{"id":58,"date":"2023-11-30T01:00:00","date_gmt":"2023-11-30T00:00:00","guid":{"rendered":"https:\/\/luciaferro.es\/posts\/glifosato\/"},"modified":"2023-11-30T01:00:00","modified_gmt":"2023-11-30T00:00:00","slug":"o-segredo-do-roundup-por-que-o-glifosato-funciona-tan-ben","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/2023\/11\/30\/o-segredo-do-roundup-por-que-o-glifosato-funciona-tan-ben\/","title":{"rendered":"O segredo do RoundUp: por qu\u00e9 o glifosato funciona tan ben?"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/luciaferro.es\/images\/IMG_20230710_134140.jpg\" alt=\"Featured image of post O segredo do RoundUp: por qu\u00e9 o glifosato funciona tan ben?\" \/><\/p>\n<p>Fai uns d\u00edas volveuse a renovar o uso de glifosato na Uni\u00f3n Europea durante os pr\u00f3ximos dez anos. Os ecoloxistas recibiron a nova con preocupaci\u00f3n e alg\u00fans grupos de agricultores celebraron a mesma. Non cabe d\u00fabida que trat\u00e1ndose dos maiores colectivos enfocados \u00e1 natureza, estamos a falar dun tema controvertido.<\/p>\n<p>n<\/p>\n<p>O glifosato \u00e9 un herbicida, a mi\u00fado co\u00f1ecido pola formulaci\u00f3n RoundUp. Este produto elimina radicalmente herbas ou arbustos indesexados e permite o crecemento de sementes preparadas para soportalo. Semella maxia.<\/p>\n<p>n<\/p>\n<h3 id=\"como-act\u00faa\">Como act\u00faa?<\/h3>\n<p>n<\/p>\n<p>O glifosato abs\u00f3rbese polas follas e act\u00faa intercedendo no metabolismo das plantas impedindo a s\u00faa capacidade de xerar certas prote\u00ednas, en particular os amino\u00e1cidos arom\u00e1ticos. Cando un escoita a explicaci\u00f3n que d\u00e1 Monsanto (agora parte do complexo empresarial Bayer), p\u00f3dese crer que o glifosato \u00e9 un qu\u00edmico que afecta unicamente ao metabolismo vexetal, xa que os animais non sintetizan estes amino\u00e1cidos sen\u00f3n que os obte\u00f1en da s\u00faa dieta. Esa \u00e9 a xustificaci\u00f3n da compa\u00f1\u00eda cando a seguridade do RoundUp se pon baixo a lupa.<\/p>\n<p>n<\/p>\n<p>Por desgraza e a pesar dos esforzos dos seus creadores, este herbicida si afecta os nosos corpos, de feito \u00e9 co\u00f1ecido por ser un disruptor endocrino, o que significa que interact\u00faa coas nosas hormonas (tanto en homes como mulleres) e modifica o seu comportamento facendo que enfermemos. O glifosato parece ser a resposta a ese r\u00e1pido e esaxerado aumento de cancro de mama e prost\u00e1tico que se deu nas \u00faltimas d\u00e9cadas. A interacci\u00f3n coas nosas hormonas xera todo tipo de cambios no noso organismo, incluso a baixas concentraci\u00f3ns consegue danar o f\u00edgado, os riles e as c\u00e9lulas da pel.<\/p>\n<p>n<\/p>\n<p>A pesar das s\u00faas declaraci\u00f3ns oficiais nas que afirman a seguridade do produto, os danos \u00e1 nosa sa\u00fade non son efectos desco\u00f1ecidos para a gran empresa qu\u00edmica, xa que en 2020 Bayer desembolsou ata 10.900 mill\u00f3ns de d\u00f3lares para compensar \u00e1s s\u00faas v\u00edtimas segundo informou a revista financeira <a class=\"link\" href=\"https:\/\/www.reuters.com\/legal\/bayer-ordered-pay-156-billion-latest-us-trial-loss-over-roundup-weedkiller-2023-11-19\/\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Reuters<\/a>.<\/p>\n<p>n<\/p>\n<p>Pero non \u00e9 sorpresa que Monsanto nos minta, pois acostumaban a etiquetar o seu herbicida como biodegradable ata que en 2009 os tribunais puxeron de manifesto o seu car\u00e1cter acumulativo. As\u00ed \u00e9, o glifosato demostrou ter unha importante tendencia \u00e1 bioconcentraci\u00f3n. Tanto \u00e9 o caso que o herbicida \u00e9 detectado nos ouri\u00f1os e na leite materna. Afecta especialmente \u00e1s mulleres ao acumularse con maior facilidade no tecido graxo, tendo elas un maior porcentaxe por raz\u00f3ns biol\u00f3xicas. Hai indicios de que o amontoamento de disruptores endocrinos no organismo pode producir enfermidades tan preocupantes a d\u00eda de hoxe como \u00e9 a endometrioses, unha doenza que lle dificulta a reproduci\u00f3n a moitas mulleres.<\/p>\n<p>n<\/p>\n<h3 id=\"ata-na-sopa\">Ata na &ldquo;sopa&rdquo;<\/h3>\n<p>n<\/p>\n<figure><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/luciaferro.es\/images\/glifosatoaugasuperficial2022.jpg\" \/>n<\/figure>\n<p>nn<\/p>\n<p>Neste mapa p\u00f3dense ver como o <a class=\"link\" href=\"https:\/\/www.miteco.gob.es\/content\/dam\/miteco\/es\/agua\/temas\/estado-y-calidad-de-las-aguas\/proteccion-nitratos-pesticidas\/estado-plaguicidas\/estado-de-los-plaguicidas-glifosato\/2022\/Informe%20sobre%20Glifosato_Julio%202023.pdf\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">37% dos puntos de mostraxe de augas superficiais<\/a> superan a norma de calidade aprobada pola propia UE. Estas augas contaminadas por glifosato (en vermello) supo\u00f1en m\u00e1is que un risco para o ser humano, un perigo para a supervivencia da vida no planeta.<\/p>\n<p>n<\/p>\n<p>Por suposto que o glifosato \u00e9 o perfecto asasino de &ldquo;herbas malas&rdquo;, por\u00e9n o seu potencial est\u00e9ndese ata os humanos. Mesmo a OMS expresou a s\u00faa preocupaci\u00f3n neste sentido. E se est\u00e1 tan claro, <strong>por que a Uni\u00f3n Europea acaba de declarar que &ldquo;non existen evidencias suficientes do seu poder cancer\u00edxeno&rdquo;?<\/strong><\/p>\n<p>n<\/p>\n<p>A prohibici\u00f3n do glifosato trae consigo moitos cambios. A revoluci\u00f3n agraria que nos permitiu aumentar a produci\u00f3n de alimentos cando cr\u00edamos que o aumento de poboaci\u00f3n nos deixar\u00eda a todos famentos, est\u00e1 baseada en boa parte neste herbicida, polo que moitos agricultores temen perder os seus negocios, as\u00ed \u00e9 que os sindicatos agrarios fan presi\u00f3n por mantelo. Do mesmo xeito, o glifosato sustenta o negocio das sementes transx\u00e9nicas, as cales te\u00f1en un prezo de mercado alto e son tam\u00e9n monopolio da compa\u00f1\u00eda Monsanto. Dous m\u00e1is dous parecen seguir sendo catro. Pagar preto de 11.000 milli\u00f3ns pode ser unha pequena factura comparado coas perdas que sufrir\u00eda esta empresa no caso de que se prohibise o RoundUp e as s\u00faas variedades.<\/p>\n<p>n<\/p>\n<h3 id=\"solucionar-o-gran-dilema\">Solucionar o gran dilema<\/h3>\n<p>n<\/p>\n<p>Non creades que o ser humano est\u00e1 perdido e que chegamos a unha r\u00faa sen sa\u00edda. Existen alternativas eficientes para substitu\u00edr esta agricultura baseada na explotaci\u00f3n e maltrato qu\u00edmico da natureza. A parella de enxe\u00f1eiros a cargo do proxecto de agricultura rexenerativa <a class=\"link\" href=\"https:\/\/canfontorganic.cat\/es\/\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Can Font<\/a> demostraron como, cunha transici\u00f3n de uns cinco anos de media, se pode prescindir totalmente de herbicidas e abonos qu\u00edmicos mantendo as\u00ed mesmo os altos niveis de produci\u00f3n aos que estaban acostumados tanto eles como os mercados demandantes. De feito, tanto \u00e9xito tiveron que est\u00e1n a apoiar outras explotaci\u00f3ns para que dean o paso e se convertan en negocios resilientes ante os cambios que nos impo\u00f1er\u00e1 o futuro.<\/p>\n<p>n<\/p>\n<p>A agricultura rexenerativa non s\u00f3 nos proporciona unha alimentaci\u00f3n m\u00e1is sa e libre de t\u00f3xicos se non que permite fixar boa parte dese di\u00f3xido de carbono atmosf\u00e9rico que tanta lata nos est\u00e1 a dar. De feito \u00e9 o m\u00e9todo m\u00e1is efectivo co\u00f1ecido ata agora. Como din alg\u00fans, a mellor tecnolox\u00eda contra a crise clim\u00e1tica xa existe, son as plantas. Diso fala o documental de Netflix <a class=\"link\" href=\"https:\/\/www.netflix.com\/es\/title\/81321999\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Besa la Tierra: Agricultura regenerativa<\/a>, que en 94 minutos logra devolverlle a esperanza \u00e1 mocidade que, desesperada pola situaci\u00f3n actual, non consegue imaxinarse un porvir.<\/p>\n<p>n<\/p>\n<p>A Uni\u00f3n Europea decidiu estender o uso de glifosato ao non ser capaces de atopar un consenso. Mentres tanto, Bayer ter\u00e1 que afrontar as 50.000 demandas que actualmente ten pendentes e a comunidade cient\u00edfica continuar\u00e1 amontoando estudos que sinalan os perigos dos seus produtos. S\u00f3 queda saber que far\u00e1n os agricultores.<\/p>\n<p>n<\/p>\n<h4 id=\"outras-fontes-de-informaci\u00f3n-adicional\">Outras fontes de informaci\u00f3n adicional<\/h4>\n<p>n<\/p>\n<p><a class=\"link\" href=\"https:\/\/www.latenda.es\/es\/libro\/medio-ambiente-y-salud_8006\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Medio Ambiente y Salud. Mujeres y hombres en un mundo de nuevos riesgos. Carmen Valls-Llobet<\/a><\/p>\n<p>n<\/p>\n<p><a class=\"link\" href=\"https:\/\/www.ecologistasenaccion.org\/wp-content\/uploads\/adjuntos-spip\/pdf\/informe-pan-glifosato.pdf\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Informe da PAN sobre o glifosato<\/a><\/p>\n<p>n<\/p>\n<p><a class=\"link\" href=\"https:\/\/elpais.com\/sociedad\/2020-06-24\/bayer-acepta-pagar-11000-millones-de-dolares-a-las-victimas-del-herbicida-roundup.html\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Bayer acepta pagar 11.000 millones de d\u00f3lares a las v\u00edctimas del herbicida Roundup en Estados Unidos<\/a><\/p>\n<p>n<\/p>\n<p><a class=\"link\" href=\"https:\/\/www.miteco.gob.es\/content\/dam\/miteco\/es\/agua\/temas\/estado-y-calidad-de-las-aguas\/proteccion-nitratos-pesticidas\/estado-plaguicidas\/estado-de-los-plaguicidas-glifosato\/2022\/Informe%20sobre%20Glifosato_Julio%202023.pdf\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">GLIFOSATO Y AMPA EN AGUAS CONTINENTALES. Informe del Ministerio para la transici\u00f3n ecol\u00f3gica y el reto demogr\u00e1fico<\/a><\/p>\n<p>n<\/p>\n<p><a class=\"link\" href=\"https:\/\/www.iarc.who.int\/wp-content\/uploads\/2018\/07\/MonographVolume112-1.pdf\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">OMS: Evaluaci\u00f3n de cinco insecticidas organofosforados y herbicidas<\/a><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Fai uns d\u00edas volveuse a renovar o uso de glifosato na Uni\u00f3n Europea durante os pr\u00f3ximos dez anos. Os ecoloxistas recibiron a nova con preocupaci\u00f3n e alg\u00fans grupos de agricultores celebraron a mesma. Non cabe d\u00fabida que trat\u00e1ndose dos maiores colectivos enfocados \u00e1 natureza, estamos a falar dun tema controvertido. n O glifosato \u00e9 un [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[],"class_list":["post-58","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/58","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=58"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/58\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=58"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=58"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=58"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}