{"id":62,"date":"2023-07-06T02:00:00","date_gmt":"2023-07-06T00:00:00","guid":{"rendered":"https:\/\/luciaferro.es\/posts\/cobardiabandeiraqueer\/"},"modified":"2023-07-06T02:00:00","modified_gmt":"2023-07-06T00:00:00","slug":"a-covardia-de-colgar-unha-bandeira-gay","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/2023\/07\/06\/a-covardia-de-colgar-unha-bandeira-gay\/","title":{"rendered":"A covard\u00eda de colgar unha bandeira gay"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/luciaferro.es\/images\/jack-lucas-smith-iAPubMGMJuY-unsplash.jpg\" alt=\"Featured image of post A covard\u00eda de colgar unha bandeira gay\" \/><\/p>\n<h3 id=\"heading\"><\/h3>\n<p>n<\/p>\n<p>No pasado mes de xu\u00f1o moitos concellos galegos colgaron a bandeira do orgullo en balc\u00f3ns e pontes para facer saber que eles son de esquerdas e te\u00f1en principios como a liberdade e a xustiza social. A visibilidade \u00e9 importante, pero a visibilidade tam\u00e9n \u00e9 a mi\u00fado unha farsa.<\/p>\n<p>n<\/p>\n<p>De que serve que os veci\u00f1os dun pobo presuman de colgar unha bandeira multicolor se ven a violencia ante os seus ollos e p\u00e9channos para esquecer que est\u00e1 a\u00ed. Dir\u00e1n que non \u00e9 o seu lugar. Que non poden facer nada. Que mellor  deixarllo \u00e1 persoa indicada. E quen \u00e9 esa persoa? Por desgraza, o maltratador. Por suposto ese termo non o mencionan pois para eles \u00e9 simplemente un veci\u00f1o m\u00e1is, &ldquo;coas s\u00faas cousi\u00f1as como todo cristi\u00e1n&rdquo;.<\/p>\n<p>n<\/p>\n<p>E \u00e9 que todo iso \u00e9 certo. Defender os dereitos dos m\u00e1is vulnerables non \u00e9 un lugar que che caia do ceo, \u00e9 unha posici\u00f3n que se escolle, \u00e9 unha tarefa que se fai por gusto, por demostrarse a un mesmo que \u00e9 consistente cos seus principios. Un ten que escoller p\u00f3rse nese lugar, pois do contrario todo o que xurdir\u00e1 ser\u00e1 resentimento e frustraci\u00f3n.<\/p>\n<p>n<\/p>\n<p>A decisi\u00f3n de por unha bandeira nun lugar tan visible, como \u00e9 de esperar, xera unha reacci\u00f3n violenta por parte da poboaci\u00f3n machista. Hai quen o ve como un acto valente, iso de se &ldquo;atrever&rdquo; a mostrar as sete cores do arco da vella, mais a valent\u00eda s\u00f3 aparece cando existe o medo, non cando un se sente rebelde.<\/p>\n<p>n<\/p>\n<p>Se esa visibilizaci\u00f3n non est\u00e1 acompa\u00f1ada dunha comunidade que ofreza protecci\u00f3n \u00e1 poboaci\u00f3n vulnerable, as consecuencias desa fachada sen soporte real rematan por incrementar o discomfort que as persoas discriminadas xa sofr\u00edan. Defender os dereitos da parte m\u00e1is violentada da poboaci\u00f3n non consiste en pensar que todos somos iguais. Defender \u00e9 un verbo e por tanto unha acci\u00f3n. Defender significa mediar, mollar os p\u00e9s para que os que est\u00e1n empapados de discriminaci\u00f3n se poidan secar ao sol durante un par de horas.<\/p>\n<p>n<\/p>\n<p>Pronto facemos escusas como que hai dous tipos de inmigraci\u00f3n, os traballadores (que se deixan explotar) e os lacaz\u00e1ns (que esixen o respecto humano que todos merecemos polo simple feito de ter nacido). Ou iso de que &ldquo;ser gay est\u00e1 ben pero non fai falta andar prego\u00e1ndoo por a\u00ed.&rdquo; Non sorprende que logo ve\u00f1an as manifestaci\u00f3n post-mortem cando unha muller \u00e9 asasinada. Daquela os morados na cara xa non atopan escusas porque van acompa\u00f1ados do silencio dun latexo interrumpido.<\/p>\n<p>n<\/p>\n<p>\u00c9 por iso que non entendo porqu\u00e9 cando unha muller maltrada d\u00e1 o paso e se afasta do seu maltratador ningu\u00e9n dubida en comprar o discurso fabricado deste mesmo quen converte \u00e1 v\u00edtima nunha &ldquo;hist\u00e9rica&rdquo;.<\/p>\n<p>n<\/p>\n<p>O m\u00e1is amargo de todo isto \u00e9 que si, a muller que se foi est\u00e1 tola. E como non ha de estalo? As v\u00edtimas que si sobreviven fix\u00e9rono durante anos nun ambiente tan t\u00f3xico como o veleno que sae dunha cheminea industrial.<\/p>\n<p>n<\/p>\n<blockquote><p>n<\/p>\n<p>O maltrato entolece e afea \u00e1 persoa, mais a indiferenza a ese maltrato \u00e9 a aprobaci\u00f3n do mesmo. \u00c9 violencia social, de feito, pois a neglixencia tam\u00e9n \u00e9 maltrato.<\/p>\n<p>n<\/p><\/blockquote>\n<p>n<\/p>\n<p>Semella que todos somos ignorantes dos efectos que provoca a violencia psicol\u00f3xica. Semella que o estr\u00e9s post-traum\u00e1tico co que ten que lidiar a persoa maltratada \u00e9 un luxo que se toma. Xa vos digo eu que non. Que a persoa que sae dunha relaci\u00f3n de maltrato, sexa amorosa, familiar ou incluso de amizade, sae de a\u00ed coa cabeza feita farrapos. Esa persoa vai a quedar en rid\u00edculo socialmente porque leva anos reprimindo unha rabia tal que non se pode xestionar de s\u00fapeto, leva tempo. E non por soltala de maneira histri\u00f3nica  ou pouco asertiva \u00e9 menos lex\u00edtima. Si, ha de cometer erros, pero mentres que eses erros non se volvan violencia f\u00edsica ou psicol\u00f3xica, non se poden comparar cos da persoa que a agrediu nun principio.<\/p>\n<p>n<\/p>\n<p>A persoa que maltrata destr\u00fae \u00e1 v\u00edtima por dentro e roub\u00e1ndolle a alma para deixala cunha morea de pezas de puzzle sen caixa na que buscar unha gu\u00eda para reconstru\u00edrse a vida. A persoa que maltrata foi unha v\u00edtima que decidiu repetir o dano que recibiu no pasado e perpetuar as\u00ed a cultura de violencia e manipulaci\u00f3n que lle agreou a vida. Converter a merda en abono \u00e9 posible, pero require esforzo e alg\u00fan que outro fracaso.<\/p>\n<p>n<\/p>\n<p>A mi\u00fado non \u00e9 f\u00e1cil distinguir \u00e1 persoa violenta da violentada pois o narcisismo \u00e9 carism\u00e1tico. Abren a porta da casa e sacan un sorriso, fan comedia e act\u00faan tan ben que todos lle aplauden. \u00c9 dif\u00edcil apuntarlles co dedo, porque en canto lle vemos o rabo ao lobo, recordamos a nosa propia fraxilidade e \u00e9ntranos o medo. O medo, recordade, \u00e9 o que dita a valent\u00eda. As\u00ed que para solucionalo, para aliviar ese medo, p\u00f3\u00f1ense bandeiras na praza do pobo. E f\u00e1lase de espazos libres de violencia machista como se algunha vez se fixese un esforzo activo por realmente constru\u00edr dito lugar. Porque visibilizar \u00e9 moito m\u00e1is f\u00e1cil que po\u00f1er a man en alto. Por que as palabras baleiras limpan a conciencia e iso perm\u00edtenos durmir. E con isto non culpo a ningu\u00e9n en particular. Nin a quen puxo a bandeira, nin a quen pechou os ollos. Culpo se cadra \u00e1 covard\u00eda dunha esquerda chea de ideais que comparto e escasa de ferramentas emocionais que eu tam\u00e9n estou a aprender.<\/p>\n<p>n<\/p>\n<p>Espero que no futuro, ademais de bandeiras, atope tam\u00e9n axuda real \u00e1 cidadan\u00eda vitimizada, lugares nos que durante d\u00faas horas esas v\u00edtimas poidan erguer o queixo e dicir &ldquo;Estou aqu\u00ed&rdquo; para logo volver a unha casa na que as prefiren invisibles e ocultas tras a cortina deste teatro que \u00e9 a vida.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>n No pasado mes de xu\u00f1o moitos concellos galegos colgaron a bandeira do orgullo en balc\u00f3ns e pontes para facer saber que eles son de esquerdas e te\u00f1en principios como a liberdade e a xustiza social. A visibilidade \u00e9 importante, pero a visibilidade tam\u00e9n \u00e9 a mi\u00fado unha farsa. n De que serve que os [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[],"class_list":["post-62","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/62","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=62"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/62\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=62"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=62"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=62"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}