e a autoestima de quen a\u00ednda est\u00e1 comezando a debuxar as bases da s\u00faa persoa. E con todo, non se consegue mitigar o problema, deix\u00e1ndoo evolucionar ata a adolescencia, momento no que se ve favorecido polo acceso \u00e1s redes sociais da xuventude. <\/p>\n\n\n\n<p>Tal e como as noticias do \u00faltimo mes nos contaron, tr\u00e1tase dunha problem\u00e1tica que empurra a crianzas e adolescentes a tomar decisi\u00f3ns irrevogables acurtando o que deber\u00eda ser unha longa e frutuosa vida. Por este motivo \u00e9 preciso desenvolver ferramentas que nos permita abordala o antes posible. <\/p>\n\n\n\n<p>Cando intentamos tratar asuntos tan delicados durante o per\u00edodo infantil atop\u00e1monos desprovistos de vocabulario ou met\u00e1foras que nos permita crear unha v\u00eda de comunicaci\u00f3n coa cativada. Moitas crianzas carecen con frecuencia de m\u00e9todos cos que transmitir as s\u00faas vivencias e incluso non as saben identificar como acoso ou abuso. Como escritora e fiadora de contos pareceume que a mellor maneira de fomentar esas conversas \u00e9 a de compartir o momento m\u00e1xico das historias. <\/p>\n\n\n\n<p>Este \u00faltimo ano estiven traballando con <a href=\"https:\/\/andrealombardia.com\/es\" data-type=\"link\" data-id=\"https:\/\/andrealombardia.com\/es\">Andrea Lombard\u00eda<\/a> para transformar un dos meus poemas nun libro ilustrado que axudar\u00e1 tanto a nenos e nenas como a persoas adultas na dif\u00edcil tarefa de falar sobre o acoso escolar (ou doutros tipos) e da impronta que este deixa atr\u00e1s. Non agochamos a tristeza e a confusi\u00f3n. Non negamos a desconfianza ou evitaci\u00f3n patol\u00f3xicas. E tampouco esquecemos mencionar o talento e capacidades que moitas veces se agochan no m\u00e1is profundo das v\u00edtimas de abusos. Escribindo este conto procurei ofrecer unha gu\u00eda emocional coa que explorar os sentimentos dos m\u00e1is pequenos sen empregar palabras grandes. <\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-full\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"700\" height=\"233\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-content\/uploads\/sites\/3\/2025\/11\/proceso-1-1.png\" alt=\"A imaxe est\u00e1 dividida en tres. Son tres momentos diferentes da creaci\u00f3n dunha mesma imaxe. O boceto a lapis, o colereado e o perfilado. Hai unha nena mirando como come un paxaro negro dunha cunca de papas. O paxaro leva unha venda nunha \u00e1 e ao fondo vese unha vela e alg\u00fans libros. \" class=\"wp-image-798\" srcset=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-content\/uploads\/sites\/3\/2025\/11\/proceso-1-1.png 700w, https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-content\/uploads\/sites\/3\/2025\/11\/proceso-1-1-300x100.png 300w\" sizes=\"auto, (max-width: 700px) 100vw, 700px\" \/><\/figure>\n\n\n\n<p>Facendo terapia decateime de que, durante moitos anos, normalizara a tristeza e o medo como emoci\u00f3ns da vida diaria, mesmo do minuto a minuto. Deb\u00eda &#8220;adaptarme&#8221; ao grupo, &#8220;ignorar&#8221; aos abus\u00f3ns e sacar un sorriso porque unha nena de catro, cinco, oito, dez anos, non ten nada de que preocuparse. Tras alg\u00fan intento errado de comunicar o meu desconforto, nunha sociedade que pensa que &#8220;aos nenos hai que deixalos, que esas son cousas de cativos&#8221;, non volv\u00edn a mencionar o tema. Co tempo o meu comportamento era m\u00e1is cerrado e evitativo, pero sen as preguntas adecuadas, ningu\u00e9n sacaba outra conclusi\u00f3n que a dunha actitude pasiva ou desafiante. <\/p>\n\n\n\n<p>As v\u00edtimas de acoso son a mi\u00fado castigadas con tanta frecuencia como o son os abus\u00f3ns. Por iso \u00e9 habitual que teman confesar o ocorrido, porque non conf\u00edan en que a s\u00faa versi\u00f3n vaia ser crida. Se cadra, un conto non semella moita cousa, un agasallo m\u00e1is de tantos que reciben. Ou poida que despois de lelo falen sobre o que lle pasou a <em>Pomba<\/em> aquel d\u00eda que se encerrou no faiado, do porque est\u00e1 tan triste agochada nun recanto. E logo recuperen a confianza porque lembran que eles e elas tam\u00e9n levan a primavera no peito.<\/p>\n\n\n\n<p>E se quen o le \u00e9 un neno ou nena que acosa a outros, poida que finalmente comprendan como se senten aqueles dos que abusa e atope en <em>Vida<\/em> e no gato <em>Mandarino<\/em> a maneira de actuar para solucionar o seu erro.  <\/p>\n\n\n\n<p><em><strong><a href=\"https:\/\/gl.goteo.org\/project\/pomba-a-que-non-era\" data-type=\"link\" data-id=\"https:\/\/gl.goteo.org\/project\/pomba-a-que-non-era\">Pomba, a que non era<\/a><\/strong><\/em> \u00e9 un proxecto feito porque si, sen pensar en beneficios, pois a\u00ednda conseguindo as metas do <a href=\"https:\/\/gl.goteo.org\/project\/pomba-a-que-non-era\" data-type=\"link\" data-id=\"https:\/\/gl.goteo.org\/project\/pomba-a-que-non-era\"><em>crowfunding<\/em> <\/a>non dar\u00e1 para mais que cubrir os custos. O meu compa\u00f1eiro de vida, o meu gato particular, confiou na mi\u00f1a visi\u00f3n para este poema sen comprender como era posible transformalo en un conto ilustrado. Andrea Lombard\u00eda, sabendo que \u00eda ser un reto, aceptou o traballo e esforzouse m\u00e1is do que se lle pod\u00eda pedir porque comprendeu rapidamente a importancia do que eu desexaba crear. Agora cruzaremos os dedos e rezar\u00e9moslle ao Deus de <a href=\"https:\/\/gl.goteo.org\/project\/pomba-a-que-non-era\" data-type=\"link\" data-id=\"https:\/\/gl.goteo.org\/project\/pomba-a-que-non-era\">Goteo<\/a> para que as contribuci\u00f3ns chovan como o fai nun bo inverno. <\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Cando estaba en segundo de infantil perd\u00edn a mi\u00f1a primeira amiga por mor dun accidente de tr\u00e1fico. A\u00ednda hoxe me lembro dela. Se cadra, tendo nada m\u00e1is que catro anos, o com\u00fan ser\u00eda esquecer ou polo menos superar o asunto mais para min foi especialmente importante xa que non consegu\u00edn facer outras amizades ata o [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":797,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[151,150,116,80,20,31,107,126,79,45,63,1,85],"tags":[153,154,117,83,22,102,127,11,87,97,82,152],"class_list":["post-791","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-abuso","category-acoso-escolar","category-arte","category-autismo","category-comunicacion","category-consciencia","category-cultura","category-escritura","category-neurodivergencia","category-relaciones-sociales","category-saude","category-sen-categoria","category-sensibilidade","tag-abuso","tag-acoso-escolar","tag-arte","tag-autismo","tag-comunicacion","tag-cultura","tag-escritura","tag-literatura","tag-neurodivergencias","tag-relacions-sociais-2","tag-saude","tag-sensibilidad"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/791","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=791"}],"version-history":[{"count":5,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/791\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":799,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/791\/revisions\/799"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/media\/797"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=791"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=791"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=791"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}