{"id":71,"date":"2023-01-11T01:00:00","date_gmt":"2023-01-11T00:00:00","guid":{"rendered":"https:\/\/luciaferro.es\/posts\/okupasdesahucios\/"},"modified":"2023-01-11T01:00:00","modified_gmt":"2023-01-11T00:00:00","slug":"a-ironia-dos-okupas-en-espana","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/2023\/01\/11\/a-ironia-dos-okupas-en-espana\/","title":{"rendered":"A iron\u00eda dos oKupas en Espa\u00f1a"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/luciaferro.es\/images\/IMG_1060.jpg\" alt=\"Featured image of post A iron\u00eda dos oKupas en Espa\u00f1a\" \/><\/p>\n<h3 id=\"cres-que-reco\u00f1ecer\u00edas-un-okupa-se-o-vises\">Cres que reco\u00f1ecer\u00edas un okupa se o vises?<\/h3>\n<p>n<\/p>\n<p>Os okupas poden ter un aspecto diferente. Hoxe en d\u00eda, son case unha especie distinta debido \u00e1 s\u00faa forma de vivir. Evolucionaron de maneira moi allea \u00e1 nosa e podemos observar tales adaptaci\u00f3ns no seu comportamento. A s\u00faa caracter\u00edstica m\u00e1is vistosa \u00e9 que afrontan a incerteza moito mellor. Iso \u00e9 a selecci\u00f3n natural xogando a s\u00faa man. Non se molestar\u00edan con ningunha absurda p\u00f3liza que asegure o seu futuro a\u00ednda que a puidesen pagar. En cambio, viven d\u00eda a d\u00eda, gozando de luxos como son a comida barata e a auga potable. Polo que parece non evolucionaron o suficiente as\u00ed que a\u00ednda te\u00f1en que facer fronte \u00e1 necesidade primaria de abrigo, e \u00e9 por iso que as nosas especies entran en conflito.<\/p>\n<p>n<\/p>\n<blockquote><p>n<\/p>\n<p><em>&ldquo;Tememos as cousas en proporci\u00f3n \u00e1 nosa ignorancia das mesmas&rdquo;.<\/em><br \/>n&mdash; Christian Nestell Bovee<\/p>\n<p>n<\/p><\/blockquote>\n<p>n<\/p>\n<p>Hai pouco descubr\u00edn que no estranxeiro a xente sabe infinitamente m\u00e1is sobre o problema dos okupas que hai en Espa\u00f1a ca podes saber ti. O tema xurdiu nunhas cantas discusi\u00f3ns con amigos internacionais e, sen d\u00fabida, grazas \u00e1s noticias, os meus interlocutores estaban totalmente ao d\u00eda sobre o asunto co\u00f1ecendo os pormenores de como o noso sistema econ\u00f3mico non afecta en absoluto ao acceso \u00e1 vivenda.<\/p>\n<p>n<\/p>\n<p>Preocupeime especialmente cando me falaron das espantosas experiencias que te\u00f1en as grandes empresas inmobiliarias. Os meus amigos estaban pensando en comprar unha casa e acabaron rexeitando a idea por mor dos okupas! O feito de que non poidan mudarse a Espa\u00f1a porque non saben castel\u00e1n e atopar al\u00ed un traballo que pague unha hipoteca \u00e9 case imposible non tivo nada que ver coa s\u00faa inesperada decisi\u00f3n de quedarse onde est\u00e1n. O caso \u00e9 que o tema me infundiu curiosidade e decid\u00edn escribir un artigo a pesares do bo traballo de difusi\u00f3n que fan os grandes medios espa\u00f1ois.<\/p>\n<p>n<\/p>\n<p>Os okupas son un inconveniente desagradable para aqueles que pos\u00faen tanta propiedade que a deixan abandonada durante anos. Imaxina o horrible que un se debe sentir cando se lembra de reformar aquel piso que deixou baleirondurante cinco anos \u00e1 espera de que subisen os prezos; e de s\u00fapeto descobre que unha familia de status social inferior, por desencantamento coa gran selecci\u00f3n de vivendas sociais dignas que pos\u00fae o noso pa\u00eds, estivo creando al\u00ed o seu fogar. Que desesperaci\u00f3n!<\/p>\n<p>n<\/p>\n<p>Hai quen di que se est\u00e1 a estender un ins\u00e1 desexo por converternos en ricos, mais o certo \u00e9 que a xente s\u00f3 quere acumular o exclusivamente necesario para sobrevivir uns cantos s\u00e9culos no caso de que algo saia mal e se forme unha pequena brecha na nosa forte rede de protecci\u00f3n social.<\/p>\n<p>n<\/p>\n<p>Todo este problema dos okupas eng\u00e1dese a ese lex\u00edtimo sentimento de cobiza incrementando a angustia dos m\u00e1is privilexiados. Partimos dun tenebroso porto privado para deixarnos guiar por un necio comp\u00e1s que nos mostra o inxusto que pode ser o mundo se non tomamos todas as precauci\u00f3ns que uns experimentados caciques nos ofrecen. E no que se refire \u00e1 vivenda, como non van saltar todas as alarmas?! Quen non far\u00eda o que fose para evitar perder o seu dereito a todo un negocio de teitos dignos ante un miserable esp\u00e9cime de okupa?!<\/p>\n<p>n<\/p>\n<blockquote><p>n<\/p>\n<p><em>&ldquo;O pensamento non vencer\u00e1 o medo, sen\u00f3n a acci\u00f3n&rdquo;.<\/em><br \/>n&mdash; W. Clemente Stone<\/p>\n<p>n<\/p><\/blockquote>\n<p>n<\/p>\n<p>A maior\u00eda da xente non \u00e9 consciente deste feito, pero cando tes medo o mellor non \u00e9 calmar as t\u00faas preocupaci\u00f3ns infundadas antes de facer algo ao respecto porque se non tomas precauci\u00f3ns aleatorias baseadas nos teus impulsos emocionais, podes acabar quedando en rid\u00edculo e lament\u00e1ndoo. Ademais, se hai algo m\u00e1is suculento na vida que unha sensaci\u00f3n de seguridade \u00e9 aquilo de semellar intelixente.<\/p>\n<p>n<\/p>\n<p>E as\u00ed mesmo o saben as compa\u00f1\u00edas de seguridade e aseguradoras do fogar que tratan de manternos ben informados. Chaman \u00e1 t\u00faa porta xusto despois das noticias da ma\u00f1\u00e1 ou mentres les impulsivamente no tel\u00e9fono (o teu catastrofista electr\u00f3nico persoal). Daquela, xa viches moitos dos seus anuncios na televisi\u00f3n. Nas revistas tam\u00e9n. Nas redes sociais, posiblemente. E se me fas apostar, dir\u00eda que na radio. &ldquo;Vas de vacaci\u00f3ns? Pode que non te\u00f1as casa cando volvas!&rdquo;<\/p>\n<p>n<\/p>\n<p>Ao principio, poida que penses que est\u00e1n reaccionando desmedidamente, pero despois duns cantos meses coa mesma mensaxe petando na t\u00faa materia gris finalmente aceptas que, se existen tales anuncios, debe haber unha boa raz\u00f3nnpara iso. Polo que sabes, nunca se emitiron mentiras e estafas pola televisi\u00f3n. E cando por fin cruzan a t\u00faa porta para unha r\u00e1pida charla informativa na que esaxeran e fabrican aterradoras historias personalizadas para o teu gusto particular, a t\u00faa avoa-fr\u00e1xil interior comeza finalmente a tomalas en serio.<\/p>\n<p>n<\/p>\n<blockquote><p>n<\/p>\n<p><em>&ldquo;O \u00fanico que temos que temer \u00e9 o propio medo&rdquo;.<\/em>n&mdash; Franklin D. Roosevelt<\/p>\n<p>n<\/p><\/blockquote>\n<p>n<\/p>\n<p>Por iso os medios prestan tanta atenci\u00f3n aos okupas, porque se preocupan pola xente e os seus sentimentos m\u00e1is profundos. Nunca tiveron unha axenda privada na que o seu obxectivo sexa vender a maior cantidade de publicidade posible. Por suposto que non!<\/p>\n<p>n<\/p>\n<p>Pero xa sabes, son humanos e como tal cometen erros, as\u00ed que inventan a\u00ednda m\u00e1is historias tan orixinais como que unha anci\u00e1 sae a facer a compra e volve a unha casa okupada. E como son falibles esc\u00e1paselles o detalle de que nese caso, nin sequera falamos de okupas sen\u00f3n de entrada forzada, algo que a polic\u00eda o manexa inmediatamente e sen facer case preguntas. Esquecen inocentemente que para considerar unha vivenda okupada ten que estar previamente desocupada e ningu\u00e9n debe vivir al\u00ed (inclu\u00eddas asnsegundas residencias).<\/p>\n<p>n<\/p>\n<p>Tampouco din que a gran maior\u00eda das vivendas okupadas son propiedade de bancos e empresas de fondos de investimento inmobiliario porque, se o fan, corren o risco de ter que mencionar que eses bancos foron rescatados con cartos p\u00fablicos durante a crise de 2008 sen repercusi\u00f3n positiva para a poboaci\u00f3n xa empobrecida. Eles quedaron co di\u00f1eiro porque non se decataran que o recibiran para solucionar o l\u00edo que montaran. Logo, tam\u00e9n se levaron aqueles pisos que custaban moit\u00edsimo para o buscador de vivenda com\u00fan pero que para eles resultaron gratu\u00edtos porque a xente m\u00e1is afectada pola crise non ten que ser necesariamente a que m\u00e1is axuda reciba. E como non ti\u00f1an tanto sobri\u00f1o para tanto piso acabaron vendendo boa parte deles por unha miseria a fondos de investimento inmobiliario como Blackstone ou Blackrock. Todo foi un golpe de mala sorte e un desentendemento que a poboaci\u00f3n non saber\u00eda comprender polo que evitan comentar o asunto. Como poder\u00edan os grandes medios mencionar os nomes dos seus ben queridos amigos xunto a tal esc\u00e1ndalo?<\/p>\n<p>n<\/p>\n<p>E \u00e9 que \u00e9 moito mellor para o negocio da informaci\u00f3n iso de crear demanda para os seus clientes de publicidade que informar sobre calquera tipo de crise real que est\u00e1 a suceder. Sobre todo se esas crises te\u00f1en unha estreita relaci\u00f3n coa mala xesti\u00f3n dos partidos pol\u00edticos que financian o seu prezado negocio. Ou queres que centos de xornalistas explotados perdan o seu traballo por culpa dun editor xefe honesto? Non o creo&hellip;<\/p>\n<p>n<\/p>\n<blockquote><p>n<\/p>\n<p><em>&ldquo;A vida \u00e9 o que pasa mentres te preocupas polos okupas que poden entrar nun piso que non tes durante as vacaci\u00f3ns que non podes pagar.&rdquo;<\/em><br \/>n\u2014 graffiti nas r\u00faas de Madrid<\/p>\n<p>n<\/p><\/blockquote>\n<p>n<\/p>\n<p>As\u00ed que esta \u00e9 a situaci\u00f3n en Espa\u00f1a, a xente est\u00e1 incriblemente ocupada preocup\u00e1ndose de que usurpen a s\u00faa casa para que logo ve\u00f1an os europeitos con que hai que falar de como se est\u00e1 a remodelar o sistema de sa\u00fade ou de que falsas promesas do rap sigan en inc\u00f3modos hoteis institucionais por cantar unha canci\u00f3n terriblemente escrita ou de que a familia real espa\u00f1ola siga engadindo peripecias aos seus diarios persoais coa bendici\u00f3n da xustiza. E logo atr\u00e9vense a dicir que os espa\u00f1ois somos preguiceiros! Somos uns preocupados fren\u00e9ticos!<\/p>\n<p>n<\/p>\n<p>Alg\u00fans ver\u00e1n isto como un problema end\u00e9mico do noso pa\u00eds. Un tema que afecta a un dos denominados &ldquo;PIGS&rdquo; (tam\u00e9n co\u00f1ecido como Portugal, Italia, Grecia e Espa\u00f1a) porque as econom\u00edas mal xestionadas tenden a vernconsecuencias ao longo prazo como cidad\u00e1ns convert\u00e9ndose nunha especie totalmente nova que vive excelentemente ben na incerteza. Pero adv\u00edrtovos como o fai unha compa\u00f1\u00eda de seguros. Este \u00e9 un problema sist\u00e9miconque todos teremos que afrontar nalg\u00fan momento.<\/p>\n<p>n<\/p>\n<blockquote><p>n<\/p>\n<p><em>\u201cA xente non ocupa porque si, a xente quere pagar o aluguer, quere pagar a luz, a auga, quere vivir tranquila. Ocupar \u00e9 vivir nun estado de alarma permanente, sen saber cando van vir a desaloxarte, sen saber cando un grupo de paramilitares vir\u00e1 \u00e1 t\u00faa casa a ameazarte. Realmente non \u00e9 unhansituaci\u00f3n c\u00f3moda como algunhas persoas queren demostrar, \u00e9 todo o contrario&quot;.<\/em> <br \/>n\u2014 Luc\u00eda Delgado (portavoz da Plataforma de Afectados polas Hipotecas)<\/p>\n<p>n<\/p><\/blockquote>\n<p>n<\/p>\n<p>Se afondamos no &ldquo;problema dos okupas&rdquo; chegamos a algunhas cuesti\u00f3ns sociais menores, moito menos interesantes para a xente com\u00fan que algunhas casas usurpadas. Como xornalista, un sempre debe escoller os temasnm\u00e1is relevantes para os seus lectores (como \u00e9 o caso dos okupas) pero se tes alg\u00fan recuncho baleiro no teu xornal podes enchelo con titulares bastante sensacionalistas:<\/p>\n<p>n<\/p>\n<p>\u2022 <strong>Exclusi\u00f3n residencial<\/strong> ou como un \u00e9 rexeitado como inquilino, non por mor da s\u00faa herdanza xen\u00e9tica, nacionalidade ou condici\u00f3n sexual, se non porque ese a min non mo metes na casa!<\/p>\n<p>n<\/p>\n<p>\u2022 <strong>Infravivendas<\/strong> ou como os grandes capitais acumulan inmobles  para que non importe a onde vaias sempre poidas arrendar un apartamento do Santander!<\/p>\n<p>n<\/p>\n<p>\u2022 <strong>Prezos de alugamento abusivos<\/strong> e a odisea de profesionais de baixo e alto nivel educativo atopar un pisi\u00f1o de solteiro co soldo dun bolseiro!<\/p>\n<p>n<\/p>\n<p>\u2022 <strong><em>Desahucios<\/em><\/strong>: a \u00faltima tendencia en educaci\u00f3n social opresiva dirixida tanto a adultos como \u00e1 infancia indefensa!<\/p>\n<p>n<\/p>\n<p>\u2022 <strong><em>Gentrificaci\u00f3n<\/em><\/strong> ou como expulsamos aos <em>baristas<\/em> dos seus barrios residenciais pobres para convertelos en barrios m\u00e1is modernos nos que tomar un <em>Pumpkin Late<\/em> sen saber o que iso leva dentro!<\/p>\n<p>n<\/p>\n<p>Pero ti e m\u00e1is eu sabemos que todos estes temas son para persoas \u00e1s que lles gusta queixarse durante todo o d\u00eda e a\u00ednda non co\u00f1eceron a arte do pensamento positivo. O futuro esp\u00e9ranos e non debemos perder ontempo con discusi\u00f3ns baleiras sobre como poden 8.000 mill\u00f3ns de persoas sobrevivir nun anaco de rocha enfadada que est\u00e1 sacudindo os seus parasitos a golpe de sequ\u00edas e inundaci\u00f3ns. A resposta a iso \u00e9 doada. Simplemente precisamos un pouqui\u00f1o de orde e malversaci\u00f3n para poder crear a nosa sociedade perfectamente sostible.<\/p>\n<p>n<\/p>\n<p>Temos moitos manuais de ciencia ficci\u00f3n que explican en detalle como arrebatarlle a vontade \u00e1 xente e crear unha sociedade na que non escoitemos queixas, s\u00f3 alg\u00fan berro que outro dun suicida ao caer. Pero a verdadeira pregunta \u00e9: Como chegamos a ela partindo da sociedade que xa temos? Como logramos ese futuro ut\u00f3pico?<\/p>\n<p>n<\/p>\n<blockquote><p>n<\/p>\n<p><em>&ldquo;A forma m\u00e1is eficaz de destru\u00edr a xente \u00e9 negar e borrar a s\u00faa propia comprensi\u00f3n da s\u00faa historia&rdquo;.<\/em><br \/>n&mdash; George Orwell<\/p>\n<p>n<\/p><\/blockquote>\n<p>n<\/p>\n<p>En primeiro lugar, evitaremos dirixir calquera esforzo \u00e1 mellora do parque de vivendas sociais xa que isto nos dar\u00e1 a oportunidade de aumentar os prezos \u00e1 nosa vontade. Neste punto, temos que manternos fortes porque hai quen esixir\u00e1 regulaci\u00f3n. Non queremos tal cousa porque iso limitar\u00eda a nosa capacidade de abusar financeiramente tanto dos inquilinos como dos compradores.<\/p>\n<p>n<\/p>\n<p>Se logramos controlar a situaci\u00f3n teremos o escenario perfecto para ampliar a duraci\u00f3n da hipoteca media ata polo menos 30 anos e as\u00ed poderemos cobrar uns intereses cada vez m\u00e1is altos. Neste per\u00edodo de inflaci\u00f3n non hai que subir os soldos xa que iso permitir\u00eda aos cidad\u00e1ns seguir cos seus pagamentos e, polo tanto, non deixar\u00edan de pagar as s\u00faas d\u00e9bedas.<\/p>\n<p>n<\/p>\n<p>Despois duns anos de loita, teremos unha posici\u00f3n bastante avanzada para a negociaci\u00f3n. A xente estar\u00e1 sufrindo terriblemente, sen podernpagar as s\u00faas hipotecas e coa fame chamando \u00e1s s\u00faas portas. Os niveis de pobreza poden aumentar enchendo as r\u00faas coa desagradable imaxe da miseria humana, pero tam\u00e9n \u00e9 o momento de boas novas: Comezan a tempada de desahucios!<\/p>\n<p>n<\/p>\n<p>Agora ben, aqu\u00ed temos d\u00faas caras da mesma moeda. Por unha banda, os grandes capitalistas poder\u00e1n comprar bens inmobles moi baratos. De feito, os bancos poder\u00e1n quedarse con miles de casas e, a maiores, os intereses xa pagados por un di\u00f1eiro que prestaron pero que realmente nunca tiveron. Por outra banda, non tan agradable, a xente sair\u00e1 \u00e1 r\u00faa a protestar innecesariamente por temas que non nos preocupan aos pensadores positivistas e se cadra os albergues p\u00fablicos estar\u00e1n ateigados de familias que empregar\u00e1n a s\u00faa situaci\u00f3n de desamparo para infundir empat\u00eda e compaix\u00f3n na poboaci\u00f3n. E se iso xa non pinta moi ben, o peor de todo, \u00e9 que os okupas entrar\u00e1n en edificios baldeiros e sen usar coa pretensi\u00f3n de reformalos para posteriormente utilizalos como residencia principal e \u00fanica. Indignante, non si?<\/p>\n<p>n<\/p>\n<p>M\u00e1is debes ter paciencia! Ten en conta que este \u00e9 o momento m\u00e1is dif\u00edcil para un cobizoso investidor financeiro constru\u00edndo unha sociedade triste enmediocre coa menor creatividade posible. \u00c9 dif\u00edcil enfrontarse ao feito de que despois de estar dilixentemente sentados durante horas nun elegante restaurante escoitando tediosas conversas superficiais  e engulindo ins\u00edpido vi\u00f1o de 200 euros a botella mentres subornamos ao pol\u00edtico correcto, a\u00ednda por riba temos que presenciar como un desagradecido traballador sen fogar de Amazon, despois dunha absurda xornada laboral, se atreve a desafiar o sistema e atopar unha casa para a s\u00faa familia tirando todos os nosos esforzos pola fiestra.<\/p>\n<p>n<\/p>\n<p>Afortunadamente, isto s\u00f3 ocorre en menos do 0,5% do parque total de vivendas, e as autoridades ap\u00f3iannos constantemente con toda a esaxerada violencia  que poida ser necesaria. En xeral, a xente achanta e e as s\u00faas rabechas non nos afectan moito. Polo tanto, a\u00ednda que \u00e9 unha inc\u00f3moda dor de cabeza, paga a pena o tempo empregado.<\/p>\n<p>n<\/p>\n<p>Con estes sinxelos pasos, cada d\u00eda acheg\u00e1monos a unha utop\u00eda que s\u00f3 conv\u00e9n a uns poucos. O truco \u00e9 asegurarnos de que somos un deles. Quizais non naceses nunha familia rica e polo tanto non tes capital que investir en vivenda, pero sempre podes constru\u00edr unha empresa de tecnolox\u00eda no garaxe dos teus pais, se \u00e9 que o te\u00f1en, e logo s\u00f3 precisas unhas cantas ideas pouco com\u00fans e revolucionarias que te catapulten \u00e1 cima da pir\u00e1mide econ\u00f3mica. Unha vez que esteas al\u00ed, s\u00f3 tes que seguir estes pasos e non esquezas cubrir o teu &ldquo;Diario da cobiza&rdquo; todas as ma\u00f1\u00e1s para obter un resultado m\u00e1is exitoso.<\/p>\n<p>n<\/p>\n<h4 id=\"a-modo-de-conclusi\u00f3n\">A modo de conclusi\u00f3n&hellip;<\/h4>\n<p>n<\/p>\n<p>Se non est\u00e1s de acordo co meu sabio consello, sempre podes politizarte e comezar a tomar partido en cuesti\u00f3ns que non che afectan no momento presente pero que poden moldear o teu futuro. Podes malgastar o teu di\u00f1eiro apoiando medios independentes que che proporcionen noticias m\u00e1is \u00fatiles e obxectivas. Mais non recomendo esta opci\u00f3n porque require moita lectura e estraga moitos praceres pouco \u00e9ticos que antes non te cuestionabas.<\/p>\n<p>n<\/p>\n<p>Pode po\u00f1er o teu mundo patas arriba e incluso podes descubrir que o teu mellor amigo \u00e9 un idiota integral. Tam\u00e9n podes darte conta de que non ti\u00f1as raz\u00f3n todo o tempo e deprimirte pola enorme cantidade de co\u00f1ecemento que nunca adquirir\u00e1s. Ademais, coma se dun feitizo se tratara, sentiraste atra\u00eddo a vivir con m\u00e1is tranquilidade e enfrontaraste \u00e1 realidade dun xeito que nunca experimentaches.<\/p>\n<p>n<\/p>\n<p>Se decides tomar este cami\u00f1o debes saber que hai unha lista infinita de terribles consecuencias que marcar\u00e1n o teu futuro e unha \u00fanica que pode resultar beneficiosa: a sabedor\u00eda.<\/p>\n<p>n<\/p>\n<p>Boa sorte coa t\u00faa elecci\u00f3n.<\/p>\n<p>n<\/p>\n<blockquote><p>n<\/p>\n<p><em>&ldquo;A nosa paix\u00f3n por aprender&hellip; \u00e9 a nosa ferramenta para sobrevivir&rdquo;.<\/em><br \/>n\u2014Carl Sagan.<\/p>\n<p>n<\/p><\/blockquote>\n<p>n<\/p>\n<h4 id=\"links-para-aqueles-que-decidan-seguir-o-mal-cami\u00f1o\">Links para aqueles que decidan seguir o mal cami\u00f1o<\/h4>\n<p>n<\/p>\n<p><strong>As catro historias de persoas que se viron obrigadas a converterse no que os medios chaman &ldquo;okupas&rdquo;.<\/strong><br \/>n<a class=\"link\" href=\"https:\/\/www.elsaltodiario.com\/vivienda\/madrid-especulacion-precariedad-pobreza-fondos-buitres-otras-caras-okupacion\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Las otras caras de la okupaci\u00f3n<\/a><\/p>\n<p>n<\/p>\n<p><strong>Plataforma de Afectados por la Hipoteca<\/strong><br \/>n<a class=\"link\" href=\"https:\/\/afectadosporlahipoteca.com\/\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">PAH<\/a><\/p>\n<p>n<\/p>\n<p><strong>Minuesa:<\/strong> Una Okupaci\u00f3n Con Historia (1988~1994)<\/p>\n<p>n<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Cres que reco\u00f1ecer\u00edas un okupa se o vises? n Os okupas poden ter un aspecto diferente. Hoxe en d\u00eda, son case unha especie distinta debido \u00e1 s\u00faa forma de vivir. Evolucionaron de maneira moi allea \u00e1 nosa e podemos observar tales adaptaci\u00f3ns no seu comportamento. A s\u00faa caracter\u00edstica m\u00e1is vistosa \u00e9 que afrontan a incerteza [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[],"class_list":["post-71","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/71","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=71"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/71\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=71"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=71"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=71"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}