{"id":78,"date":"2020-10-26T16:41:41","date_gmt":"2020-10-26T15:41:41","guid":{"rendered":"https:\/\/luciaferro.es\/posts\/primeira-paxina-dunha-novela\/"},"modified":"2020-10-26T16:41:41","modified_gmt":"2020-10-26T15:41:41","slug":"a-primeira-paxina-da-tua-novela","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/2020\/10\/26\/a-primeira-paxina-da-tua-novela\/","title":{"rendered":"A Primeira P\u00e1xina Da T\u00faa Novela"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/luciaferro.es\/images\/bosque.jpg\" alt=\"Featured image of post A Primeira P\u00e1xina Da T\u00faa Novela\" \/><\/p>\n<p>Sabes que \u00e9 o que busca un lector na primeira p\u00e1xina do teu libro?<\/p>\n<p>n<\/p>\n<p>Unha vez m\u00e1is est\u00e1s a repasar a primeira p\u00e1xina da t\u00faa novela. Xa cambiaches o comezo tantas veces que che resulta imposible identificar os puntos clave que lle proporcionar\u00edan ao lector unha boa impresi\u00f3n. Por riba, sabes que esa primeira impresi\u00f3n far\u00e1 que o lector se decida ou non a ler o libro e determinar\u00e1, en parte, a actitude coa que o ler\u00e1.<\/p>\n<p>n<\/p>\n<p>Por iso \u00e9 importante ter claro que \u00e9 exactamente o que busca lector habitual nesa primeira p\u00e1xina. O lector f\u00edxase en <strong>tres puntos principais<\/strong>:<\/p>\n<p>n<\/p>\n<h3 id=\"1-de-quen-\u00e9-a-historia\">1. De quen \u00e9 a historia?<\/h3>\n<p>n<\/p>\n<p>Na maior\u00eda dos casos o lector nam\u00f3rase dunha historia ao identificarse coa personaxe principal. Ese v\u00ednculo emocional afianza a atenci\u00f3n do lector polo que \u00e9 conveniente presentar \u00e1 protagonista o antes posible, sendo a primeira p\u00e1xina o lugar m\u00e1is axeitado.<\/p>\n<p>n<\/p>\n<h3 id=\"2-que-est\u00e1-pasando\">2. Que est\u00e1 pasando?<\/h3>\n<p>n<\/p>\n<p>A \u00fanica maneira de conseguir que o lector desexe ler m\u00e1is \u00e9 xer\u00e1ndolle unha d\u00fabida que desexe irremediablemente resolver. A mellor d\u00fabida de todas \u00e9 preguntarse cales son as  consecuencias dunha acci\u00f3n acabada de iniciar. \u00c9 as\u00ed que nesa primeira p\u00e1xina a personaxe protagonista deber\u00eda iniciar unha acci\u00f3n inesperada con posibles consecuencias.<\/p>\n<p>n<\/p>\n<h3 id=\"3-que-\u00e9-o-que-est\u00e1-en-perigo\">3. Que \u00e9 o que est\u00e1 en perigo?<\/h3>\n<p>n<\/p>\n<p>Ver unha personaxe en acci\u00f3n non ser\u00e1 suficiente se non co\u00f1ecemos o a s\u00faa motivaci\u00f3n. A protagonista debe darnos algunha pista sobre aquilo que desexa protexer ou acadar. Cando o lector ten esta informaci\u00f3n ser\u00e1 capaz de comprender e identificarse mellor coas acci\u00f3ns da personaxe.<\/p>\n<p>n<\/p>\n<figure><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/luciaferro.es\/images\/bichines.jpg\" \/>n<\/figure>\n<p>nn<\/p>\n<p>Podemos ver que en verdade o lector non precisa moito para agasallarnos coa s\u00faa atenci\u00f3n pero a\u00ednda as\u00ed non \u00e9 tan sinxelo atrapalo dende a primeira p\u00e1xina. Aqu\u00ed comparto con v\u00f3s <strong>alg\u00fans consellos<\/strong> que me foron dados e que me funcionaron dende o primeiro momento en que os empreguei.<\/p>\n<p>n<\/p>\n<h3 id=\"i-comezar-cun-golpe\">I. Comezar cun golpe.<\/h3>\n<p>n<\/p>\n<p>O lector abre un libro porque quere entrar nun novo mundo. A mellor maneira de interesalo \u00e9 introduc\u00edndoo de golpe nunha situaci\u00f3n de esmorecemento vital. \u00c9 dicir, un momento no cal a protagonista se ve obrigada a actuar xa que a s\u00faa vida, algu\u00e9n pr\u00f3ximo ou algo de gran importancia para a protagonista est\u00e1 a perigar.<\/p>\n<p>n<\/p>\n<h3 id=\"ii-crear-as-preguntas-adecuadas\">II. Crear as preguntas adecuadas.<\/h3>\n<p>n<\/p>\n<p>Xa falamos que xerar d\u00fabidas no lector \u00e9 importante. Agora vamos intentar afinar o tiro escollendo a mellor pregunta posible. E como se fai iso? Simple, asumindo que o teu lector non \u00e9 parvo. Non precisamos inventarnos un misterio moi complicado para que unha historia resulte interesante. \u00c9 dabondo con racionar a informaci\u00f3n que lle proporcionamos ao lector dando pequenas pinceladas e deixando que a imaxinaci\u00f3n do lector encha os ocos. As propias personaxes poden facerse preguntas que non ser\u00e1n respondidas ou falar con naturalidade sobre alg\u00fans aspectos da trama ou das s\u00faas vidas que o lector a\u00ednda desco\u00f1ece. Se logo somos capaces de manter a coherencia na nosa historia, \u00e9 recomendable xerar varias d\u00fabidas no lector que logo se resolvan progresivamente segundo avanza a novela.<\/p>\n<p>n<\/p>\n<h3 id=\"iii-os-detalles-espec\u00edficos-sustentan-a-historia\">III. Os detalles espec\u00edficos sustentan a historia.<\/h3>\n<p>n<\/p>\n<p>Cando repasas o comezo do teu libro por cent\u00e9sima vez xa deber\u00edas saber exactamente cal \u00e9 a tem\u00e1tica da t\u00faa novela. Pois ben, a primeira p\u00e1xina \u00e9 o lugar id\u00f3neo para mencionar o tema da obra. Mais non podemos xeneralizar, debemos comunicar a tem\u00e1tica tomando a nosa protagonista como exemplo espec\u00edfico da mesma.<\/p>\n<p>n<\/p>\n<p><strong><em>\u201cTo hold the brain\u2019s attention, everything in a story must be there on a need-to-know basis.\u201d<\/em> &#8211; Lisa Cron &#8211;<\/strong><\/p>\n<p>n<\/p>\n<p><em>\u201cPara manter a atenci\u00f3n do cerebro, todo o contido nunha historia debe ser relevante para a historia.\u201d<\/em> Evitaremos por tanto as reflexi\u00f3ns vitais e calquera outro desv\u00edo que nos afaste da li\u00f1a principal da historia. As persoas non pensamos en t\u00e9rminos xerais e abstractos, pensamos en imaxes espec\u00edficas e en situaci\u00f3ns concretas. Por iso, calquera idea conceptual, abstracta e xeral que te\u00f1amos e desexemos integrar na historia, deber\u00e1 ser convertida en algo tanxible na experiencia espec\u00edfica que vive a protagonista. Sempre que unha informaci\u00f3n nos permita co\u00f1ecer mellor a un personaxe ou nos explique mellor a trama, \u00e9 relevante. Se non aporta \u00e1s personaxes ou \u00e1 trama, non o queres na t\u00faa novela.<\/p>\n<p>n<\/p>\n<figure><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/luciaferro.es\/images\/casita.jpg\" \/>n<\/figure>\n<p>nn<\/p>\n<h2 id=\"o-\u00faltimo-consello-\u00e9-o-mellor\">O \u00faltimo consello \u00e9 o mellor<\/h2>\n<p>n<\/p>\n<p><strong><em>\u201cWhenever possible, tell the whole story of the novel in the first sentence.\u201d<\/em> &#8211; John Irving &#8211;<\/strong><\/p>\n<p>n<\/p>\n<p>A primeira vez que o escoitei pareceume un desprop\u00f3sito. \u201cCando sexa posible, conta toda a historia na primeira oraci\u00f3n da novela.\u201d Nunha soa frase? Imposible! Iso non se pode facer! Como vas a contar un libro enteiro nunha soa frase?n.n.n.nTranquilos, xa entrei eu en p\u00e1nico por v\u00f3s. Isto ten unha explicaci\u00f3n.nDo mesmo xeito que presentas \u00e1 personaxe protagonista ou a tem\u00e1tica da novela o que aqu\u00ed se pretende \u00e9 presentar o argumento da mesma. Nunhas poucas palabras trataremos de resumir en que vai a consistir a viaxe da protagonista. Non nos temos que preocupar demasiado por xerar misterio, unha \u00fanica oraci\u00f3n non da para revelar gran cousa.<\/p>\n<p>n<\/p>\n<blockquote><p>n<\/p>\n<p>Ex.: <em>Sen deterse a observar a persoa coa que tropezara, Xavier entrou no xulgado de paz e dirixiuse rapidamente \u00e1 recepci\u00f3n ignorando que meses despois os seus miolos ser\u00edan esparexidos por aquel mesmo mostrador.<\/em><\/p>\n<p>n<\/p><\/blockquote>\n<p>n<\/p>\n<p>Se analizamos este exemplo vemos como cunha soa frase co\u00f1ecemos ao protagonista (Xavier), sabemos que est\u00e1 a facer (tropeza cunha persoa desco\u00f1ecida e entra no xulgado de paz) e sabemos o que periga (a s\u00faa vida). Tras esta primeira oraci\u00f3n p\u00f3dense crear novas d\u00fabidas e completar con detalles m\u00e1is espec\u00edficos.<\/p>\n<p>n<\/p>\n<blockquote><p>n<\/p>\n<p>Ex.: <em>A administrativa non estaba. Sa\u00edra cinco minutos ao cuarto de ba\u00f1o, segundo dic\u00eda un papeli\u00f1o colocado estratexicamente xunto a un cunco de caramelos. Xavier colleu un e rillouno cos dentes coma se fose unha goma de mascar. De seguido colleu unha presada e continuou facendo o mesmo co resto dos doces. Non ti\u00f1a tempo para esperar mais \u00eda ter que facelo, os seus negocios depend\u00edan d\u00e9lo.<\/em><\/p>\n<p>n<\/p><\/blockquote>\n<p>n<\/p>\n<p>Cunhas pouca li\u00f1as m\u00e1is xa co\u00f1ecemos detalles concretos sobre Xavier (ten pouca paciencia e g\u00fastalle o doce). Tam\u00e9n xeramos preguntas: Por que leva tanta presa? Que vai  a facer ao xulgado da paz? Que pasar\u00e1 cos seus negocios se non o arranxa? Cales son os seus negocios? Non todas preguntas precisan ser resoltas de inmediato para comprender a situaci\u00f3n que Xavier est\u00e1 a vivir dese xeito p\u00f3dese continuar coa escena e manter o misterio. O lector xa ten unha raz\u00f3n para seguir lendo.<\/p>\n<p>n<\/p>\n<p>Aplicando estas estratexias non s\u00f3 na primeira p\u00e1xina pero ao comezo de cada cap\u00edtulo aumentaremos a tensi\u00f3n da experiencia literaria e a atenci\u00f3n do lector durante toda a historia. Espero que estes consellos e exemplos vos axuden a comprender un pouco mellor a psicolox\u00eda dos vosos lectores e que iso vos faga desfrutar a\u00ednda m\u00e1is da escritura.<\/p>\n<p>n<\/p>\n<p>E para eses momentos nos que nos falta inspiraci\u00f3n unha composici\u00f3n de violonchelo de <strong>Johann Sebastian Bach<\/strong>n<a class=\"link\" href=\"https:\/\/open.spotify.com\/track\/17i5jLpzndlQhbS4SrTd0B?si=Ud0eNNbSTbCI7-8gdNJKDg\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">https:\/\/open.spotify.com\/track\/17i5jLpzndlQhbS4SrTd0B?si=Ud0eNNbSTbCI7-8gdNJKDg<\/a><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Sabes que \u00e9 o que busca un lector na primeira p\u00e1xina do teu libro? n Unha vez m\u00e1is est\u00e1s a repasar a primeira p\u00e1xina da t\u00faa novela. Xa cambiaches o comezo tantas veces que che resulta imposible identificar os puntos clave que lle proporcionar\u00edan ao lector unha boa impresi\u00f3n. Por riba, sabes que esa primeira [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[],"class_list":["post-78","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/78","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=78"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/78\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=78"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=78"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=78"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}