{"id":682,"date":"2025-10-02T11:36:55","date_gmt":"2025-10-02T09:36:55","guid":{"rendered":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/?p=682"},"modified":"2025-10-02T11:36:59","modified_gmt":"2025-10-02T09:36:59","slug":"o-humorismo-a-teoria-dos-catro-humores","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/2025\/10\/02\/o-humorismo-a-teoria-dos-catro-humores\/","title":{"rendered":"O humorismo: a teor\u00eda dos catro humores"},"content":{"rendered":"\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\">\n<p><em><br>O humorismo foi unha concepci\u00f3n do corpo humano e as s\u00faas manifestaci\u00f3ns psicol\u00f3xicas desenvolta polos antigos gregos e romanos. Esta aproximaci\u00f3n filos\u00f3fica tivo gran influencia e foi mantida entre os profesionais europeos da medicina ata a chegada das pescudas m\u00e9dicas modernas do s\u00e9culo XIX. Foron os primeiros pasos do estudo do comportamento humano e agora s\u00e9rvenos como inspiraci\u00f3n. <\/em><\/p>\n<\/blockquote>\n\n\n\n<p>Este mes comecei a impartir un curso de escritura creativa con persoas moi variadas tanto demograficamente como na s\u00faa experiencia coa pluma. Faime especial ilusi\u00f3n cando traballo con grupos mixtos como este porque se comparten opini\u00f3ns e vivencias facendo que unha curta hora de clase sexa incriblemente enriquecedora. Por esta raz\u00f3n preocup\u00e1bame baste como orientar as lecci\u00f3ns. Non quer\u00eda que fose aburrida para quen nunca afondara na teor\u00eda da escritura creativa e tampouco quer\u00eda deixar de ofrecer co\u00f1ecementos \u00fatiles a quen estivesen al\u00ed coa intenci\u00f3n de po\u00f1er a proba as s\u00faas habilidades. <\/p>\n\n\n\n<p>Explico isto porque para a primeira clase do curso decid\u00edn introducir a creaci\u00f3n de personaxes empregando a teor\u00eda dos catro humores. Dedicar tempo a crear os protagonistas adecuados \u00e9 esencial para conseguir que a trama sexa interesante. <\/p>\n\n\n\n<p>Durante moito tempo a literatura centrouse nunha loita entre o ben e o mal nunha especie de dicotom\u00eda de brancos e negros, sen a posibilidade dunha escala de grises. O ser humano, pola contra, non s\u00f3 ten degradados, sen\u00f3n que exhibimos unha ampla gama de cores. A\u00ednda que a mitolox\u00eda grega e romana presentaba a mi\u00fado a heroes perfectos, os seus fil\u00f3sofos e protom\u00e9dicos xa se decataban de que non se pod\u00eda definir o car\u00e1cter dunha persoa como anxo ou demo. <\/p>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\">\n<p><em>O humorismo considera que o corpo humano acolle catro substancias b\u00e1sicas, chamadas os catro humores, os cales se atopan equilibrados cando a persoa ten sa\u00fade. Calquera doenza sufrida ser\u00eda daquela o resultado do exceso ou da deficiencia dun deses catro humores: bile negra, bile amarela, flegma e sangue. Os practicantes que adoptaban esta concepci\u00f3n m\u00e9dica cl\u00e1sica, cr\u00edan que cada un deses humores pode ser modificado (aumentado ou diminu\u00eddo) dependendo da dieta e da actividade realizadas polo paciente. <\/em><\/p>\n<\/blockquote>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\">\n<p><em>As\u00ed mesmo, observaban estas variaci\u00f3ns de humores como diferenzas no car\u00e1cter que se sa\u00edan demasiado da norma se consideraban s\u00edntomas dun malestar.<\/em><\/p>\n<\/blockquote>\n\n\n\n<p>Por suposto que dende unha perspectiva estritamente cient\u00edfica este postulado xa non ten moito xeito hoxe en d\u00eda. Mais se quedamos s\u00f3 co pouso que deixa no entendemento podemos intu\u00edr como comprend\u00edan ao que hoxe chamamos psicolox\u00eda. Crer que o malestar mental dunha persoa \u00e9 s\u00edntoma dun desequilibrio nos seus h\u00e1bitos de vida non semella descubrimento ning\u00fan, por\u00e9n a sociedade actual insiste en diseminar a crenza de que a mente pode ser controlada con forza de vontade. <\/p>\n\n\n\n<p>Coa perspectiva do humorismo analiz\u00e1base as tendencias dunha persoa, aconsell\u00e1baselles segundo as s\u00faas debilidades e ofrec\u00edanselle novos h\u00e1bitos de dieta e actividades que lle axudasen a atopar o equilibrio.<\/p>\n\n\n\n<div class=\"wp-block-group is-nowrap is-layout-flex wp-container-core-group-is-layout-6c531013 wp-block-group-is-layout-flex\">\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\">\n<p><br><em>A natureza <strong>sangu\u00ednea<\/strong> asoci\u00e1base cunha personalidade entusiasta, activa e social.<\/em><\/p>\n<\/blockquote>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\">\n<p><em>A bile amarela asoci\u00e1base cunha natureza <strong>col\u00e9rica<\/strong>, \u00e9 dicir, ambiciosa, decisiva, agresiva e irascible.<\/em><\/p>\n<\/blockquote>\n<\/div>\n\n\n\n<div class=\"wp-block-group is-nowrap is-layout-flex wp-container-core-group-is-layout-6c531013 wp-block-group-is-layout-flex\">\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\">\n<p><em>A persoas <strong>melanc\u00f3licas<\/strong> son introvertidas e precisan do illamento social para a reflexi\u00f3n deste xeito a bile negra as\u00f3ciase ao outono, a estaci\u00f3n na que a terra se retrae.<\/em><\/p>\n<\/blockquote>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\">\n<p><em>A flegma as\u00f3ciase ao inverno, unha estaci\u00f3n fr\u00eda e h\u00famida, xa que a natureza <strong>flegm\u00e1tica<\/strong> \u00e9 descrita como un comportamento reservado.<\/em><\/p>\n<\/blockquote>\n<\/div>\n\n\n\n<p>Asignarlle unha natureza predominante a cada persoa trat\u00e1base de p\u00f3rlle nome aos comportamentos que exhib\u00eda cando non se atopaba ben. Entend\u00edase que todos temos unha mestura destes catro humores polo que tam\u00e9n temos a posibilidade de caer na enfermidade que se describe co exceso ou deficiencia de cada un deles dependendo do momento da vida ou do tipo de desequilibrio que esteamos a experimentar. G\u00fastame velo desta forma porque non se considera \u00e1 persoa irreparable ou defectuosa. Penso que o humorismo comprend\u00eda que o entorno e as condici\u00f3ns de vida das persoas eran a causa do seu malestar mental. Non era cuesti\u00f3n de que ao paciente lle faltase moral ou disciplina. A\u00ednda que iso non quita que a cultura hexem\u00f3nica da \u00e9poca si que criticase aos seus individuos con patr\u00f3ns estandarizados. <\/p>\n\n\n\n<p>Por suposto, non podemos seguir botando man desta teor\u00eda para ofrecer un adecuado coidado. Por fortuna o co\u00f1ecemento evolucionou moito e a complexidade coa que comprendemos o comportamento humano tam\u00e9n. Con todo, \u00e9 unha ferramenta ideal para introducirse na creaci\u00f3n de personaxes redondos.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O humorismo foi unha concepci\u00f3n do corpo humano e as s\u00faas manifestaci\u00f3ns psicol\u00f3xicas desenvolta polos antigos gregos e romanos. Esta aproximaci\u00f3n filos\u00f3fica tivo gran influencia e foi mantida entre os profesionais europeos da medicina ata a chegada das pescudas m\u00e9dicas modernas do s\u00e9culo XIX. Foron os primeiros pasos do estudo do comportamento humano e agora [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":690,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[116,20,107,126,32,43,40,1],"tags":[102,127,48,38,11],"class_list":["post-682","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-arte","category-comunicacion","category-cultura","category-escritura","category-filosofia","category-libros","category-literatura","category-sen-categoria","tag-cultura","tag-escritura","tag-filosofia-2","tag-libros","tag-literatura"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/682","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=682"}],"version-history":[{"count":6,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/682\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":689,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/682\/revisions\/689"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/media\/690"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=682"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=682"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=682"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}