{"id":592,"date":"2025-09-03T13:00:00","date_gmt":"2025-09-03T11:00:00","guid":{"rendered":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/?p=592"},"modified":"2025-08-18T17:43:58","modified_gmt":"2025-08-18T15:43:58","slug":"o-luxo-non-e-arte","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/2025\/09\/03\/o-luxo-non-e-arte\/","title":{"rendered":"O luxo non \u00e9 arte"},"content":{"rendered":"\n<p>A mi\u00fado conf\u00fandese a abundancia do luxo coa creatividade cando en realidade se trata dunha escolla consumista carente de creaci\u00f3n. Non podemos deixarnos enganar por gaiolas de ouro. Rep\u00edtese con frecuencia esa frase <em>inatribu\u00edble<\/em> de que <em>o artista \u00e9 aquel que baila encadeado<\/em>, por\u00e9n esa cita non ten en conta as gaiolas de ouro, que son  as cadeas da liberdade art\u00edstica e non as \u00e1ncoras para mirar o mundo con outros ollos como esa expresi\u00f3n filos\u00f3fica pretende ilustrar. <\/p>\n\n\n\n<p>O exceso (o luxo) non \u00e9 arte porque, de feito, \u00e9 o contrario. Ax\u00fastase \u00e1 cultura hexem\u00f3nica que \u00e9 o capitalismo e por tanto non transgride as normas sociais ou os canons de beleza. \u00c9 unha farsa interpretada para aqueles que perderon o contacto coa esencia do ser humano e buscan na opulencia como cubrir un oco que levan no peito. Xustificalo con flores, enchelo de chocolate, anestesialo coa temperatura precisa para a estancia, aloumi\u00f1alo coa textura perfecta das sabas. M\u00e1is, m\u00e1is e mellor. Nunca \u00e9 suficiente para saciar o becho que todo o consume.<\/p>\n\n\n\n<p>Tampouco a elegancia que responde a unhas regras preestablecidas pode ser arte, simplemente, porque non di nada. M\u00e1is ben oculta. Agocha a verdade do corpo espido que todos somos e poucos aceptan. Tr\u00e1tase dunha demarcaci\u00f3n de territorio social para mostrar a xerarqu\u00eda que nunca intenta descompo\u00f1er. Unha m\u00e1scara que nos impide ver a autenticidade, aquilo que \u00e9 o m\u00e1is fermoso. <\/p>\n\n\n\n<p>A beleza do detalle f\u00f3ra de lugar, das li\u00f1as tortas, das engurras onde non deber\u00edan estar, p\u00e9rdese entre os espellismos do luxo e da elegancia. Que f\u00e1cil \u00e9 pagar con di\u00f1eiro unha est\u00e9tica segura, un dese\u00f1o que no seu aire arriscado nunca reta o status quo nin se enfronta ao perigo que sup\u00f3n non ser aceptado. Sinxelo \u00e9 que outros dean a s\u00faa enerx\u00eda para escoller os trazos, os f\u00edos, o papel; mentres o carto, os &#8220;carteirados&#8221;, deciden se iso \u00e9 profesional ou <em>amateur<\/em>. Acaso o artista deixa algunha vez de ser amateur? Acaso o artista verdadeiro conv\u00e9rtese algunha vez en profesional? A arte non responde a profesi\u00f3n ningunha, d\u00e1 igual a como se paguen o papel, o f\u00edo, o trazo.<\/p>\n\n\n\n<p>O luxo non \u00e9 arte, nin a pode enxendrar. A arte reside na relaci\u00f3n do humano co seu entorno, e o luxo \u00e9 a manifestaci\u00f3n do individualismo consumista, a forma m\u00e1is exacerbada de alienaci\u00f3n que existe na sociedade, pois estando a\u00ed e sendo tan agresiva, semella que a maior\u00eda \u00e9 incapaz de vela progresando na latencia coma un virus famento.<\/p>\n\n\n\n<p>A inspiraci\u00f3n tampouco est\u00e1 no luxo. Non est\u00e1 nunha comida feita por un xefe de coci\u00f1a profesional, nin en necesidades cubertas por pequenos seres m\u00e1xicos que pululan sobre n\u00f3s. Est\u00e1 nun xantar feito con amor e servido cunha conversa interesante. Est\u00e1 en recoller e dobrar con demora e delicadeza a roupa quente que secaba baixo o sol de ver\u00e1n. Buscar esa m\u00e1cula imborrable que resiste os lavados, que te frustra pero que tam\u00e9n che recorda que todos temos marcas que nos afean pero que non nos fan menos v\u00e1lidos. <\/p>\n\n\n\n<p>A inspiraci\u00f3n est\u00e1 na mensaxe que desexa ser emitida, na historia que precisa ser contada, no mutismo que se revela estrondoso cunha mirada. Non espera na paisaxe id\u00edlica. Aparece entre a sucidade do barro que foi esquecido e do que se constr\u00fae o corpo humano. Xorde entre as herbas machacadas que gorecen insectos pega\u00f1entos. Un ru\u00eddo de movemento entre o lixo de reciclaxe, crear tensi\u00f3n e logo alivio ao ver que se trata s\u00f3 da falta de equilibrio dun cart\u00f3n de leite pouco esmagado. A perfecci\u00f3n nunca foi signo de fermosura, pois adormece os sentidos, deshumaniza, conv\u00e9rtenos en androides que non lle atopan significado ao cosmos sen\u00f3n que repiten o que anteriormente foi premiado; porque a perfecci\u00f3n non acepta o fallo e sen os erros non se atopan novos cami\u00f1os que nos fagan ver o mundo doutro xeito.<\/p>\n\n\n\n<p>A perfecci\u00f3n sempre foi o lenzo que con aleivos\u00eda se racha para atopar nel a fermosura pendurada dunha da s\u00faas fibras. O luxo \u00e1s veces busca ofrecer esa mesma sensaci\u00f3n pero faino cun estudo previo daqueles detalles que no pasado foron considerados art\u00edsticos esquecendo que se trata da decisi\u00f3n aventurada e emocional de rachar o lenzo o que eleva a ese f\u00edo pendurante \u00e1 categor\u00eda de arte. Se rachas coa tea e tiras do f\u00edo para que sobresaia s\u00f3 porque esperas vender o produto a bo prezo deixa de ser arte e conv\u00e9rtese nunha compracencia do sistema consumista.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>O luxo \u00e9 pois antagonista da arte.<\/strong> Non falo de ter unhas necesidades b\u00e1sicas cubertas, falo de ter tanto que esquezas como escoitarte, de como escoitar aos que che falan tratando de comunicarse. O antagonismo diab\u00f3lico que impregna ao luxo impregnou a sociedade e camuflouse transformando pouco a pouco a nosa cultura para convertela nunha especie de ecosistema que mante\u00f1a a s\u00faa existencia, a existencia do exceso e da ideolox\u00eda individualista fac\u00e9ndolle crer aos artistas incipientes que sen moito fasto non se pode crear. <\/p>\n\n\n\n<p>A vida creouse da nada. A comunidade, da ausencia de relaci\u00f3ns. A historia, do silencio. Pero sempre escoit\u00e1ndose a un mesmo e o seu arredor. <\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A mi\u00fado conf\u00fandese a abundancia do luxo coa creatividade cando en realidade se trata dunha escolla consumista carente de creaci\u00f3n. Non podemos deixarnos enganar por gaiolas de ouro. Rep\u00edtese con frecuencia esa frase inatribu\u00edble de que o artista \u00e9 aquel que baila encadeado, por\u00e9n esa cita non ten en conta as gaiolas de ouro, que [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":616,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[116,54,46,107,32,30,40,1,85],"tags":[60,117,57,58,102,48,25,86],"class_list":["post-592","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-arte","category-bencomun","category-comunidad","category-cultura","category-filosofia","category-humanidad","category-literatura","category-sen-categoria","category-sensibilidade","tag-anticapitalismo","tag-arte","tag-bencomun","tag-capitalismo","tag-cultura","tag-filosofia-2","tag-humanidade","tag-sensibilidade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/592","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=592"}],"version-history":[{"count":14,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/592\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":617,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/592\/revisions\/617"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/media\/616"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=592"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=592"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=592"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}