{"id":621,"date":"2025-11-12T18:38:09","date_gmt":"2025-11-12T17:38:09","guid":{"rendered":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/?p=621"},"modified":"2025-11-12T18:38:14","modified_gmt":"2025-11-12T17:38:14","slug":"o-look-que-romperia-co-elitismo-e-ofreceria-unha-alternativa-con-mais-conciencia-de-clase-precisa-da-nosa-indignacion","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/2025\/11\/12\/o-look-que-romperia-co-elitismo-e-ofreceria-unha-alternativa-con-mais-conciencia-de-clase-precisa-da-nosa-indignacion\/","title":{"rendered":"O &#8220;look&#8221; que romper\u00eda co elitismo e ofrecer\u00eda unha alternativa con m\u00e1is conciencia de clase precisa da nosa indignaci\u00f3n"},"content":{"rendered":"\n<p>Non vos enganedes, isto non se trata dun artigo de moda, nin moito menos dunha listaxe de consellos est\u00e9ticos para disimular a nosa clase social con prendas fabricadas co sufrimento doutros. Isto tr\u00e1tase dunha protesta en contra da perfecci\u00f3n, de ir de domingo un luns calquera, de ter que mercar roupa cada estaci\u00f3n ou de desfacerse do mellor ch\u00e1ndal s\u00f3 porque o xabr\u00f3n o descolorou un chisco.<\/p>\n\n\n\n<p>Seguro que co\u00f1eces a frustraci\u00f3n de meter na lavadora a t\u00faa camiseta favorita e que saia coa mesma mancha de tomate coa que a metiches. Frotas, volves a metela e sae un pouco m\u00e1is tenue, mais segue a notarse o suficiente como para que a relegues a &#8220;roupa de andar pola casa&#8221;. Por que? Por que o facemos? Por que desprezamos a calor que nos d\u00e1, a comodidade que nos achega, todo por unha marca de medio cent\u00edmetro froito da entrop\u00eda que mant\u00e9n este mundo a xirar. <\/p>\n\n\n\n<p>N\u00e9gome a continuar con esta inxustiza, que comeza no tecido branco e remata na pel de quen non se pode permitir ir de compras a cada pouco.<\/p>\n\n\n\n<p>Un tema que me parece non recibe abonda atenci\u00f3n en todo o debate da transici\u00f3n ecosocial \u00e9 a roupa. Polo menos considero que non se lle est\u00e1 dando a reviravolta que precisa. Falamos de empregar roupa de segunda man ou mercar aquelas prendas de orixe ecol\u00f3xico que respecten os dereitos humanos. E decontado caemos no dilema de que non todo o mundo se pode pagar un xersei de setenta euros e uns vaqueiros de cento vinte. O seguinte paso \u00e9 dar licencia para ser incoherentes, para que aqueles que te\u00f1an dificultades econ\u00f3micas non sexan xulgados \u00e1 hora de acceder a roupa m\u00e1is barateira e menos \u00e9tica. Mais por a\u00ed non est\u00e1 o cambio que buscamos, non est\u00e1 a soluci\u00f3n. Tr\u00e1tase s\u00f3 dun parche, dunha venda que lle po\u00f1emos \u00e1s feridas do sistema cando o sangue brota en todas as direcci\u00f3ns. <\/p>\n\n\n\n<p>Por iso hoxe ve\u00f1o a indignarme e a reclamar o dereito de lucir esas manchas que non se van. Rexeito, ademais, a proposta de empregar qu\u00edmicos abrasivos para eliminalas, pois do contrario non escribir\u00eda <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/2025\/10\/29\/basta-de-tecnoloxia-para-curar-o-cancro-fagamola-para-evitalo\/\">un artigo fai un par de semanas incidindo na necesidade de evitalos<\/a>. Esixo poder levar a roupa descolorada polos lavados sen que a mi\u00f1a hixiene se po\u00f1a en cuesti\u00f3n. Se est\u00e1 descolorada ser\u00e1 que se lavou, creo eu que a l\u00f3xica a\u00ed \u00e9 esmagadora. Desprezo a ditadura da &#8220;decencia est\u00e9tica&#8221; que non responde a criterios de sa\u00fade ou boa convivencia. <\/p>\n\n\n\n<p>At\u00e1scome nesta idea da mancha de tomate na camiseta branca porque penso que normalizala outorgar\u00edalle liberdade \u00e1s clases m\u00e1is desfavorecidas e a calquera que non sexa a elite. Aceptemos un f\u00edo solto, un bot\u00f3n perdido e reposto por outro que non pega, un tecido desgastado pero que a\u00ednda abriga, unha combinaci\u00f3n de cores irreverente&#8230; Amarelo, vermello e rosa!<\/p>\n\n\n\n<p>C\u00fastame moito entender o cerebro que xulga a outras persoas por como loce a roupa, pola est\u00e9tica que exhibe ou pola expresi\u00f3n art\u00edstica que ofrece a trav\u00e9s da s\u00faa vestimenta, mentres que deixa para m\u00e1is adiante a conversa profunda que realmente demostra a virtude do esp\u00edrito. E a pesares da disonancia cognitiva non podo negar o feito de que, durante moito tempo, tratei de axustarme a esa &#8220;decencia est\u00e9tica&#8221; preestablecida co fin de non sentir as consecuencias do xu\u00edzo p\u00fablico. <\/p>\n\n\n\n<p>Lembro cando estaba na universidade e contaba as moedas que levaba no peto para saber se ese d\u00eda pod\u00eda pedir os mesmos manxares que as mi\u00f1as compa\u00f1eiras ou ese d\u00eda deb\u00eda declararme saciada antes de tempo. O entretemento daquel grupo de rapazas coas que nunca acabei de encaixar era o t\u00edpico: pasar a tarde de tendas nun centro comercial. Se a dificultade econ\u00f3mica que eu experimentaba me fac\u00eda cuestionarme os meus alimentos, podedes imaxinar o sen sentido que era para min moverme por aquelas tendas. <\/p>\n\n\n\n<p>A d\u00eda de hoxe xa non me te\u00f1o que preocupar de canto me vai custar o caf\u00e9 e tampouco preciso mirar moito o prezo da roupa, dentro duns l\u00edmites, claro, que seguimos a ser clase obreira. O que quero dicir \u00e9 que a\u00ednda sen sufrilo no presente non deixo de pensar nesa rapaci\u00f1a que escoitaba as cr\u00edticas das s\u00faas &#8220;amigas&#8221; e era incapaz de adaptarse ao est\u00e1ndar que a sociedade esix\u00eda dela. E non o quero esquecer, pois lembrarme dela perm\u00edteme cuestionarme a industria de roupa \u00e9tica. <\/p>\n\n\n\n<p>A roupa ha de ser \u00e9tica, iso sempre, mais a cultura da moda precisa ser criticada tam\u00e9n dende a est\u00e9tica. A beleza vai m\u00e1is al\u00e1 dunha mancha de tomate ou dun f\u00edo f\u00f3ra de sitio. A dignidade humana vai m\u00e1is al\u00e1 do aspecto que un consiga ter, importan tam\u00e9n cantos principios e valores persoais tivo que abandonar para poder obter un <em>look<\/em> &#8220;decente&#8221;. No que se refire \u00e1 transici\u00f3n ecosocial da roupa, \u00e9 imprescindible redefinir o est\u00e1ndar est\u00e9tico que consideramos necesario para tratar con respecto a outra persoa ou para manter unha boa convivencia, doutro xeito estaremos a dar voltas na rodi\u00f1a do capitalismo sen chegar nunca a quebrala. <\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Non vos enganedes, isto non se trata dun artigo de moda, nin moito menos dunha listaxe de consellos est\u00e9ticos para disimular a nosa clase social con prendas fabricadas co sufrimento doutros. Isto tr\u00e1tase dunha protesta en contra da perfecci\u00f3n, de ir de domingo un luns calquera, de ter que mercar roupa cada estaci\u00f3n ou de [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":778,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[54,148,31,107,132,149,32,30,146,147,1],"tags":[60,57,58,145,143,48,25,141,142,82],"class_list":["post-621","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-bencomun","category-conciencia-de-clase","category-consciencia","category-cultura","category-ecoloxismo","category-estetica","category-filosofia","category-humanidad","category-moda","category-roupa","category-sen-categoria","tag-anticapitalismo","tag-bencomun","tag-capitalismo","tag-conciencia-de-clase","tag-estetica","tag-filosofia-2","tag-humanidade","tag-moda","tag-roupa","tag-saude"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/621","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=621"}],"version-history":[{"count":5,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/621\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":781,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/621\/revisions\/781"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/media\/778"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=621"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=621"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=621"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}