{"id":61,"date":"2023-09-22T02:00:00","date_gmt":"2023-09-22T00:00:00","guid":{"rendered":"https:\/\/luciaferro.es\/posts\/enfermeriagalegaemigrada\/"},"modified":"2023-09-22T02:00:00","modified_gmt":"2023-09-22T00:00:00","slug":"e-a-emigracion-unha-solucion-ao-descontento-das-enfermeiras-galegas","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/2023\/09\/22\/e-a-emigracion-unha-solucion-ao-descontento-das-enfermeiras-galegas\/","title":{"rendered":"\u00c9 a emigraci\u00f3n unha soluci\u00f3n ao descontento das enfermeiras galegas?"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/luciaferro.es\/images\/angel53031076401.jpg\" alt=\"Featured image of post \u00c9 a emigraci\u00f3n unha soluci\u00f3n ao descontento das enfermeiras galegas?\" \/><\/p>\n<h3 id=\"o-relato-de-tres-emigrantes\">O relato de tres emigrantes<\/h3>\n<p>n<\/p>\n<p>Galicia \u00e9 unha comunidade que sufre moita emigraci\u00f3n afectando a unha gran variedade de \u00e1mbitos e en especial \u00e1 enfermer\u00eda. Para afondar na situaci\u00f3n desta profesi\u00f3n contactei coa delegaci\u00f3n galega do sindicato de enfermer\u00eda (SATSE) e de auxiliares (SAE) quen, a pesares da preocupaci\u00f3n que te\u00f1en por este fen\u00f3meno, non pos\u00faen datos concretos. Dende a oficina do SAE de Burela, Trini, delegada liberada, com\u00e9ntame que dende a s\u00faa experiencia \u201cnon \u00e9 habitual o caso de auxiliares que emigren ao estranxeiro\u201d pero si que \u00e9 com\u00fan a escapada destes profesionais a outras comunidades aut\u00f3nomas \u201cque ofrecen contratos maiores de 9 meses\u201d. A duraci\u00f3n dos contratos tam\u00e9n \u00e9 algo que preocupa aos seus compa\u00f1eiros do SATSE quen denuncia a precariedade das vacantes ofertadas e a inestabilidades dos contratos \u201cque non deber\u00edan ser inferiores a un ano\u201d.<\/p>\n<p>n<\/p>\n<p>Sen o apoio de datos concretos, indaguei sobre a experiencia de alg\u00fans enfermeiros galegos que no seu momento tomaron a decisi\u00f3n de emigrar. O motivo principal para dar este paso acostuma a ser a \u201cinseguridade laboral\u201d, como Carlos Baneira de 31 anos explica. El viviu case 8 anos no condado de Northamptonshire onde desempe\u00f1ou a enfermer\u00eda no hospital de Kettering. Chegou al\u00ed despois de considerar outras opci\u00f3ns como estudar un m\u00e1ster ou \u201ctraballar como un escravo para unha cl\u00ednica ou hospital privado que me pagase unha miseria\u201d. Carlos decidiu lanzarse \u00e1 aventura en busca de \u201coportunidades que sobrepasasen as s\u00faas expectativas\u201d e lle permitisen acadar un \u201cdesenvolvemento laboral\u201d.<\/p>\n<p>n<\/p>\n<p>Laura Goday (33 anos) de A Coru\u00f1a e L.C (31 anos) de Lugo, estudaron xuntas na UDC e posteriormente, tras pasar por lugares como Kent ou Wolverhampton respectivamente, reencontr\u00e1ronse no hospital de Cardiff en Gales. Antes de emigrar, L.C. foi voluntaria da Cruz Vermella e traballou esporadicamente, mentres que Laura non tivo a oportunidade de entrar ao mundo laboral galego. \u201cEn 7-8 meses esperando o PIN (n\u00famero de colexiada ingl\u00e9s), non me chamaron nin unha sola vez para o Sergas\u201d explica Laura quen confesa que a experiencia de vivir e traballar noutro pa\u00eds xa estaba nos seus planes pois \u201cestudaba ingl\u00e9s de antes\u201d.<\/p>\n<p>n<\/p>\n<figure><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/luciaferro.es\/images\/doctors-2607295_640.jpg\" \/>n<\/figure>\n<p>nn<\/p>\n<h5 id=\"fotograf\u00eda-de-un-hospital-obtida-de-pixabayhttpspixabaycomesphotosdoctores-hospital-gente-salud-2607295\">Fotograf\u00eda de un hospital obtida de <a class=\"link\" href=\"https:\/\/pixabay.com\/es\/photos\/doctores-hospital-gente-salud-2607295\/\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Pixabay<\/a><\/h5>\n<p>n<\/p>\n<p>Imaxinarse a un mesmo no estranxeiro \u00e9 f\u00e1cil, facelo xa \u00e9 outra historia. O choque cultural \u00e9 inevitable, \u201cunha cousa \u00e9 a imaxe que dan os ingleses de si mesmos e outra a realidade\u201d, explica Laura. Moitos chegaron a Inglaterra a trav\u00e9s dunha axencia por que era o m\u00e1is f\u00e1cil, \u201cnon che fac\u00eda falta nivel de ingl\u00e9s, agora \u00e9 m\u00e1is dif\u00edcil\u201d. Estas axencias son contratadas polos hospitais cando a situaci\u00f3n \u00e9 de moita necesidade polo que \u00e9 habitual que de primeiras vaias a un \u201c<em>pueblo dejado de la mano de Dios<\/em>, nun hospital horroroso e nunha planta horrible\u201d. Tam\u00e9n depende de onde aterres xa que \u201crequire atopar o teu lugar\u201d. Hoxe en d\u00eda Laura traballa no campo dos cuidados intensivos e s\u00e9ntese tan c\u00f3moda en Gales \u201cque ata me comprei unha casa\u201d.<\/p>\n<p>n<\/p>\n<p>Por outra banda, Carlos c\u00f3ntanos que se acostumou rapidamente ao traballo o cal define como \u201cm\u00e1is protocolario, todo ten que estar firmado e <em>checkeado<\/em>.\u201d Se ven \u00e9 certo que moitos dan o paso de emigrar tam\u00e9n \u00e9 certo que unha boa parte non o fai con gusto ou incluso descobren que non lles compensa. \u201cDun grupo de uns 25 espa\u00f1ois, aos seis meses, 15 xa retornaran\u201d explica ao preguntarlle sobre a s\u00faa adaptaci\u00f3n ao pa\u00eds. Carlos escolleu a compa\u00f1\u00eda de ingleses ao ver que o grupo co que emigrara principalmente quedaban \u201cpara falar do bo e bonito que era Espa\u00f1a e do r\u00e1pido que se quer\u00edan volver\u201d. Considera que facer un esforzo por integrarse \u00e9 importante.<\/p>\n<p>n<\/p>\n<p>O acceso ao sistema de sa\u00fade brit\u00e1nico \u00e9 moi diferente ao galego, \u201cnon funciona por puntos\u201d relata L.C. quen agora traballa para o Sergas. O sistema de contrataci\u00f3n \u00e9 unha das vantaxe que ten o NHS (Sistema Nacional de Hospitais), o cal acostuma a ofrecer contratos indefinidos tras pasar unha entrevista en persoa \u201ccomo o fai unha empresa privada\u201d. Ademais, no comezo \u201crecibes formaci\u00f3n espec\u00edfica para o posto que vas desempe\u00f1ar\u201d. Iso axuda a que a profesional non s\u00f3 dispo\u00f1a de maior confianza nas tarefas que est\u00e1 a desenvolver se non que converte ao Reino Unido, como di Carlos, \u201cnun sitio moi estable econ\u00f3mica, psicol\u00f3xica e laboralmente\u201d.<\/p>\n<p>n<\/p>\n<p>Pola contra, L.C. qu\u00e9ixase de que \u201cfas un pouco de todo, de enfermeira, de auxiliar, de fisioterapeuta, de celador&hellip; non paras nunca nos turnos.\u201d En Galiza \u201ca divisi\u00f3n de tarefas \u00e9 m\u00e1is clara\u201d polo que se todo vai ben, unha enfermeira pode tomarse uns minutos de descanso para coller aire. Iso, se non est\u00e1 nun novo servizo no que ter\u00e1 que dar mil voltas para poder aprender a especialidade do seu \u00faltimo contrato.<\/p>\n<p>n<\/p>\n<p>Carlos veo con outros ollos e conta que a s\u00faa foi unha \u201cexperiencia moi positiva\u201d xa que a \u201cdin\u00e1mica laboral est\u00e1 ben definida\u201d facendo que ti saibas cales son as t\u00faas competencias reais e que \u201co resto do mundo as respecte\u201d tam\u00e9n.<\/p>\n<p>n<\/p>\n<p>Laura fala m\u00e1is ben de etapas, \u201cchegas moi emocionada e todo est\u00e1 moi ben ata que todo mal\u201d. \u00c1 s\u00faa chegada notou como enfermer\u00eda espa\u00f1ola sae moito m\u00e1is preparadas da universidade do que o fai a brit\u00e1nica. Isto fai que os primeiros meses \u201cnon che deixan facer nada\u201d xa que a enfermeira j\u00fanior comeza con pouca independencia, \u201ctodas as habilidades se aprenden durante o traballo\u201d e non importa que xa as adquiriras durante as pr\u00e1cticas do grado. Para esta enfermeira a espera resultou frustrante mais co paso do tempo agradece que haxa \u201cmoito di\u00f1eiro para educaci\u00f3n\u201d permit\u00edndolle deste xeito evolucionar na s\u00faa carreira laboral e como profesional mesmo.<\/p>\n<p>n<\/p>\n<p>Ademais de atopar diferenzas na educaci\u00f3n e no modo de traballo, estes enfermeiros tam\u00e9n se atoparon cunha distribuci\u00f3n ben distinta das quendas. As xornadas de doce horas son a norma en Reino Unido, aqueles d\u00edas nos que un ten quenda son totalmente para o traballo, e os de descanso s\u00f3 para o ocio. \u201cNon hai t\u00e9rmino medio\u201d, incide Carlos quen no seu regreso ao Sergas se sorprendeu de que o contratasen \u201cs\u00f3 cinco d\u00edas para non ter que darlle dous d\u00edas libres\u201d. Ao mesmo tempo observou como dobrar quenda \u00e9 \u201cunha ocorrencia bastante habitual\u201d xa que a inestabilidade dos contratos fai que os candidatos consideren que \u201cnon dobrar \u00e9 unha opci\u00f3n <em>riesgosa<\/em>\u201d.<\/p>\n<p>n<\/p>\n<p>Tras regresar a Galicia, xa ben iniciada a pandemia, o maior contrato que L.C. obtivo foi de seis meses. Esta inestabilidade significa que unha enfermeira \u201cten que saber de todo\u201d, di ela refer\u00edndose \u00e1 gran variedade de especialidades polas que xa pasou, \u201cporque hoxe est\u00e1s aqu\u00ed e ma\u00f1\u00e1 noutro sitio totalmente distinto\u201d xerando un estr\u00e9s innecesario na traballadora e afectando do mesmo xeito \u00e1 calidade dos cuidados que esta pode prover.<\/p>\n<p>n<\/p>\n<p>Existe unha gran cantidade de profesionais da enfermer\u00eda que levan \u201ctraballando tres ou catro anos sin vacaci\u00f3ns e con poucos d\u00edas libres entre medias, enganchando contratos pequenos\u201d c\u00f3ntanos Carlos que tras traballar durante o Covid-19 nunha UCI galega \u201cque se ca\u00eda a pedazos\u201d e baixo condici\u00f3ns que o po\u00f1\u00edan en perigo non s\u00f3 a el mesmo, se non aos seus compa\u00f1eiros e pacientes, \u201cdecidiu non renovar o contrato\u201d.<\/p>\n<p>n<\/p>\n<figure><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/luciaferro.es\/images\/enfermeiropixabay.jpg\" \/>n<\/figure>\n<p>nn<\/p>\n<h5 id=\"fotograf\u00eda-de-un-enfermeiro-obtida-de-pixabayhttpspixabaycomesphotosenfermero-enfermerc3ada-hospital-salud-5017733\">Fotograf\u00eda de un enfermeiro obtida de <a class=\"link\" href=\"https:\/\/pixabay.com\/es\/photos\/enfermero-enfermer%C3%ADa-hospital-salud-5017733\/\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Pixabay<\/a><\/h5>\n<p>n<\/p>\n<p>A enfermer\u00eda no Reino Unido est\u00e1 moi ben vista, nisto coinciden os tres entrevistados. O mero feito de \u201cdicir en redes sociais que pertences ao grupo de urxencias implicaba certo respecto\u201dexplica Carlos. \u201cOs brit\u00e1nicos queren moito ao seu NHS, \u00faneos a todos\u201d, di L.C. \u201ca\u00ednda que non sempre se traduce no que \u00e9 o trato directo\u201d.<\/p>\n<p>n<\/p>\n<p>A parte do afecto que se recibe por parte da poboaci\u00f3n, a enfermer\u00eda \u00e9 unha profesi\u00f3n respectada dentro dos hospitais. Na experiencia de Carlos, tanto con m\u00e9dicos, como auxiliares, como celadores ou outras disciplinas, \u201ctes moita e moi boa relaci\u00f3n\u201d facilitando o traballo en equipo que poida que non se vexa tan a mi\u00fado no Sergas. \u201cOs m\u00e9dicos son os meus compa\u00f1eiros\u201d, puntualiza Laura, \u201cos meus xefes son enfermeiros\u201d.<\/p>\n<p>n<\/p>\n<blockquote><p>n<\/p>\n<p>Semella que \u00e9 na cantidade de persoal dispo\u00f1ible onde est\u00e1 a clave.<\/p>\n<p>n<\/p><\/blockquote>\n<p>n<\/p>\n<p>A mi\u00fado, as diferencias culturais obs\u00e9rvanse no trato humano. O persoal de enfermer\u00eda \u00e9 quen pasa m\u00e1is tempo en contacto directo cos pacientes xa que boa parte do seu traballo bas\u00e9ase na vixilancia e observaci\u00f3n.<\/p>\n<p>n<\/p>\n<p>En 2018 <a class=\"link\" href=\"https:\/\/www.elsaltodiario.com\/salud-mental\/la-campana-0contenciones-exige-prohibir-la-practica-de-atar-pacientes-a-las-camas\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Locom\u00fan ped\u00eda prohibir  a pr\u00e1ctica de atar persoas \u00e1 cama<\/a> que a\u00ednda se permite a d\u00eda de hoxe en Espa\u00f1a. Este \u00e9 un recurso que o persoal de enfermer\u00eda galego detesta empregar a pesar de que non se consegue atopar alternativa. No Reino Unido o emprego de restrici\u00f3ns f\u00edsicas \u00e9 menos habitual, sempre e cando haxa persoal dispo\u00f1ible, xa que o procedemento habitual para a seguridade do paciente se basea na presencia dun supervisor as 24 horas do d\u00eda, \u00e9 dicir, m\u00e1is persoal dispo\u00f1ible.<\/p>\n<p>n<\/p>\n<p>L.C. comenta que \u201cno Reino Unido a cultura \u00e9 moi respectuosa co paciente pero a costa de someternos a un medo \u00e1s denuncias\u201d que afecta ao adecuado desenvolvemento dos coidados. E logo engade, \u201cen Galiza, o paciente ten medo a protestar, deber\u00edan protestar m\u00e1is\u201d. Os sistemas de protecci\u00f3n do paciente \u201cde n\u00f3s\u201d, incide Laura, existen para preservar a seguridade e a privacidade do usuario, \u201cchoca ao principio, pero \u00e9 necesario\u201d.<\/p>\n<p>n<\/p>\n<p>Segundo <a class=\"link\" href=\"https:\/\/www.uhs.nhs.uk\/Media\/UHS-website-2019\/Docs\/About-the-trust\/performance\/TB-6-monthly-staffing-review-report.pdf\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">un informe do University Hospital Southampton<\/a>, en condici\u00f3ns normais, os centros ingleses te\u00f1en un rango m\u00e1ximo enfermeira-paciente de 1:10, coa maior\u00eda establecida entre 1:4 a 1:8. Esta \u00e9 unha das grandes diferencias cos hospitais galegos. <a class=\"link\" href=\"https:\/\/www.elsevier.es\/es-revista-nursing-20-articulo-si-queremos-aumentar-calidad-del-S0212538214000764\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Espa\u00f1a \u00e9 un dos pa\u00edses europeos coa maior proporci\u00f3n enfermeira-paciente (12.7 pacientes por enfermeira, cun rango entre 9.5 e 17.9)<\/a> xa que segundo a OMS s\u00f3 contratamos a 5,3 enfermeiras por cada 1000 habitantes, mentres que Reino Unido disp\u00f3n de 8.4, s\u00f3 superado dentro da UE polos Pa\u00edses Baixos (10.5) e Suecia (11.9). Esta diferenza non \u00e9 trivial posto que, segundo un <a class=\"link\" href=\"https:\/\/www.ncbi.nlm.nih.gov\/pmc\/articles\/PMC4035380\/\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">estudo observacional retrospectivo do 2014<\/a>, por cada 10% de aumento en enfermeiras con maior nivel acad\u00e9mico existe unha reduci\u00f3n do 7% en mortalidade. Semella que \u00e9 na cantidade de persoal dispo\u00f1ible onde est\u00e1 a clave.<\/p>\n<p>n<\/p>\n<p>En Galicia, esa falta de persoal as\u00fameno con frecuencia as familias que, \u201c culturalmente, se involucran m\u00e1is\u201d, explica Laura. Doutro xeito, no Reino Unido existe unha visi\u00f3n m\u00e1is hol\u00edstica do cuidado polo que existe un sistema social de apoio \u00e1s familias, para que as\u00ed poidan participar no cuidado do paciente sen que elo supo\u00f1a un trastorno na s\u00faa econom\u00eda.<\/p>\n<p>n<\/p>\n<p>Ademais do cambio laboral que un experimenta coa emigraci\u00f3n tam\u00e9n se vive un cambio cultural no que ao ocio e as relaci\u00f3ns se refire. Reino Unido tr\u00e1tase dun pa\u00eds \u201cmoito menos social\u201d, nos di Carlos, os comercios acostuman a pechar sobre \u00e1s cinco ou seis da tarde e as\u00ed mesmo o fan as cafeter\u00edas deixando o t\u00edpico pub ingl\u00e9s como \u00fanico lugar de encontro. \u201cVolv\u00edase unha cidade fantasma\u201d, engade.<\/p>\n<p>n<\/p>\n<p>L.C, tras 6 anos, decidiu regresar e empregar os puntos que lle outorgaba a s\u00faa experiencia laboral brit\u00e1nica para introducirse nas listas do Sergas. Ela volveu xusto a tempo para facelo xa que actualmente a situaci\u00f3n \u00e9 distinta.  Mentres que o Reino Unido estaba na UE a experiencia obtida no NHS puntuaba no Sergas ao ser sanidade p\u00fablica europea, mais isto finalizou no 2021. \u201cA xente vi\u00f1a a conseguir puntos\u201d relata Laura quen a\u00ednda reside al\u00ed sumando un total de 9 anos no pa\u00eds estranxeiro. Ela non pensa en volver. \u201cAcostumada a esta maneira, pensar en volver ao de antes prod\u00faceme ansiedade\u201d. Actualmente continua vivindo en Cardiff onde xa ten o seu grupo de amigos cos que lle gusta facer sendeirismo xa que o paisaxe de \u201cGales \u00e9 como a Galicia de Reino Unido\u201d.<\/p>\n<p>n<\/p>\n<p>As imposici\u00f3ns de illamento durante a pandemia co seu consecuente distanciamento familiar e cultural foi o que finalmente trouxo de volta a Carlos. Segundo o <a class=\"link\" href=\"https:\/\/www.nursingtimes.net\/news\/global-nursing\/new-support-network-launched-for-spanish-nurses-in-the-uk-12-01-2022\/\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Nursing Times<\/a>, no 2016 hab\u00eda 7825 enfermeiras espa\u00f1olas traballando no sistema de sa\u00fade brit\u00e1nico. No \u00faltimo estudo estad\u00edstico do <a class=\"link\" href=\"https:\/\/researchbriefings.files.parliament.uk\/documents\/CBP-7783\/CBP-7783.pdf\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">NHS Digital<\/a> declarouse a presencia de tan s\u00f3 1588 espa\u00f1olas exercendo a enfermer\u00eda nos seus hospitais, \u00e9 dicir, existe unha tendencia ao descenso. \u201cLaboralmente o Brexit non cambiou moito, pero si foi unha gran raz\u00f3n para que eu volvera\u201d, confesa Carlos. O covid na UCI foi \u201cunha das experiencias m\u00e1is intensas da mi\u00f1a vida\u201d pero foi m\u00e1is ben \u201co non poder ir \u00e1 casa a ver a familiares e amigos\u201d o que lle fixo dar o paso. A\u00ednda que no seu regreso si pasou polos hospitais galegos, actualmente, Carlos xa non exerce a enfermer\u00eda, a precariedade e inestabilidade da profesi\u00f3n empurrouno a empregar os seus co\u00f1ecementos no sector da cirurx\u00eda rob\u00f3tica como educador e promotor desta tecnolox\u00eda.<\/p>\n<p>n<\/p>\n<hr \/>\n<p>n<\/p>\n<blockquote><p>n<\/p>\n<p>Se che interesa <strong>a SA\u00daDE e o estado da SANIDADE P\u00daBLICA<\/strong> an\u00edmote a ler <a class=\"link\" href=\"https:\/\/luciaferro.es\/page\/libros\/#resaibo-amargo\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">RESAIBO AMARGO<\/a>, a primeira novela de Luc\u00eda Ferro na que, dende a s\u00faa propia experiencia como enfermeira, afonda no tema da mafia farmac\u00e9utica e a s\u00faa influencia sobre os coidados e a sa\u00fade mental. <\/p>\n<figure><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/luciaferro.es\/images\/ebook_resaibo.jpg\" \/>n<\/figure>\n<p>n<\/p>\n<p>n<\/p><\/blockquote>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O relato de tres emigrantes n Galicia \u00e9 unha comunidade que sufre moita emigraci\u00f3n afectando a unha gran variedade de \u00e1mbitos e en especial \u00e1 enfermer\u00eda. Para afondar na situaci\u00f3n desta profesi\u00f3n contactei coa delegaci\u00f3n galega do sindicato de enfermer\u00eda (SATSE) e de auxiliares (SAE) quen, a pesares da preocupaci\u00f3n que te\u00f1en por este fen\u00f3meno, [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[],"class_list":["post-61","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/61","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=61"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/61\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=61"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=61"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=61"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}