{"id":68,"date":"2023-02-20T01:00:00","date_gmt":"2023-02-20T00:00:00","guid":{"rendered":"https:\/\/luciaferro.es\/posts\/asbestas\/"},"modified":"2023-02-20T01:00:00","modified_gmt":"2023-02-20T00:00:00","slug":"por-que-os-galegos-nos-ofendemos-con-as-bestas","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/2023\/02\/20\/por-que-os-galegos-nos-ofendemos-con-as-bestas\/","title":{"rendered":"Por que os galegos nos ofendemos con As Bestas?"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/luciaferro.es\/images\/PANO_20210908_160148.jpg\" alt=\"Featured image of post Por que os galegos nos ofendemos con As Bestas?\" \/><\/p>\n<p>Acaban de ser os Goya e con elo, o conflito estoupou. <em>As Bestas<\/em> recibiu un total de nove galard\u00f3ns acaparando a atenci\u00f3n de todos. Pero non toda a atenci\u00f3n \u00e9 positiva, as\u00ed pois, a rede inundouse de artigos de opini\u00f3n nos que a comunidade galega se mostraba desencantada pola imaxe do rural que o filme reflect\u00eda.<\/p>\n<p>n<\/p>\n<p>Un galego ofendese con este filme porque est\u00e1 farto de que o traten de ignorante igualando o noso xentilicio con ser brutos. \u00c9 unha ferida que carrexamos nos nosos coraz\u00f3ns e polo tanto a representaci\u00f3n dun galego exhibindo tal nivel de violencia fainos removernos por dentro. Mais a arte ofende e cando nos ofendemos ten moito m\u00e1is que ver con n\u00f3s mesmos, con esa ferida aberta que xera inseguridades, que co que nos est\u00e1n a dicir.<\/p>\n<p>n<\/p>\n<p>No seu <a class=\"link\" href=\"https:\/\/www.elsaltodiario.com\/cine\/columna-opinion-brigitte-vasallo-as-bestas-alcarras\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">artigo para El Salto<\/a>, a escritora Brigitte Vasallo, filla de galegos emigrados, atribu\u00eda esta visi\u00f3n distorsionada principalmente ao feito de que o director \u00e9 madrile\u00f1o. No seu artigo critica e compara esta obra coa tam\u00e9n nomeada <em>Alcarr\u00e1s<\/em> na que Carla Sim\u00f3n mostra outra perspectiva da invasi\u00f3n das enerx\u00edas renovables no rural.<\/p>\n<p>n<\/p>\n<p>O meu interese pol\u00edtico e social levoume non s\u00f3 a seguir o traballo de Brigitte Vasallo, se non tam\u00e9n a aprender moito dela. Acostumo a coincidir coa s\u00faa forma de ver o mundo e sobre todo coas s\u00faas preocupaci\u00f3ns. \u00c9 por iso que me centro na s\u00faa columna de opini\u00f3n para expo\u00f1er a mi\u00f1a visi\u00f3n a pesares do dif\u00edcil que me resulta ter que levarlle a contraria.<\/p>\n<p>n<\/p>\n<h2 id=\"o-debate-ecol\u00f3xico\">O debate ecol\u00f3xico<\/h2>\n<p>n<\/p>\n<p>Vasallo focaliza a s\u00faa cr\u00edtica no argumento dos filmes, \u00e9 dicir, no impacto social e ecol\u00f3xico que a industria enerx\u00e9tica produce ao arrasar co campo por motivos econ\u00f3micos.<\/p>\n<p>n<\/p>\n<p><em>Alcarr\u00e1s<\/em> fai maior fincap\u00e9 nos detalles que envolven a problem\u00e1tica das enerx\u00edas renovables no ambiente rural xa que lle dedica abundantes minutos de metraxe \u00e1 destruci\u00f3n das hortas nas que se instalan as placas solares. Tam\u00e9n se fai menci\u00f3n \u00e1s manifestaci\u00f3ns que se organizan co motivo de esixir prezos dignos para os agricultores ou \u00e1s longas xornadas de traballo \u00e1s que se ven obrigados para poder manter a produci\u00f3n que se lle demanda. O \u00fanico que lamento deste retrato \u00e9 que semella acusar ao veci\u00f1o cobizoso exculpando as\u00ed a un sistema que \u00e9 o verdadeiro culpable da destruci\u00f3n da natureza.<\/p>\n<p>n<\/p>\n<p>En <em>As Bestas<\/em>, despersonal\u00edzase a industria enerx\u00e9tica ao mostrala como un poder e non como un individuo concreto. Deste xeito cons\u00e9guese amosar como dito poder manipula as clases baixas xerando graves conflitos na comunidade con moi pouco esforzo.  Esta manipulaci\u00f3n \u00e9 especialmente relevante posto que \u00e9 o que nos impide colectivizarnos, \u00e9 o que debilita as comunidades e nos impulsa cara o individualismo.<\/p>\n<p>n<\/p>\n<p>Mentres que en <em>Alcarr\u00e1s<\/em> se lle da un nome propio en <em>As Bestas<\/em> d\u00e9ixase o problema relegado ao sistema. Por un lado temos un filme que honra \u00e1s v\u00edtimas dunha inxustiza provocada por aqueles que explotan dende o alto dun sistema opresor e por outro temos unha demostraci\u00f3n da vulnerabilidade da mente humana ante un sistema manipulador.<\/p>\n<p>n<\/p>\n<p>De cara a enfrontarse ao sistema e ao poderes opresivos, <em>Alcarr\u00e1s<\/em> mostra o exemplo das protestas colectivas como expresi\u00f3n da frustraci\u00f3n cidad\u00e1 pero non ofrece alternativa algunha xa que acaba victimizando ao proletariado quen se ve desprovisto de toda axencia para actuar deix\u00e1ndolle como \u00fanicas posibilidades a queixa (que con frecuencia \u00e9 ignorada) e a resignaci\u00f3n tras a vitoria do poder capitalista.<\/p>\n<p>n<\/p>\n<p>En <em>As Bestas<\/em> non se ve esa loita ruidosa que tanto nos fai falta a\u00ednda que si ofrece unha alternativa representada pola aposta dun estilo de vida anticapitalista.<\/p>\n<p>n<\/p>\n<p>Hai quen critica que \u00e9 o franc\u00e9s quen menciona o barbeito, como se un campesi\u00f1o galego non soubese tal cousa. Mais nesa escena o franc\u00e9s non estaba a dar lecci\u00f3ns de agricultura, se non que recalcaba a necesidade de renunciar a unha alta produci\u00f3n para respectar a nosa terra. A maior parte dos explotaci\u00f3ns agrarias son conscientes de que o barbeito \u00e9 a forma m\u00e1is ecol\u00f3xica de coidar a terra, mais non titubean \u00e1 hora de empregar qu\u00edmicos que lles permita aumentar a colleita, posto que neste mundo capitalista parvo \u00e9 o que non usa as ferramentas das que disp\u00f3n. Isto non o digo eu dende a distancia, isto t\u00e9\u00f1ollo eu escoitado a m\u00e1is dun agricultor galego. O franc\u00e9s representa un tipo de persoa que decide renunciar a un estilo de vida para comungar cuns ideais concretos. A estas alturas non podemos ser inxenuos e pensar que podemos loitar contra o capitalismo sen renunciar a boa parte do estilo de vida que este fomentou. Iso non significa pasar fame e vivir con carencias, significa orientar a nosa existencia doutro xeito, algo que nos custa aceptar a todos pois o ser humano evita os cambios tanto como pode.<\/p>\n<p>n<\/p>\n<p>Vasallo di que <em>&ldquo;Sorogoyen denunciou o espolio e\u00f3lico desprezando \u00e1 xente que de verdade lle fai fronte&rdquo;<\/em> porque ela co\u00f1eceu o tema en profundidade grazas \u00e1 Coordinadora do Macizo Central Ourens\u00e1n, unha asociaci\u00f3n que se desvive por protexer o territorio. \u00c9 innegable que hai xente galega loitando e esa \u00e9 unha fermosa imaxe dunha Galicia que resiste e se revela. Debemos celebrar e agradecer os esforzos destas persoas pero non podemos esquecer que en Galicia goberna o PP. Estamos a falar dunha maior\u00eda de votos que prefire unha Galicia neoliberal a unha Galicia verde. Poida que estea a sacar conclusi\u00f3ns r\u00e1pidas, mais non \u00e9 iso sinal de que a\u00ednda que haxa xente galega concienciada tam\u00e9n hai moita xente que vender\u00eda e vende o seus montes a calquera el\u00e9ctrica interesada? Non \u00e9 daquela necesario retratar o conflito veci\u00f1al que sup\u00f3n? Tal e como eu o vexo, a escolla dun franc\u00e9s \u00e9 xustificada non s\u00f3 pola historia orixinal na que o filme se basea, se non porque a ignorancia deste personaxe dos c\u00f3digos de comunicaci\u00f3n culturais galegos \u00e9 o perfecto punto de partida para mostrar a colisi\u00f3n destes puntos de vista tan polarizados.<\/p>\n<p>n<\/p>\n<p>Coincido coa escritora cando di que \u201c<em>non nos expulsaron os veci\u00f1os salvaxes se non o capitalismo baixo a tutela franquista<\/em>\u201d xa que as\u00ed o vexo representado en <em>As Bestas<\/em>, pois quen o representa mellor que un personaxe que claramente est\u00e1 enganado polo que lle parece que lle pode ofrecer o sistema (un taxi en Ourense, dic\u00eda) e que act\u00faa coa actitude autoritaria propia do franquismo? Ou non eran os veci\u00f1os fachas os que delataban aos republicanos?<\/p>\n<p>n<\/p>\n<h2 id=\"o-ingrediente-emocional-de-todo-debate\">O ingrediente emocional de todo debate<\/h2>\n<p>n<\/p>\n<p>A pel\u00edcula de Sorogoyen exhibe escenas violentas cunha \u00e9pica que inspira moitas emoci\u00f3ns no espectador. Estas escenas non son prato de bo gusto e moitos galegos non se senten identificados con elas. Mais o filme en si, non pretende transmitir tales situaci\u00f3ns como se estas fosen o d\u00eda a d\u00eda da Galiza rural, ao fin e ao cabo, tr\u00e1tase dun mal veci\u00f1o que lle complica a vida a todos. Ou non hai varias escenas nas que se mostra a xenerosidade e acolledora natureza dos galegos?<\/p>\n<p>n<\/p>\n<p><em>As Bestas<\/em> condena a violencia ao mostrar o intento de resolver un conflito emocional coa palabra. E de novo, non me estou a referir s\u00f3 ao franc\u00e9s, se non a todos os outros personaxes que parecen ser ignorados por aqueles que temen ser identificados co rol representado por Lu\u00eds Zahera.<\/p>\n<p>n<\/p>\n<p>No filme de Carla Sim\u00f3n, proxectase a realidade con distancia e sen xerar cr\u00edtica ningunha sobre as din\u00e1micas dos sistemas relacionais (neste caso unha familia) disfuncionais. Para un ollo experimentado ao que lle resulta sinxelo distinguir entre a toxicidade e o amor, <em>Alcarr\u00e1s<\/em> pode ser unha pel\u00edcula perfecta para manter unha interesante conversa post-visionado.<\/p>\n<p>n<\/p>\n<p>Non obstante, no caso do espectador envolto en relaci\u00f3ns t\u00f3xicas e por tanto incapaz de ver a diferencia entre uns comportamentos e outros, <em>Alcarr\u00e1s<\/em> non lle proporciona punto de referencia ao que agarrarse. Encadrado na situaci\u00f3n destes receptores, o filme corre o risco de normalizar ditos comportamentos ao xustificar a figura dun pai que ignora e agrede aos seus familiares por estar victimizado no contexto du sistema capitalista que trata de roubarlle o seu estilo de vida.<\/p>\n<p>n<\/p>\n<blockquote><p>n<\/p>\n<p><strong>Que vivas unha inxustiza non xustifica a violencia contra a t\u00faa propia familia. Ning\u00fan trauma deber\u00eda converter o narcisismo en xustificable.<\/strong><\/p>\n<p>n<\/p><\/blockquote>\n<p>n<\/p>\n<p>Esta proxecci\u00f3n sen gu\u00eda da realidade semella lexitimar a violencia cando mostra sen consecuencias o ataque no que un home lle rompe d\u00faas costelas a outro. Non hay conversaci\u00f3n que permita unha resoluci\u00f3n s\u00e1 do conflito, non hai arrepentimento xa que durante todo o filme se acepta a incapacidade deste home para lidar coas s\u00faas emoci\u00f3ns. E non \u00e9 que esta falta de regulaci\u00f3n emocional quede relegada a el, non, de feito vese como a neglixencia e o abuso tam\u00e9n forman parte da personalidade da nai quen non sost\u00e9n nin unha soa conversa cos seus descendentes que non sexa para criticar ou censurar \u00e1 s\u00faa filla ou para soltarlle un sopapo ao seu fillo sen cuestionar a causa do seu comportamento err\u00e1tico.<\/p>\n<p>n<\/p>\n<p>E \u00e9 o feito de que todos estes comportamentos ocorran sen contraposici\u00f3n algunha o que me incomoda desta pel\u00edcula. D\u00edgoo pola mi\u00f1a propia experiencia, por ter eu sido unha desas persoas incapaces de ver a violencia subxacente no ambiente que me rodeaba e nas produci\u00f3ns culturais que non o sinalan ao precisar xustificar o abuso que eu sufr\u00eda. Non \u00e9 que iso a faga menos obra de arte, por suposto que non. \u00c9 sen d\u00fabida unha obra realista e obxectiva co valor que iso implica. Agora ben, \u00e9 unha obra que se pretend\u00eda ter alg\u00fan car\u00e1cter did\u00e1ctico ou pedag\u00f3xico, non o ten.<\/p>\n<p>n<\/p>\n<p>Aqu\u00ed gustar\u00edame mencionar <em>La \u00faltima primavera<\/em> (2020) de Isabel Lamberti, un filme que recibiu moita menos atenci\u00f3n ca estes que estamos a tratar e que reflexa a importancia da regulaci\u00f3n emocional nos momentos m\u00e1is dif\u00edciles.  Esta produci\u00f3n de Lamberti co-escrita con Lenina Ungari conta como os veci\u00f1os da Ca\u00f1ada Real \u00e1s aforas de Madrid son expulsados das s\u00faas casas ao estar constru\u00eddas en terreos que non posu\u00edan. Neste filme comb\u00ednase a denuncia social (persoas sen recursos a quen o sistema lle quere quitar ata a dignidade) cunha profundizaci\u00f3n moi enriquecedora das relaci\u00f3ns persoais. Os protagonistas son persoas de m\u00ednimos estudos e escasos libros na casa, pero que pos\u00faen moita educaci\u00f3n. Unha educaci\u00f3n que xira arredor do apoio mutuo e a compaix\u00f3n, que se transmite co contacto humano honesto e que conforma as bases dunha boa sa\u00fade mental.<\/p>\n<p>n<\/p>\n<p>Entendo que non todo o mundo estar\u00e1 de acordo, mais non podo velo doutro xeito. A loita social que vencer\u00e1 as monstruosidades deste sistema ha de pasar polo filtro emocional pois os bos ideais sempre son susceptibles de se  converter en cazas de bruxas cando estes son liderados por impulsos reaccionarios ante unha dor mal xestionada.<\/p>\n<p>n<\/p>\n<p>O rural ad\u00e1ptase perfectamente a esta discusi\u00f3n porque a proximidade coa natureza e ese pasar lento do tempo propio do campo, son as caracter\u00edsticas que lle permiten a estes directores atopar un escenario non s\u00f3 fermoso pero exiguo de ru\u00eddo no que tratar asuntos tan complexos como os traumas e a sobrecarga emocional.<\/p>\n<p>n<\/p>\n<h2 id=\"as-mulleres-e-os-seus-di\u00e1logos\">As mulleres e os seus di\u00e1logos<\/h2>\n<p>n<\/p>\n<p>Parece que a visi\u00f3n que se d\u00e1 das mulleres en <em>As Bestas<\/em> tam\u00e9n xera opini\u00f3ns encontradas, ou m\u00e1is ben a frase que D\u00e9nis Menochet dixo ao recoller o seu Goya: <em>\u201c\u00e9 a homenaxe \u00e1 forza do amor das mulleres fronte \u00e1 toler\u00eda dos homes\u201d<\/em>.<\/p>\n<p>n<\/p>\n<p>Con esta frase poder\u00edas imaxinar que as mulleres se mostran pacientes e compracentes, cando \u00e9 todo o contrario. Non son mulleres que aman mentres calan, son mulleres que te\u00f1en unha das mellores conversaci\u00f3ns interxeracionais que viu o cine. Para min foi especialmente poderosa a perspectiva que se ofreceu ao po\u00f1er en contraposici\u00f3n a unha muller totalmente aut\u00f3noma e que sab\u00eda o que fac\u00eda discutindo coa s\u00faa filla quen sufr\u00eda por ver a s\u00faa nai padecendo ao mesmo tempo que tem\u00eda a s\u00faa ca\u00edda na loucura.<\/p>\n<p>n<\/p>\n<p>Son as conversas o que m\u00e1is boto en falta na obra de Carla Sim\u00f3n a quen debemos agradecer por nos agasallar coa interpretaci\u00f3n de cantigas tradicionais cheas de historia e conseguir plasmar eses t\u00edpicos comentarios das relaci\u00f3ns disfuncionais, pero que deixou esquecida a ant\u00edtese de opini\u00f3ns coa que, considero, debemos tratar ao adentrarnos nestes debates.<\/p>\n<p>n<\/p>\n<h2 id=\"que-me-ofende-de-este-debate\">Que me ofende de este debate?<\/h2>\n<p>n<\/p>\n<p>Xa vos falei das feridas polas que creo <em>As Bestas<\/em> ofende a moitos galegos. Agora t\u00f3came revelar as mi\u00f1as propias feridas que me impulsaron a escribir este artigo ao sentirme invisibilizada, e dalg\u00fan xeito tam\u00e9n ofendida.<\/p>\n<p>n<\/p>\n<p>Din que <em>As Bestas<\/em> \u00e9 unha imaxe desfiguradora da xente do rural. Quero pensar que iso \u00e9 as\u00ed. \u00c9 m\u00e1is, sei que iso \u00e9 as\u00ed. Pero cando insisten en que os personaxes que se ven no filme non se necesitan representar m\u00e1is no cine faime sentir que est\u00e1n a negar a mi\u00f1a existencia.<\/p>\n<p>n<\/p>\n<p>Esta pel\u00edcula conta unha historia que sucedeu cando eu estaba medrando, ter\u00eda uns catorce ou quince anos. Eu medrei sendo arrastrada a eses bares nos que os vasos de alcol se beben como grolos \u00fanicos de elixir. Medrei escoitando esas conversas, eses tons ameazantes, eses berros. Un pode pensar que \u00e9 s\u00f3 cousa da mi\u00f1a experiencia, mais nos bares hai xente de todas as casas. Non digo que sexa unha realidade \u00fanica do mundo rural, e tampouco era a \u00fanica experiencia que se viv\u00eda no pobo, tam\u00e9n exist\u00edan os que non pasaban polo bar m\u00e1is que en d\u00edas de celebraci\u00f3n.<\/p>\n<p>n<\/p>\n<p>\u00c9 obvio que a violencia non \u00e9 \u00fanica de Galicia posto que no filme de <em>Alcarr\u00e1s<\/em> sofren do mesmo mal a\u00ednda que ningu\u00e9n morra no cami\u00f1o. Pero \u00e9 que son eses nenos ignorados, esas nenas criticadas, eses aos que menosprezaron e berraron mentres ti\u00f1an que ser educados os que medran para converterse en presas da indefensi\u00f3n aprendida ou en autores de crimes violentos. Son os que m\u00e1is adiante se deixan levar pola cobiza e as ansias de ambici\u00f3n para as\u00ed esquecer o pequenos que lles fixeron sentir.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Acaban de ser os Goya e con elo, o conflito estoupou. As Bestas recibiu un total de nove galard\u00f3ns acaparando a atenci\u00f3n de todos. Pero non toda a atenci\u00f3n \u00e9 positiva, as\u00ed pois, a rede inundouse de artigos de opini\u00f3n nos que a comunidade galega se mostraba desencantada pola imaxe do rural que o filme [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[],"class_list":["post-68","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/68","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=68"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/68\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=68"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=68"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=68"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}