{"id":697,"date":"2025-10-23T00:51:00","date_gmt":"2025-10-22T22:51:00","guid":{"rendered":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/?p=697"},"modified":"2025-10-23T11:22:06","modified_gmt":"2025-10-23T09:22:06","slug":"walden-un-libro-esaxerado-para-expresar-unha-idea-que-urxe-dende-1845","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/2025\/10\/23\/walden-un-libro-esaxerado-para-expresar-unha-idea-que-urxe-dende-1845\/","title":{"rendered":"Walden, un libro esaxerado para expresar unha idea que urxe dende 1845"},"content":{"rendered":"\n<p>Fai pouco rematei de ler Walden, de Henry Thoreau. \u00c9 un deses libros moi recomendados e que dan moito que ler. F\u00e1lase moito del no mundo do ecoloxismo polo seu car\u00e1cter inspirador e pola gran cantidade de p\u00e1xinas que dedica a describir a natureza e os seus procesos. Poder\u00edase considerar un ensaio, a\u00ednda que non creo que o seu formato sexa exactamente ese. Ata certo punto \u00e9 unha biograf\u00eda mais con frecuencia divaga sobre temas que o interesan. <\/p>\n\n\n\n<p>A mediados do s\u00e9culo XIX, Thoreau decidiu constru\u00edr unha cabana xunto ao lago Walden e levar unha vida austera en contacto coa natureza nun per\u00edodo de algo m\u00e1is de dous anos. Por que dous anos? Non chega a especificar os motivos de facelo durante vinte e seis meses, e tampouco de non estendelo m\u00e1is no tempo. En todo caso, empregou a ocasi\u00f3n para cambiar os seus h\u00e1bitos e vivir dun xeito diferente ao que acostumaba e ao que a sociedade comprend\u00eda como razoable.<\/p>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\">\n<p><em>Cuando escrib\u00ed las p\u00e1ginas que siguen, al menos, su mayor parte, viv\u00eda solo en el bosque, a m\u00e1s de un kil\u00f3metro de distancia del vecino m\u00e1s pr\u00f3ximo, en una casa que hab\u00eda constru\u00eddo yo mismo, a orillas de la laguna Walden, en Concord, Massachusetts, y me ganaba la vida con la sola labor de mis manos. Viv\u00ed all\u00ed dos a\u00f1os y dos meses. Ahora participo de nuevo de la vida civilizada por un tiempo. <\/em><\/p>\n\n\n\n<p><em>No impondr\u00eda el tenor de mis asuntos a la atenci\u00f3n de los lectores si mis paisanos no hubieran realizado pesquisas muy concretas sobre mi forma de vida; asuntos que algunos tildar\u00edan de irrelevantes, aunque a mi no me lo parezcan en absoluto, sino cosas muy naturales y que vienen muy a cuento de las circunstancias. <\/em><\/p>\n<\/blockquote>\n\n\n\n<p>Neste libro o autor critica a sociedade e a s\u00faa relaci\u00f3n co traballo e o consumo, \u00e9 dicir, critica o capitalismo. Insiste en que todos poder\u00edan traballar moito menos se tiven uns h\u00e1bitos menos custosos. Presume de ter constru\u00eddo a s\u00faa cabana co gasto dun mes de calquera outra persoa e chega a suxerir prescindir do caf\u00e9 e do t\u00e9, consider\u00e1ndoo un luxo que non engade \u00e1 boa alimentaci\u00f3n dunha persoa. Este \u00e9 un dos motivos polos que penso que se trata dun experimento. <\/p>\n\n\n\n<p>Durante os dous anos que pasou xunto \u00e1 lagoa, Thoreau aliment\u00e1base con papas e con alg\u00fan legume que cultivou. Ou as\u00ed o dic\u00eda ata que confesa aproveitar aquelas ocasi\u00f3ns nas que com\u00eda f\u00f3ra da casa para obter unha achega de comida m\u00e1is sofisticada. Hai quen o critica por esta raz\u00f3n, porque o certo \u00e9 que viv\u00eda a un par de millas (3,2km) de Concord, unha vila con todos os servizos dos que se pod\u00eda dispo\u00f1er naquela \u00e9poca. Visitaba \u00e1 familia e amigos con frecuencia e incluso desfrutaba de pasear xunto a v\u00eda do tren que o levaba directamente \u00e1 vila. Con todo, \u00e9 innegable que pasou eses dous anos con escasas pertenzas e consumindo o m\u00ednimo para soster a vida. E sobre todo, observando o medio que o rodeaba como principal actividade e pasatempo.<\/p>\n\n\n\n<p>Tras ler o libro, a mi\u00f1a conclusi\u00f3n \u00e9 que, lonxe de tratarse dun cambio de vida, era sen d\u00fabida un experimento. Precisamente o feito de que tivese data de vencemento fixo que Thoreau se atrevese a chegar aos extremos. Xa o dixo Viktor Frankl cando citou a Nietsche: se temos unha boa raz\u00f3n podemos soportar case calquera condici\u00f3n. O autor de Walden quer\u00eda expo\u00f1er unha argumentaci\u00f3n anticapitalista nun momento no que a idea mesma de que o sistema fose nocivo consider\u00e1base un desprop\u00f3sito. Se hoxe en d\u00eda a maior parte da sociedade adquire unha posici\u00f3n esc\u00e9ptica sobre o tema, fai preto de douscentos anos propo\u00f1er unha perspectiva tan contraria \u00e1 hexem\u00f3nica era verdadeiramente disruptivo.<\/p>\n\n\n\n<p>Coido que por iso Thoreau decidiu esaxerar nalgunha das s\u00faas pr\u00e1cticas e incluso na s\u00faa ret\u00f3rica. A minuciosa cr\u00edtica que lle fai aos seus propios veci\u00f1os e ao conxunto do pa\u00eds en xeral \u00e9 unha chamada de atenci\u00f3n. Como calquera artista e en especial fil\u00f3sofo, procura despertar consciencias impactando e provocando ao lector. Se decidise ser menos condescendente e m\u00e1is compasivo coas decisi\u00f3ns de vida daqueles que o rodeaban probablemente nunca conseguise comunicar a mensaxe que precisaba transmitir. <\/p>\n\n\n\n<p>Na primeira parte do libro \u00e9 na que se atopa a s\u00faa visi\u00f3n filos\u00f3fica a excepci\u00f3n do cap\u00edtulo final. O libro comeza cunha cr\u00edtica sagaz da econom\u00eda mostrando os detalles da dieta financeira que levou aqueles anos. Nun comezo pode resultar algo excesivo, tantos n\u00fameros e contas para simplemente dicir que evitou gastar di\u00f1eiro se pod\u00eda reciclar materiais. Mais segundo avanza o cap\u00edtulo ves como se acumulan as reflexi\u00f3ns e as punzadas coas que Thoreau desmonta a l\u00f3xica da cultura capitalista. <\/p>\n\n\n\n<p>Na segunda parte \u00e9 onde se centra en expo\u00f1er aquilo que el mesmo v\u00eda nas longas horas de contemplaci\u00f3n dedicadas ao escenario de Walden. Describe o comportamento despreocupado da fauna ou a profundidade da lagoa en diferentes momentos do ano. Foi aqu\u00ed onde a mi\u00f1a atenci\u00f3n se viu comprometida, non porque non me interesen as historias sobre a vida na natureza, sen\u00f3n porque houbo momentos nos que a cantidade de detalles superaba as necesidades comunicativas.<\/p>\n\n\n\n<p>En conxunto, o libro ofrece unha base de reflexi\u00f3n  e proporciona unha nova perspectiva do que \u00e9 vivir como parte da natureza. A pesar da dedicaci\u00f3n que lle d\u00e1 a certas descrici\u00f3ns, hai momentos nos que a s\u00faa elocuencia \u00e9 maxistral ofrecendo argumentos que incluso a hoxe contin\u00faan a ser b\u00e1sicos na loita anticapitalista e que, sendo ditos fai tantas d\u00e9cadas, a\u00ednda precisan ser repetidos ata a saciedade. Malia que non \u00e9 un libro lixeiro \u00e9 unha obra que motiva a conciencia activista e reconforta no illamento ideol\u00f3xico no que a minoritaria visi\u00f3n anticapitalista \u00e1s veces nos deixa. <\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Fai pouco rematei de ler Walden, de Henry Thoreau. \u00c9 un deses libros moi recomendados e que dan moito que ler. F\u00e1lase moito del no mundo do ecoloxismo polo seu car\u00e1cter inspirador e pola gran cantidade de p\u00e1xinas que dedica a describir a natureza e os seus procesos. Poder\u00edase considerar un ensaio, a\u00ednda que non [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":721,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[116,54,99,65,31,89,107,132,126,30,43,40,1,85],"tags":[60,57,58,102,131,48,25,38,11],"class_list":["post-697","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-arte","category-bencomun","category-ciencia","category-combustibles-fosiles","category-consciencia","category-contaminacion-ambiental","category-cultura","category-ecoloxismo","category-escritura","category-humanidad","category-libros","category-literatura","category-sen-categoria","category-sensibilidade","tag-anticapitalismo","tag-bencomun","tag-capitalismo","tag-cultura","tag-ecoloxismo","tag-filosofia-2","tag-humanidade","tag-libros","tag-literatura"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/697","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=697"}],"version-history":[{"count":10,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/697\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":720,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/697\/revisions\/720"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/media\/721"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=697"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=697"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=697"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}