{"id":63,"date":"2023-05-17T02:00:00","date_gmt":"2023-05-17T00:00:00","guid":{"rendered":"https:\/\/luciaferro.es\/posts\/socialismocapitalismo\/"},"modified":"2023-05-17T02:00:00","modified_gmt":"2023-05-17T00:00:00","slug":"a-xeracion-do-baby-boom-salvouna-o-liberalismo-a-nos-o-socialismo","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/2023\/05\/17\/a-xeracion-do-baby-boom-salvouna-o-liberalismo-a-nos-o-socialismo\/","title":{"rendered":"\u00c1 xeraci\u00f3n do Baby Boom salvouna o liberalismo, a n\u00f3s, o socialismo"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/luciaferro.es\/images\/IMG_1392_.jpg\" alt=\"Featured image of post \u00c1 xeraci\u00f3n do Baby Boom salvouna o liberalismo, a n\u00f3s, o socialismo\" \/><\/p>\n<p>Nas pr\u00f3ximas elecci\u00f3ns eu non vou votar, non porque non queira, se non porque non me est\u00e1 permitido xa que os galegos residindo no estranxeiro non poden participar nas elecci\u00f3ns municipais. Iso non significa que me despreocupe, todo o contrario, pois os resultados das elecci\u00f3ns determinar\u00e1n as mi\u00f1as posibilidades de retornar a Galicia.<\/p>\n<p>n<\/p>\n<p>Eu son filla deses que chaman <em>Boomers<\/em>, unha xeraci\u00f3n que naceu durante unha ditadura medrando coa esperanza do progreso econ\u00f3mico. A min t\u00f3came ser <em>Millenial<\/em>, nacidos no cume da prosperidade e madurando nas profundidades de m\u00faltiples crises. E quen son os Z? A incerteza na que se est\u00e1n forxando conv\u00e9rteos na <em>xeraci\u00f3n de cristal<\/em>, non porque rompan con facilidade, se non porque a honestidade m\u00e1is cristalina \u00e9 a \u00fanica baza da que dispo\u00f1en. Nas mans destas tres xeraci\u00f3ns est\u00e1 o futuro.<\/p>\n<p>n<\/p>\n<p>A cultura do esforzo pegou forte na primeira xeraci\u00f3n. Tiveron pais sufridores dun r\u00e9xime estrito no que, se non te adaptabas \u00e1s demandas do poder, as t\u00faas expectativas minguaba a golpe de porra. As\u00ed \u00e9 que ven a alternativa liberal con ollos larpeiros posto que lles ofrec\u00eda todo o que o puritanismo de Franco lles ti\u00f1a prohibido. A ditadura fixo que Espa\u00f1a fose atrasada no seu progreso tecnol\u00f3xico e industrial. Esta xeraci\u00f3n madurou vendo como outras naci\u00f3ns, ademais de maior liberdade, posu\u00edan abundantes luxos suculentos para o adulto en desenrolo, luxos que coa apertura do pa\u00eds a Europa semellaban finalmente ao seu alcance.<\/p>\n<p>n<\/p>\n<p>Nesta tesitura, os <em>Boomers<\/em> ti\u00f1an vinte anos e a oferta laboral era ampla. Se traballaban a esgalla, recib\u00edan di\u00f1eiro \u00e1 esgalla, e ese di\u00f1eiro gast\u00e1bano en compracer eses desexos materialistas que semellaban darlles a liberdade coa que non naceran. O traballo sen medida recompensounos reiteradamente. Foron frecuentes as vivendas en propiedade sen precisar hipoteca e o acumulo de obxectos, innecesarios para a supervivencia, manxares para o ego, iso que o meu grupo social denomina <em>postureo<\/em>. O liberalismo salv\u00e1baos das penurias dunha c\u00e1rcere mental creada polos barrotes que a pobreza dos seus proxenitores e a dureza do autoritarismo lles constru\u00edra.<\/p>\n<p>n<\/p>\n<p>Os <em>Milenials<\/em>, en cambio, observamos como ese traballo sen medida nin descanso desenlazaba na decepci\u00f3n. Vimos con ollos estudosos como a burbulla estoupaba e con ela o noso futuro. Aqueles que, a\u00ednda adolescentes, optaran por subirse \u00e1 ola do salario r\u00e1pido ofrecido polo mundo da construci\u00f3n e os seus derivados como o turismo, desfrutaron duns anos de abundancia que semellaban corroborar o que as xeraci\u00f3ns previas nos contaran. Pouco tardaron en sufrir a realidade, cun golpe devastador desapareceu a fartura, deix\u00e1ndoos sen estudos e sen medio de vida alg\u00fan.<\/p>\n<p>n<\/p>\n<p>Os que tivemos sorte, aproveitamos o que quedaba das becas que o goberno implantara durante esa \u00e9poca de florecemento, co temor constante de perdela, coa presi\u00f3n de escoller o cami\u00f1o equivocado, pero polo menos desfrutamos de catro anos dunha educaci\u00f3n superior que nos promet\u00eda un posto laboral digno. Ese plan, o de estudar na universidade e logo traballar nunha oficina como os <em>se\u00f1oritos<\/em>, todo o que fac\u00eda era prometer, pois rematamos a nosa formaci\u00f3n para atoparnos cun mercado laboral que non nos deixaba oco. Non s\u00f3 iso, se non que a xa asentada xeraci\u00f3n <em>Boomer<\/em>, retroced\u00eda sobre os seus pasos para adaptarse \u00e1 precariedade que tanto tem\u00edan. Por suposto que os universitarios puideron optar a empregos lixeiramente mellor pagados pero o  traballo sen medida nin descanso deixaba de supor unha fonte inesgotable de luxos materiais e convert\u00edase nunha competici\u00f3n pola mera supervivencia. Manter o status quo para evitar caer m\u00e1is baixo a\u00ednda \u00e9 a d\u00eda de hoxe o cantar de moitos paxaros. Sabemos que a rede de seguridade social que nos permitira estudar xa non estaba a\u00ed e por tanto,se caemos, non hai nada que nos poida soster.<\/p>\n<p>n<\/p>\n<p>Por elo \u00e9, que como <em>Millenial<\/em>, foi o socialismo o que me demostrou resultados ao darme a posibilidade de adquirir unha educaci\u00f3n que doutro xeito eu non poder\u00eda pagar e ao apoiarme cunha pensi\u00f3n de orfandade cando xa non hab\u00eda quen me apoiara. Por que cando naces nos primeiros chanzos da pir\u00e1mide o \u00fanico que che pode aliviar o sufrimento \u00e9 unha sociedade que non s\u00f3 ofreza unha terra prometida \u00e1 que chegar se non que lle asegure o bote salvavidas a cada un dos seus cidad\u00e1ns. Un pode nadar moi ben e bracear con perseveranza pero un oc\u00e9ano nunca se cruzar\u00e1 a nado.<\/p>\n<p>n<\/p>\n<p>A sociedade galega, ao igual que o mar Mediterr\u00e1neo, son augas perigosas para a xuventude. Temos, por un lado, unha xeraci\u00f3n que co\u00f1ece ben o orgullo dos <em>Boomers<\/em>, que se esforzaron m\u00e1is do que os seus corpos puideron asimilar ignorantes de que destru\u00edan a natureza ao seu paso. Por outra banda, est\u00e1 a impotente frustraci\u00f3n dos <em>Millenials<\/em>, que decepcionados por un so\u00f1o roto somos incapaces de imaxinar un futuro que non sexa dist\u00f3pico, e a mi\u00fado ficamos inm\u00f3biles ante a inxustiza.<\/p>\n<p>n<\/p>\n<p>Finalmente, aqueles que pertencen \u00e1 xeraci\u00f3n Z vense cun reloxo colgado ao colo que lles indica o tempo restante para a implosi\u00f3n do cambio clim\u00e1tico. Malia as s\u00faas lex\u00edtimas preocupaci\u00f3ns, non se lles permite entrar nas din\u00e1mica socioecon\u00f3micas e pol\u00edticas sen non est\u00e1n dispostos a someterse ao sistema neoliberal. Non \u00e9 sorpresa que, levados pola desesperaci\u00f3n, moitos acepten as condici\u00f3ns deix\u00e1ndose levar por praceres inmediatos que calmen temporalmente esa ansiedade e ese medos que os m\u00e1is vellos non sabemos como aliviar.<\/p>\n<p>n<\/p>\n<p>E \u00e9 que non os podemos responsabilizar, somos as xeraci\u00f3ns con m\u00e1is experiencia quen temos a obrigaci\u00f3n de ensinar aos m\u00e1is novos a navegar a vida, e somos as xeraci\u00f3ns previas as que nun principio, co noso exemplo, lles ensinamos a non permitirse sufrir e a gratificarse cando a mente chegou ao seu l\u00edmite. Est\u00e1selles a pedir que rendan, que produzan, que xeren, para logo, no canto de abundancia, deixarlles un planeta desbaratado e a responsabilidade de reconstru\u00edlo. \u00c9 l\u00f3xico que non lle atopen sentido a ese modo de vida, pois non o ten, xa que rendendo como o sistema esixe, producindo a este ritmo e xerando esa riqueza que fica s\u00f3 nas mans duns poucos, estamos agravando a situaci\u00f3n e empurr\u00e1ndoos cara un futuro a\u00ednda peor.<\/p>\n<p>n<\/p>\n<p>\u00c1 xeraci\u00f3n do <em>Baby Boom<\/em> salvouna o liberalismo, a n\u00f3s os <em>Millenials<\/em>, o socialismo; e preg\u00fantome eu: que os salvar\u00e1 a eles que desfrutan dos \u00edndices m\u00e1is altos de ansiedade e suicidio que se viron dende a segunda guerra mundial? A meritocracia? Esa cenoria neoliberal que nos fixo correr cada vez a maior velocidade pero que cada vez se afasta m\u00e1is? Ou un estado de benestar con altos impostos pero con abundantes axudas sociais?<\/p>\n<p>n<\/p>\n<p>S\u00f3 podo darvos unha resposta a esas preguntas e, como boa galega, tam\u00e9n acaba cun interrogante: Canta propiedade privada, cantos luxos e que gran fortuna ceder\u00edas se che asegurasen o amparo social necesario para una supervivencia digna de por vida?<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Nas pr\u00f3ximas elecci\u00f3ns eu non vou votar, non porque non queira, se non porque non me est\u00e1 permitido xa que os galegos residindo no estranxeiro non poden participar nas elecci\u00f3ns municipais. Iso non significa que me despreocupe, todo o contrario, pois os resultados das elecci\u00f3ns determinar\u00e1n as mi\u00f1as posibilidades de retornar a Galicia. n Eu [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[],"class_list":["post-63","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/63","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=63"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/63\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=63"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=63"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=63"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}