{"id":610,"date":"2025-09-24T13:00:00","date_gmt":"2025-09-24T11:00:00","guid":{"rendered":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/?p=610"},"modified":"2025-09-22T17:48:09","modified_gmt":"2025-09-22T15:48:09","slug":"os-trasnos-e-os-activistas-mitoloxicos-arredor-do-mundo","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/2025\/09\/24\/os-trasnos-e-os-activistas-mitoloxicos-arredor-do-mundo\/","title":{"rendered":"Os trasnos e os activistas mitol\u00f3xicos arredor do mundo"},"content":{"rendered":"\n<p>Na illa de Okinawa (Xap\u00f3n) ch\u00e1manlle Kijimuna, ten o aspecto dunha crianza de tres anos e leva o cabelo de cor vermella intensa. Na pen\u00ednsula do Labrador (Canad\u00e1) os Innu falan de Kuekuatsheu, un pequeno mam\u00edfero carn\u00edvoro que se asemella a un osi\u00f1o con mal xenio e musculoso. No norte da pen\u00ednusla ib\u00e9rica, pux\u00e9moslle o nome de trasno, trasgo ou tragu a unha criatura humanoide de cor verdosa ou amarronada con orellas puntiagudas que acostuma a facer picard\u00edas. <\/p>\n\n\n\n<p>Cada cultura ten o seu personaxe que representa a necesidade dun caos controlado que mostre unha perspectiva diferente e as\u00ed abra novas v\u00edas de pensamento e reflexi\u00f3n. Os gregos ti\u00f1an aos s\u00e1tiros e os romanos aos faunos, ambos cun corpo que era metade humano e metade cabra. Os celtas irlandeses  botan da man das fadas (<em>sidhe<\/em>) para exemplificar a eses seres divertidos e caprichosos capaces de outorgar bendici\u00f3ns ou causar desgracias. E na espiritualidade Yoruba d\u00e1selle o nome de Eshu, entre outros, a un importante mensaxeiro da divinidade que resulta imprevisible que se mostra \u00e1xil e disposto a ser retado.<\/p>\n\n\n\n<pre class=\"wp-block-preformatted\"><em>Traviesos<\/em>, err\u00e1ticos, divertidos, inesperados, caprichosos, temperamentais.... Coa capacidade de resolverlle grandes dificultades ao humano ou de po\u00f1erlles complexos atrancos. Xenerosos e vingativos. <\/pre>\n\n\n\n<p>Non importa que cultura antiga estude que acabo atopando un personaxe con estas caracter\u00edsticas. De feito, non s\u00f3 todas elas lle deixan un oco na s\u00faa mitolox\u00eda e espiritualidade, sen\u00f3n que se lles presta unha atenci\u00f3n especial.<\/p>\n\n\n\n<p>Estes seres son, con frecuencia, os protagonistas de historias contadas con obxectivos educativos. Non son historias sinxelas, prestan unha base para a reflexi\u00f3n. Estes bromistas simbolizan a capacidade de adaptabilidade e supervivencia do ser humano, a mi\u00fado empregando a intelixencia e o humor para navegar e desafiar as normas sociais. <\/p>\n\n\n\n<p>Te\u00f1en tam\u00e9n un marcado sentido da xustiza con principios moi asentados que defenden con bravura. Se os l\u00edmites do que protexen son transgredidos, non dubidan en reaccionar con \u00edmpeto e ferocidade ata que se restablece o equilibrio.<\/p>\n\n\n\n<pre class=\"wp-block-code\"><code>Non se asemella todo iso ao activismo?<\/code><\/pre>\n\n\n\n<p>\u00c9 ben sabido que a nosa sociedade actual mora lonxe da espiritualidade como se esta fose unha debilidade, e non un complemento, para o pensamento cient\u00edfico. Os gobernos e autoridades est\u00e1n castigando e perseguindo a activistas que ousan desafiar as normas para denunciar causas tan xustas como a clim\u00e1tica ou a palestina. Apoiando esa contrariedade o groso da poboaci\u00f3n cuestiona os m\u00e9todos do activismo, que si estragar un cadro do Museo do Prado \u00e9 un acto inadmisible, que si deter un acto deportivo como a volta ciclista \u00e9 problem\u00e1tico&#8230;Todos eles actos pac\u00edficos pois af\u00e1stanse da revoluci\u00f3n tradicional que se mal non lembro era armada. E mentres tanto, os desastres naturais rep\u00edtense e os mortos en Gaza aumentan porque antepo\u00f1emos un obxecto art\u00edstico ou un entretemento televisivo \u00e1 vida de miles de mill\u00f3ns de persoas. <\/p>\n\n\n\n<p>Segundo as culturas antigas, os l\u00edmites dos dereitos humanos universais non poder\u00edan ser atravesados sen que os temperamentais bromistas fixesen algo ao respecto. A sabedor\u00eda parece dicirnos que a rebeli\u00f3n feita con gusto e alegr\u00eda, \u00e9 o mellor cami\u00f1o para defender os lindes da humanidade, da empat\u00eda, da sensibilidade. No canto de encadear a d\u00faas activistas por emporcar un cadro, ou a un cantos rapaces por entorpecer unha carreira, podemos culpar aos trasnos pois sendo protectores da natureza ao seu particular estilo, non cabe d\u00fabida de que ter\u00edan moito que dicir.  <\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Na illa de Okinawa (Xap\u00f3n) ch\u00e1manlle Kijimuna, ten o aspecto dunha crianza de tres anos e leva o cabelo de cor vermella intensa. Na pen\u00ednsula do Labrador (Canad\u00e1) os Innu falan de Kuekuatsheu, un pequeno mam\u00edfero carn\u00edvoro que se asemella a un osi\u00f1o con mal xenio e musculoso. No norte da pen\u00ednusla ib\u00e9rica, pux\u00e9moslle o [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":666,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[20,31,89,107,32,30,1],"tags":[22,102,48,25],"class_list":["post-610","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-comunicacion","category-consciencia","category-contaminacion-ambiental","category-cultura","category-filosofia","category-humanidad","category-sen-categoria","tag-comunicacion","tag-cultura","tag-filosofia-2","tag-humanidade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/610","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=610"}],"version-history":[{"count":7,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/610\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":667,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/610\/revisions\/667"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/media\/666"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=610"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=610"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=610"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}