{"id":625,"date":"2025-09-10T15:57:31","date_gmt":"2025-09-10T13:57:31","guid":{"rendered":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/?p=625"},"modified":"2025-09-10T15:57:39","modified_gmt":"2025-09-10T13:57:39","slug":"palestina-son-o-teu-fogar-a-tua-familia-e-a-tua-vida","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/2025\/09\/10\/palestina-son-o-teu-fogar-a-tua-familia-e-a-tua-vida\/","title":{"rendered":"En Palestina est\u00e1 o futuro do teu fogar, a t\u00faa familia e a t\u00faa vida."},"content":{"rendered":"\n<p class=\"is-style-text-subtitle is-style-text-subtitle--1\">O cambio clim\u00e1tico \u00e9 un s\u00edntoma da enfermidade de avaricia m\u00e1is co\u00f1ecida como s\u00edndrome capitalista, o xenocidio do pobo palestino non \u00e9 m\u00e1is que outro. <\/p>\n\n\n\n<p>Todos estamos coa causa, esc\u00f3itase dicir \u00e1 maior\u00eda que fica en silencio, as guerras non gustan a ningu\u00e9n, como si se tratase dun suceso alleo a n\u00f3s, como si non nos afectase directamente. O xenocidio do pobo palestino non \u00e9 unha atrocidade de ocorre a miles de quil\u00f3metros, \u00e9 algo que se desenvolve a diario nas nosas vidas. Tr\u00e1tase dun sistema socioecon\u00f3mico que se sustenta na violencia indiscriminada e na explotaci\u00f3n m\u00e1is eficiente. Un capital que para sobrevivir ao fin do sistema que o xustifica precisa da guerra como o ser vivo da auga.  <\/p>\n\n\n\n<p>Recentemente, Netanyahu fixo alarde dun delirio enmascarado de sentimento relixioso que ameaza ao pobo de Israel coa s\u00faa autodestrucci\u00f3n en base a unha esperanza pouco realista de que un salvador mitol\u00f3xico (o mes\u00edas) o ve\u00f1a a salvar. Como argumento para un filme de Marvel est\u00e1 moi ben, no entanto, \u00e1 hora de dirixir un pa\u00eds resulta unha loucura. <\/p>\n\n\n\n<p>O estado zionista de Israel busca a loita definitiva contra o mundo enteiro a trav\u00e9s do sacrificio humano de nenos palestinos. Incapaz de vencer a vontade dun pobo que resiste a\u00ednda nas condici\u00f3ns m\u00e1is precarias, Netanyahu decidiu empregar a desesperaci\u00f3n como estratexia de guerra. Pouco a pouco a s\u00faa corrupci\u00f3n pol\u00edtica foise desvelando e non s\u00f3 o seu posto como presidente perigaba, tam\u00e9n a s\u00faa liberdade, polo que se viu entre acorralado. Tal como conta o relato do xeneral chin\u00e9s, cando viu que o combate chegaba ao seu fin e a derrota era inminente levou ao seu batall\u00f3n, neste caso a un pa\u00eds enteiro, ata as beiras dun r\u00edo, o r\u00edo da decencia humana. Ese d\u00eda foi no que tras crear e incentivar a organizaci\u00f3n de <em>Hamas<\/em>, decidiu empregala como ch\u00edo expiatorio para inicial un xenocidio. \u00c1 beira da indecencia onde se desprezan os dereitos humanos, ignorantes da posibilidade de se rendiren, os seus soldados e cidad\u00e1ns israel\u00eds atop\u00e1ronse cunha encrucillada, a crueldade xa comezara e eles non eran nin conscientes de que as s\u00faas mans estaban cheas de sangue. <\/p>\n\n\n\n<p>Cando estas a piques de perder unha batalla como \u00e9 o caso da carreira pol\u00edtica de Netanyahu, podes renderte e aceptar a t\u00faa derrota ou podes guiar aos teus soldados ata colocalos entre a espada e a parede para que decidan loitar ata a morte. Nunha das \u00faltimas enquisas deuse a co\u00f1ecer que o 47% dos israel\u00eds est\u00e1n de acordo con exterminar aos seus inimigos, actitude que lembra moito ao caso do guerreiro que pelexa pola s\u00faa propia vida. Os israel\u00eds non loitan pola s\u00faa propia vida mais si por defender a s\u00faa identidade, o seu ego. Durante anos permitiron o asasinato de seres humanos, e en particular, de crianzas, afund\u00edndose na miseria espiritual e emporcallando a s\u00faa moral. Chegados a este momento, reco\u00f1ecer o xenocidio do cal son part\u00edcipes xa sexa por intervenci\u00f3n directa como por neglixencia \u00e9 incriblemente doloroso, que lles queda, pois, mais que prestarse voluntarios a colaborar no delirio relixioso do seu ditador. As crenzas relixiosas sen autocr\u00edtica converte ao ser humano en presas de psic\u00f3patas na procura de servos descerebrados. As\u00ed que, si, os turistas israel\u00eds que este ver\u00e1n xeraron alborotos por todo o mundo probablemente non crean que matar nenos est\u00e1 ben, o m\u00e1is seguro \u00e9 que non queiran reco\u00f1ecer que \u00e9 iso o que co seu silencio levan tanto tempo facendo. <\/p>\n\n\n\n<p>Por\u00e9n, a hipocris\u00eda non se limita ao pobo israel\u00ed, o mundo enteiro, aferr\u00e1ndose ao capitalismo, un sistema econ\u00f3mico inherentemente antidemocr\u00e1tico, non fai m\u00e1is que lexitimar o que ocorre en Palestina. Este xenocidio, xunto con outras moitas guerras que houbo e a\u00ednda hai como a de Xemen ou Sud\u00e1n, tr\u00e1tase dunha representaci\u00f3n relixiosa do <em>aceleracionismo<\/em> , esa corrente de pensamento promovida polos capitalistas que non s\u00f3 se negan a deter a explotaci\u00f3n que produce o crecemento econ\u00f3mico infinito sen\u00f3n que apostan por pisar o acelerador e xerar unha situaci\u00f3n a\u00ednda m\u00e1is nefasta mentres conf\u00edan en que o desenvolvemento da intelixencia artificial resulte nunha singularidade que nos salve a todos. Outro mes\u00edas que, si ben este non est\u00e1 vivo nin ten corpo de carne e \u00f3so, si consume enerx\u00eda e precisa de recursos como metais e minerais de terras raras para existir; \u00e9 dicir, unha idea co mesmo grado de delirio tendo en conta o contexto da crise clim\u00e1tica.<\/p>\n\n\n\n<p>O xenocidio do pobo palestino une ao pobo israel\u00ed que ans\u00eda atraer a un mes\u00edas que os salve de confrontar a realidade. O cidad\u00e1n que apoiou o sistema capitalista como xerador de prosperidade e observa como as novas xeraci\u00f3ns se v\u00e9n privadas do b\u00e1sico e s\u00f3 esperan m\u00e1is precariedade, teme reco\u00f1ecer a s\u00faa equivocaci\u00f3n e busca crear ese mes\u00edas so\u00f1ado co impulso tecnol\u00f3xico que o capital considera conveniente impulsar. E que pasa cos resto? Cos que espertamos do so\u00f1o, cos que sa\u00edmos do delirio e desexamos avistar a realidade que nos alberga co fin de responsabilizarnos e crear un futuro mellor? Que podemos facer?<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-full\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"640\" height=\"427\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-content\/uploads\/sites\/3\/2025\/09\/cole-keister-YGFyjZEDxf0-unsplash.jpg\" alt=\"Grafitti do &quot;Cami\u00f1o \u00e1 Paz&quot; feito sobre o muro de Netiv HaAsara preto do boder con Gaza. Unha pomba branca sobrevoa a mensaxe escrita en ingl\u00e9s &quot;Path to Peace&quot; que tam\u00e9n aparece en hebreo e \u00e1rabe. \" class=\"wp-image-638\" srcset=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-content\/uploads\/sites\/3\/2025\/09\/cole-keister-YGFyjZEDxf0-unsplash.jpg 640w, https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-content\/uploads\/sites\/3\/2025\/09\/cole-keister-YGFyjZEDxf0-unsplash-300x200.jpg 300w\" sizes=\"auto, (max-width: 640px) 100vw, 640px\" \/><\/figure>\n\n\n\n<p>Os movementos sociais do pasado foron tradicionalmente acompa\u00f1ados de violencia. Para moita xente a revoluci\u00f3n semella ir sempre acompa\u00f1ada do adxectivo &#8220;armada&#8221; pois a protesta pac\u00edfica non se lles presenta suficiente. Non se lles pode culpar sendo que incluso nos pa\u00edses m\u00e1is democr\u00e1ticos do mundo vemos como o noso voto non cambia en demas\u00eda as din\u00e1micas estruturais da sociedade. Non por iso debemos abandonar a protesta e manternos afastados da violencia, a \u00fanica maneira de facerlle fronte \u00e1 crueldade \u00e9 mantendo a coherencia entre o noso discurso e as nosas acci\u00f3ns. <\/p>\n\n\n\n<p>Se optamos pois polo cami\u00f1o da paz, as regras non foron escritas. \u00c9 un proceder que precisa ser inventado, os seus m\u00e9todos chegan ata onde chegan porque non foron a\u00ednda desenvoltos. Insisto, non por iso debemos desistir, pois o existe o cami\u00f1o incluso cando n\u00f3s desco\u00f1ecemos a ruta. Por sorte temos comp\u00e1s, f\u00edo e agulla. Miramos ao norte que \u00e9 a procura dun mundo baseado na paz e fiamos redes sobre as que poidan caer aqueles que o sistema deixa caer entre as gretas. Resistimos a tentaci\u00f3n de converternos en servos da rabia e a avaricia. Dedicamos tempo a imaxinar a alternativa, a falar dela cando lidamos cos que desesperan para que eles tampouco caian nas trampas do ego. E seguimos protestando pacificamente cada d\u00eda que temos a oportunidade de facelo, sempre opo\u00f1\u00e9ndonos ao xenocidio do pobo palestino sen favorecer o delirio de guerra relixiosa dos seus asasinos. <\/p>\n\n\n\n<p>Pero non abonda con iso, non chega con alzar pancartas ou escribir artigos de blog. Non abonda con saber que o sistema debe cambiar, non chega con desexar o cambio, o cambio hai que propicialo. Por sorte, vivimos inmersos no capitalismo, e do mesmo xeito que nos ten agarrados, tam\u00e9n depende de n\u00f3s. O capital depende da nosa forza de traballo, do noso consumo, da nosa cooperaci\u00f3n. O capital ten m\u00e1is que perder do que realmente cremos n\u00f3s. A bolsa bas\u00e9ase nas nosas crenzas, no momento que deixamos de crer nas s\u00faas compa\u00f1\u00edas, estas deixan de existir en cuesti\u00f3n de d\u00edas. Se deixamos de consumir os seus procesados envelenados, estes deixar\u00e1n de ser producidos. E sobre todo, no momento que deixamos de traballar para eles, o seu capital podrece. <\/p>\n\n\n\n<p>O traballo \u00e9 a fonte de riqueza do ser humano, non porque se venda aos capitalistas, sen\u00f3n porque con el moldeamos a realidade material pero tam\u00e9n a inmaterial. Non podemos continuar ignorando o poder que si temos para deixarnos fascinar polo poder que o 1% da poboaci\u00f3n acumulou a costa de n\u00f3s lles fiar o noso tempo de vida. Ser intolerantes co capital mal invertido \u00e9 urxente pois tr\u00e1tase da plusval\u00eda que fai uns s\u00e9culos o ser humano so\u00f1aba con inverter nun futuro m\u00e1is igualitario e sostible que nos permitise desfrutar m\u00e1is das nosas vidas. <\/p>\n\n\n\n<p>Se temos a posibilidade de traballar menos para o capital e decidimos pola contra inverter esa forza de traballo en constru\u00edr redes e en transformar a cultura da Terra, temos daquela un poder de acci\u00f3n enorme, temos a capacidade de cambiar as cousas. <\/p>\n\n\n\n<p>Deixar de traballar para o capital manif\u00e9stase de moitas formas. Modificar o noso consumo para consumir menos e mellor redirixe o fluxo de di\u00f1eiro cara proxectos transformadores e alimenta a procreaci\u00f3n doutros similares. Boicotear a grandes emprezas \u00e9 crucial. Escoller o emprego segundo a pegada que deixa na sociedade e non o estatus social ou econ\u00f3mico que a un lle proporciona forza ao capital a apostar por inversi\u00f3ns ali\u00f1adas cun futuro igualitario e sostible. Rexeitar empregos que ofrecen grandes cantidades de di\u00f1eiro por levar a cabo proxectos nocivos \u00e9 crucial.  Ser valente \u00e1 hora de tomar este tipo de decisi\u00f3ns ten moita m\u00e1is significancia da que se lle est\u00e1 a dar. Unha soa pinga de auga non molla, iso \u00e9 certo, pero non podemos esquecer que a goteira que nos inundou o faiado estaba feita de moitas pingas de auga individuais que persistiron en facer uso da mesma forza de gravidade da que todos desfrutamos. Insistir no punto d\u00e9bil do capital, e por ende do financiamento de Israel como estado xenocida, \u00e9 crucial.<\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O cambio clim\u00e1tico \u00e9 un s\u00edntoma da enfermidade de avaricia m\u00e1is co\u00f1ecida como s\u00edndrome capitalista, o xenocidio do pobo palestino non \u00e9 m\u00e1is que outro. Todos estamos coa causa, esc\u00f3itase dicir \u00e1 maior\u00eda que fica en silencio, as guerras non gustan a ningu\u00e9n, como si se tratase dun suceso alleo a n\u00f3s, como si non [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":636,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[54,99,65,20,46,31,89,107,100,32,121,30,119,118,63,1,53,120],"tags":[60,57,58,22,102,33,123,25,122,125,82,55,124],"class_list":["post-625","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-bencomun","category-ciencia","category-combustibles-fosiles","category-comunicacion","category-comunidad","category-consciencia","category-contaminacion-ambiental","category-cultura","category-enxeneria","category-filosofia","category-genocidio","category-humanidad","category-palestina","category-paz","category-saude","category-sen-categoria","category-tecnoloxia","category-xenocidio","tag-anticapitalismo","tag-bencomun","tag-capitalismo","tag-comunicacion","tag-cultura","tag-filosofia","tag-genocidio","tag-humanidade","tag-palestina","tag-paz","tag-saude","tag-tecnoloxia","tag-xenocidio"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/625","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=625"}],"version-history":[{"count":12,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/625\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":640,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/625\/revisions\/640"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/media\/636"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=625"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=625"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=625"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}