{"id":695,"date":"2025-10-16T14:18:06","date_gmt":"2025-10-16T12:18:06","guid":{"rendered":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/?p=695"},"modified":"2025-10-16T14:18:11","modified_gmt":"2025-10-16T12:18:11","slug":"esperar-a-que-se-alcoholicen-para-ter-conversas-profundas","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/2025\/10\/16\/esperar-a-que-se-alcoholicen-para-ter-conversas-profundas\/","title":{"rendered":"Esperar a que se alcoholicen para ter conversas profundas"},"content":{"rendered":"\n<p>Este \u00faltimo mes tiven d\u00faas vodas. Trat\u00e1banse de bos amigos as\u00ed que a\u00ednda que me coincidiron moi xuntas fun contenta de poder acompa\u00f1alos nun d\u00eda tan especial. As vodas non son un ambiente no que eu me desenvolva ben pois tr\u00e1tase de moitas horas constantes de socializaci\u00f3n o que me esgota bastante. <\/p>\n\n\n\n<p>En ningunha das d\u00faas vodas beb\u00edn alcohol. Semella un dato insignificante no que pode ser a descrici\u00f3n dun d\u00eda, mais te\u00f1o a impresi\u00f3n de que todo o mundo que lea isto pode imaxinarse o car\u00e1cter &#8220;transgresor&#8221; da mi\u00f1a decisi\u00f3n. Ultimamente non desfruto moito do alcohol polo que se hai que escoller condutor designado sempre me presto voluntaria. Por riba, como xa contara noutro post, sei que unicamente o ru\u00eddo xa me vai producir unha resaca considerable polo que non me apetece engadirlle alcohol \u00e1 mestura. E por \u00faltimo, o m\u00e1is obvio e o m\u00e1is obviado: o alcohol non \u00e9 bo para a nosa sa\u00fade. <\/p>\n\n\n\n<p>Consegu\u00edn pasar a recepci\u00f3n sen que ningu\u00e9n me insistise en probar o vi\u00f1o. Semella que se decides substitu\u00edr o alcohol polo azucre dun zume ou refresco, unha pasa m\u00e1is desapercibida. O problema \u00e9 cando te pasas \u00e1 auga. Iso que cr\u00eda ras. Tanto os camareiros como os compa\u00f1eiros de mesa preg\u00fantanche duascentas veces se queres algunha bebida alcoh\u00f3lica e logo, como preocupados e entristecidos, ofr\u00e9cenche alg\u00fan refresco gaseoso para tratar de aliviar a t\u00faa &#8220;sosura&#8221;. <\/p>\n\n\n\n<p>A abstinencia d\u00e9ixate nunha posici\u00f3n apartada. Has de ter unha boa raz\u00f3n para comportarte de forma diferente ao grupo ou ser\u00e1s cuestionada. Tam\u00e9n ten outras desvantaxes, sobre todo se es unha persoa que non desfruta da ch\u00e1chara, da conversa superficial que a maior\u00eda da xente precisa para poder sentirse segura con outras persoas. No pasado te\u00f1o empregado esta droga socialmente aceptada para introducirme na din\u00e1mica pero hoxe en d\u00eda xa non me apetece facelo. <\/p>\n\n\n\n<p>Mentres as horas pasaban, funme decatando de como a conversa evolucionaba. G\u00fastame estudar ao ser humano e aprender dos comportamentos que estes exhiben individualmente e en grupo. O que descubr\u00edn sorprendeume: o di\u00e1logo non evolucionaba co tempo, sen\u00f3n coa cantidade de alcohol que se \u00eda consumindo. <\/p>\n\n\n\n<p>Vivimos nunha sociedade na que o amor e a amizade cada vez son m\u00e1is escasos. As aplicaci\u00f3ns de citas converteron a procura do amor nun produto m\u00e1is e a psicolox\u00eda <em>mainstream<\/em> occidental inc\u00edtanos a facer o mesmo con calquera tipo de relaci\u00f3n persoal. Os conflitos xa non hai porque resolvelos, sen\u00f3n que podemos optar por abandonar a relaci\u00f3n e buscar unha nova, ao fin e ao cabo somos m\u00e1is de oito mil mill\u00f3ns de persoas. Outra opci\u00f3n \u00e9 deixarnos levar polo medo a vernos abandonados n\u00f3s mesmos e preferir ancorarnos a relaci\u00f3ns deficientes que afunden a ambas partes coa \u00fanica intenci\u00f3n de mostrar unha imaxe social de acompa\u00f1amento. O certo \u00e9 que hoxe en d\u00eda, o ser humano non se pode sentir m\u00e1is s\u00f3. <\/p>\n\n\n\n<p>Non vou ser eu quen critique a soidade f\u00edsica pois desfruto do silencio e do tempo persoal como a que m\u00e1is. Prec\u00edsoo, a dicir verdade. Neste caso estou a falar da soidade emocional, ese sentimento que apesara o coraz\u00f3n e que nos empurra a buscar soluci\u00f3ns qu\u00edmicas para soportar a dor que xera. Esa soidade p\u00f3dese sentir con grande intensidade cando un est\u00e1 rodeado de xente. Tr\u00e1tase dunha desconexi\u00f3n persoal co tecido humano, unha falta de interacci\u00f3n con outras consciencias, unha sensaci\u00f3n de incomprensi\u00f3n que s\u00f3 a comunicaci\u00f3n pode resolver. <\/p>\n\n\n\n<p>Dende o meu recanto do mundo, a ch\u00e1chara non \u00e9 comunicaci\u00f3n. A ch\u00e1chara \u00e9 un ritual que moitos precisan pero que non deixa de ser un acto superficial. Durante as primeiras horas de voda sent\u00edn que me illaba non meu mundo interior pois non sab\u00eda como navegar aquela marea de comentarios e chistes que si ben consegu\u00edan encher o silencio cun murmurio incesante, non me chegaban a interesar. <\/p>\n\n\n\n<p>Fai un tempo falei deste tema con varias persoas quen me contaron que perderon aos amigos por decidir non beber. Negarse a participar no ritual alcoh\u00f3lico pode mostrar a realidade dunha amizade desvelando as s\u00faas deficiencias ou a s\u00faa inexistencia incluso. A\u00ednda que si que te\u00f1o experimentado este rechazo en algunha ocasi\u00f3n, te\u00f1o que admitir que nunca perd\u00edn a ningu\u00e9n que lle tivese grande aprecio por mor da sobriedade. <\/p>\n\n\n\n<p>Cheguei a pensar que esta aversi\u00f3n mi\u00f1a pola ch\u00e1chara era un verdadeiro problema. Desexei ser capaz de desfrutar dos chistes manidos e dos dobres sentidos. Fiquei observando e aparentemente todo o mundo estaba conectando cos demais. A interacci\u00f3n era flu\u00edda e as respostas segu\u00edan con rapidez \u00e1s preguntas. As reacci\u00f3ns estoupaban en risas. E as copas \u00edan baixando. <\/p>\n\n\n\n<p>Tiven que tomarme varios descansos daquel repenicar constante.  O tira e afrouxa de insinuaci\u00f3ns e iron\u00edas, a\u00ednda que inofensivas, result\u00e1bame esgotador. Sa\u00edn ao ba\u00f1o, a tomar o aire, a sentar en silencio. E regresei cun pouco de enerx\u00eda recuperada para continuar navegando aqueles mares. <\/p>\n\n\n\n<p>E de s\u00fapeto, cando unha copa xa caera e alg\u00fan comensal comezaba a arrastrar as palabras, a autenticidade agasallounos coa s\u00faa presencia. Pouco a pouco, as m\u00e1scaras rach\u00e1banse e entre as gretas co\u00e1banse expresi\u00f3ns de profunda honestidade, declaraci\u00f3ns de vulnerabilidade ou mesmo de amor e amizade. As conversas comezaron a interesarme porque xa non precisaba descodificar mensaxes ocultas nin ficar na superficie de sentimentos complexos. Agora afond\u00e1base na fermosura e penurias da vida sen medo nin covard\u00eda. A vertixe que moitos semellan experimentar ao ver as s\u00faas emoci\u00f3ns expostas foi anestesiada polo alcohol permit\u00edndolles voar. Comprendo que no mundo hai individuos que ante a vulnerabilidade dos demais s\u00f3 pensan en convertela nunha arma e aproveitala para se beneficiaren a costa do vulnerable. Sei que ese temor \u00e9 lex\u00edtimo mais como todo medo, este non debe converterse nunha barreira para n\u00f3s vivirmos. <\/p>\n\n\n\n<p>Se esquecemos as consecuencias que esta sustancia ten sobre a nosa sa\u00fade, poder\u00edamos pensar que o alcohol lle permite \u00e1 humanidade comunicarse mellor. Ata certo punto, semella que \u00e9 as\u00ed. Nun tempo pasado no que a cultura non posu\u00eda outras formas de libre expresi\u00f3n seguramente cumpriu unha funci\u00f3n. Por\u00e9n o obxectivo de toda civilizaci\u00f3n \u00e9 o de organizarse e relacionarse cada vez mellor. <\/p>\n\n\n\n<p>Por desgraza, o que dicimos por mor do alcohol non ten o mesmo valor que aquelas dif\u00edciles palabras que pronunciamos dende a sobriedade. O di\u00e1logo empapado de sustancias sempre pode ser retirado para logo culpar \u00e1 embriaguez. Tampouco nos cremos do mesmo xeito o que nos di un amigo borracho que o que nos di un amigo que se sincera. O velo que cae sobre n\u00f3s pode embelecer o momento pero non o fai m\u00e1is aut\u00e9ntico . O alcohol fai que o risco emocional sexa menor pero a ganancia da relaci\u00f3n tam\u00e9n o \u00e9. <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Este \u00faltimo mes tiven d\u00faas vodas. Trat\u00e1banse de bos amigos as\u00ed que a\u00ednda que me coincidiron moi xuntas fun contenta de poder acompa\u00f1alos nun d\u00eda tan especial. As vodas non son un ambiente no que eu me desenvolva ben pois tr\u00e1tase de moitas horas constantes de socializaci\u00f3n o que me esgota bastante. En ningunha das [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":707,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[80,20,31,107,32,30,79,45,63,1,85],"tags":[130,22,102,25,78,129],"class_list":["post-695","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-autismo","category-comunicacion","category-consciencia","category-cultura","category-filosofia","category-humanidad","category-neurodivergencia","category-relaciones-sociales","category-saude","category-sen-categoria","category-sensibilidade","tag-alcohol","tag-comunicacion","tag-cultura","tag-humanidade","tag-neurodivergencia","tag-salud"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/695","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=695"}],"version-history":[{"count":8,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/695\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":706,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/695\/revisions\/706"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/media\/707"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=695"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=695"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=695"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}