{"id":553,"date":"2025-09-17T13:00:00","date_gmt":"2025-09-17T11:00:00","guid":{"rendered":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/?p=553"},"modified":"2025-09-15T15:32:58","modified_gmt":"2025-09-15T13:32:58","slug":"galicia-o-territorio-que-se-vende-barato-e-se-paga-caro","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/2025\/09\/17\/galicia-o-territorio-que-se-vende-barato-e-se-paga-caro\/","title":{"rendered":"Galicia: o territorio que se vende barato e se paga caro"},"content":{"rendered":"\n<p>Vivimos nunha terra fermosa chea de recursos que nos alimentan e nos gorecen, que permiten e fomentan a vida. Todos son importante e necesarios e todos est\u00e1n sendo mal xestionados. Neste artigo non quero buscar culpables, a\u00ednda que se me ocorran moitos nomes. Tampouco desexo facer mal sangue ou xerar frustraci\u00f3n. Gustar\u00edame que estas li\u00f1as sirvan para espertar conciencias individuais que constr\u00faan en colectivo unha cultura do territorio, semente para unha transformaci\u00f3n do mesmo, cara a sustentabilidade e o coidado do planeta. <\/p>\n\n\n\n<h2 class=\"wp-block-heading\">Os catro elementos da vida e da natureza<\/h2>\n\n\n\n<p>A t\u00e1boa peri\u00f3dica describe m\u00e1is de cen elementos coas s\u00faas caracter\u00edsticas. A qu\u00edmica conseguiu converter en matem\u00e1ticas a composici\u00f3n do noso ambiente facilitando o c\u00e1lculo e an\u00e1lise de calquera part\u00edcula que nos rodea. E a\u00ednda as\u00ed, abondan os mesmos catro elementos de sempre para ensinar as lecci\u00f3ns m\u00e1is importantes. <\/p>\n\n\n\n<div class=\"wp-block-cover\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"800\" height=\"533\" class=\"wp-block-cover__image-background wp-image-654\" alt=\"Un avi\u00f3n aparcado ao atardecer\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-content\/uploads\/sites\/3\/2025\/09\/IMG_6761.jpg\" data-object-fit=\"cover\" srcset=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-content\/uploads\/sites\/3\/2025\/09\/IMG_6761.jpg 800w, https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-content\/uploads\/sites\/3\/2025\/09\/IMG_6761-300x200.jpg 300w, https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-content\/uploads\/sites\/3\/2025\/09\/IMG_6761-768x512.jpg 768w\" sizes=\"auto, (max-width: 800px) 100vw, 800px\" \/><span aria-hidden=\"true\" class=\"wp-block-cover__background has-background-dim\"><\/span><div class=\"wp-block-cover__inner-container is-layout-flow wp-block-cover-is-layout-flow\">\n<h2 class=\"wp-block-heading has-text-align-center has-large-font-size\">AIRE<\/h2>\n<\/div><\/div>\n\n\n\n<p>Dende que a humanidade cami\u00f1a sobre a Terra, do aire sacamos os\u00edxeno que nos permite respirar e converter en enerx\u00eda aquilo que comemos. Hoxe en d\u00eda, se sopran os ventos adecuados, tam\u00e9n nos pode proporcionar electricidade. <\/p>\n\n\n\n<p>Mais o aire chega a mi\u00fado cargado de di\u00f3xido de carbono e outros qu\u00edmicos que non lle deixan aos nosos pulm\u00f3ns sentiren unha vida digna creando enfermos cr\u00f3nicos que nin se reco\u00f1ecen socialmente nin se lles apoia. Os e\u00f3licos, eses xigantes que prometen un futuro &#8220;verde&#8221;, aparecen sen planificaci\u00f3n ningunha, nin para buscar o lugar axeitado onde asentarse nin para ter en conta o seu desmantelamento unha vez caduquen alg\u00fans dos seus compo\u00f1entes convertendo a posibilidade dunha enerx\u00eda limpa nun novo negocio baseado no abuso de recursos e no ac\u00famulo de desperdicios. <\/p>\n\n\n\n<p>O aire pasou de ser a fonte da nosa respiraci\u00f3n a converterse no vertedeiro da industria ou nun recurso que vender a bo prezo mentres que os habitantes de Galicia e a maior\u00eda do mundo en xeral, se ven obrigados a pagar un alto prezo que se cobra na s\u00faa sa\u00fade e no seu ben estar ambiental.<\/p>\n\n\n\n<div class=\"wp-block-cover\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"800\" height=\"600\" class=\"wp-block-cover__image-background wp-image-655\" alt=\"Ponte Maceira, unha ponte medieval. Nesta foto vense dous arcos. Por debaixo hai vexetaci\u00f3n e as augas do r\u00edo Tambre\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-content\/uploads\/sites\/3\/2025\/09\/PXL_20250910_130105353.MV_.jpg\" data-object-fit=\"cover\" srcset=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-content\/uploads\/sites\/3\/2025\/09\/PXL_20250910_130105353.MV_.jpg 800w, https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-content\/uploads\/sites\/3\/2025\/09\/PXL_20250910_130105353.MV_-300x225.jpg 300w, https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-content\/uploads\/sites\/3\/2025\/09\/PXL_20250910_130105353.MV_-768x576.jpg 768w\" sizes=\"auto, (max-width: 800px) 100vw, 800px\" \/><span aria-hidden=\"true\" class=\"wp-block-cover__background has-background-dim\"><\/span><div class=\"wp-block-cover__inner-container is-layout-flow wp-block-cover-is-layout-flow\">\n<h2 class=\"wp-block-heading has-text-align-center has-large-font-size\">AUGA<\/h2>\n<\/div><\/div>\n\n\n\n<p>Se hai un elemento que confiemos como indicador de vida, ese \u00e9 a auga.  A auga como mol\u00e9cula sinxela necesaria para formar outras m\u00e1is complexas. A auga que regula as temperaturas e humidece o ambiente. A sustancia que permite o transporte de nutrientes a trav\u00e9s do corpo e polo aire, duns a outros. Dous litros de auga ao d\u00eda, din as recomendaci\u00f3ns, xa sexa bebida ou consumida en alimentos. <\/p>\n\n\n\n<p>O esteiro, o regato, a fervenza&#8230; A poza, a lagoa, a fonte&#8230; Os r\u00edos, a r\u00eda, o mar&#8230; Son a base do traballo de milleiros posta en risco polo beneficio dunhas poucas empresas que non asumen responsabilidade. En auga limpa m\u00eddese a supervivencia do ser humano e de calquera outra especie de tantas das que dependemos. A defensa da auga non \u00e9 m\u00e1is que autodefensa.  <\/p>\n\n\n\n<div class=\"wp-block-cover\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"800\" height=\"600\" class=\"wp-block-cover__image-background wp-image-656\" alt=\"Unha mina abandoada. Na parte superior vense alg\u00fans eucaliptos, no fondo a auga comezouse a acumular tal que unha lagoa\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-content\/uploads\/sites\/3\/2025\/09\/PXL_20250822_211907832.MV_.jpg\" data-object-fit=\"cover\" srcset=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-content\/uploads\/sites\/3\/2025\/09\/PXL_20250822_211907832.MV_.jpg 800w, https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-content\/uploads\/sites\/3\/2025\/09\/PXL_20250822_211907832.MV_-300x225.jpg 300w, https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-content\/uploads\/sites\/3\/2025\/09\/PXL_20250822_211907832.MV_-768x576.jpg 768w\" sizes=\"auto, (max-width: 800px) 100vw, 800px\" \/><span aria-hidden=\"true\" class=\"wp-block-cover__background has-background-dim\"><\/span><div class=\"wp-block-cover__inner-container is-layout-flow wp-block-cover-is-layout-flow\">\n<p class=\"has-text-align-center has-large-font-size\">TERRA<\/p>\n<\/div><\/div>\n\n\n\n<p>Po. Pedras. Ra\u00edces, sementes, fungos, bacterias, insectos, mi\u00f1ocas, toupas, rati\u00f1os&#8230; Leituga, tomate, trigo. A vaca que pace, o a\u00f1o que mama, o cabalo que trota. A terra \u00e9 a orixe de toda a vida, desa vida que xurde coa axuda da auga e do aire, limpos, por suposto. E seguimos a identificala con sucidade, coma se a porcelana non vi\u00f1ese do barro. <\/p>\n\n\n\n<p>O solo est\u00e1 intoxicado, do mesmo xeito que os nosos corpos rezuman contaminaci\u00f3n, o chan sofre desertizaci\u00f3n. Profanamos a terra con minas innecesarias para obter minerais como o litio que acumulamos en vertedeiros por pura lacazanear\u00eda de non reciclalos, porque seica resulta pouco lucrativo comparado con explotar fincas desvalorizadas pola ignorancia dos seus propietarios. <\/p>\n\n\n\n<p>A terra segue esperando a que miremos para ela e vexamos m\u00e1is al\u00e1 dos nosos foci\u00f1os pois ela desexa mostrarnos a beleza do subsolo. A vida que se agocha baixo os nosos p\u00e9s e que tam\u00e9n forma parte da totalidade do noso fogar.<\/p>\n\n\n\n<div class=\"wp-block-cover\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"800\" height=\"600\" class=\"wp-block-cover__image-background wp-image-657\" alt=\"Un incendio. O ceo con nubes pero bastante despexado vese cuberto na parte dereita por unha fumareda contra a cal se reflexa a luz vermella do lume. M\u00e1is escuras vense a ssombras das monta\u00f1as e das \u00e1rbores que est\u00e1n m\u00e1is preto da c\u00e1mara\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-content\/uploads\/sites\/3\/2025\/09\/PXL_20250914_210354456.MV_.jpg\" data-object-fit=\"cover\" srcset=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-content\/uploads\/sites\/3\/2025\/09\/PXL_20250914_210354456.MV_.jpg 800w, https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-content\/uploads\/sites\/3\/2025\/09\/PXL_20250914_210354456.MV_-300x225.jpg 300w, https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-content\/uploads\/sites\/3\/2025\/09\/PXL_20250914_210354456.MV_-768x576.jpg 768w\" sizes=\"auto, (max-width: 800px) 100vw, 800px\" \/><span aria-hidden=\"true\" class=\"wp-block-cover__background has-background-dim\"><\/span><div class=\"wp-block-cover__inner-container is-layout-flow wp-block-cover-is-layout-flow\">\n<p class=\"has-text-align-center has-large-font-size\">LUME<\/p>\n<\/div><\/div>\n\n\n\n<p>O que nos quenta e nos proporciona conforto. Transforma unha coci\u00f1a nun lar, unha casa nun fogar. Con el, comezamos a coci\u00f1ar e seguimos fac\u00e9ndoo. Aliment\u00e1monos e desenvolv\u00edmonos como especie adquirindo capacidades que nos permitiron adaptarnos. E agora, debemos temelo, porque o lume que nos quentaba hoxe escapa ao noso control e provoca incendios debastadores.  <\/p>\n\n\n\n<p>O manexo dos montes est\u00e1 baseado nun modelo de monocultivo que est\u00e1 probado como a causa principal dos incendios debido \u00e1 imposibilidade de limpeza forestal necesaria para o mantemento do sotobosque, ou simplemente pola desaparici\u00f3n de ambientes h\u00famidos que frear\u00edan o avance das lapas. <\/p>\n\n\n\n<p>Fitamos mirando para o lume fascinados como cando eramos cativos, atemorizados polas consecuencias que o seguen, e volvemos facelo cada ano a pesar de que a soluci\u00f3n s\u00f3 precisa ser aplicada. <\/p>\n\n\n\n<h2 class=\"wp-block-heading\">Os c\u00e1lculos dun mal negocio<\/h2>\n\n\n\n<p>Hai quen vende o seu terreo ou a s\u00faa alma ao primeiro que lle dea unhas moedas po\u00f1endo a s\u00faa propia subsistencia e a dos seus veci\u00f1os en perigo. Hipotecan o futuro de aqueles aos que chaman &#8220;lacaz\u00e1ns&#8221; para logo nin sequera facer un bo negocio. Buscan o carto f\u00e1cil porque non aprecian o valor do seu territorio. Non saben que o seu pequeno monte, o cal para eles s\u00f3 significan uns miles de euros de eucalipto pasados quince anos, \u00e9 moito m\u00e1is importante, \u00e9 a posibilidade dun aire limpo que respirar, \u00e9 auga que se depura de forma natural, son animais que pechan o ciclo de vida, en definitiva, o seu sustento.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-full\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"640\" height=\"427\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-content\/uploads\/sites\/3\/2025\/09\/jakub-zerdzicki-eGI0aGwuE-A-unsplash.jpg\" alt=\"No fondo, sobre unha mesa, unha pantalla con gr\u00e1ficos de barras. Sobre a mesa hai papeis con gr\u00e1ficos tam\u00e9n e unha calculadora. Unha man indica cara a calculadora como mostr\u00e1ndoa que est\u00e1 al\u00ed\" class=\"wp-image-658\" srcset=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-content\/uploads\/sites\/3\/2025\/09\/jakub-zerdzicki-eGI0aGwuE-A-unsplash.jpg 640w, https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-content\/uploads\/sites\/3\/2025\/09\/jakub-zerdzicki-eGI0aGwuE-A-unsplash-300x200.jpg 300w\" sizes=\"auto, (max-width: 640px) 100vw, 640px\" \/><figcaption class=\"wp-element-caption\">Photo by <a href=\"https:\/\/unsplash.com\/@jakubzerdzicki?utm_content=creditCopyText&amp;utm_medium=referral&amp;utm_source=unsplash\">Jakub \u017berdzicki<\/a> on <a href=\"https:\/\/unsplash.com\/photos\/a-person-pointing-at-a-calculator-on-a-desk-eGI0aGwuE-A?utm_content=creditCopyText&amp;utm_medium=referral&amp;utm_source=unsplash\">Unsplash<\/a><\/figcaption><\/figure>\n\n\n\n<p>Milleiros de persoas carecen de acceso \u00e1 terra por falta de recursos econ\u00f3micos ou por outras cuesti\u00f3ns pol\u00edticas, mentres que uns necios deciden vender os seus terreos a empresarios que xa pos\u00faen medio planeta. Se o territorio non vale nada porque o est\u00e1n a mercar a moreas a\u00ednda cando non te\u00f1en un uso espec\u00edfico para el?<\/p>\n\n\n\n<p>Se cremos que se deben po\u00f1er e\u00f3licos porque a transici\u00f3n ecosocial \u00e9 necesaria, temos que asegurarnos de que se fai tendo en conta as persoas e \u00e1 biosfera. Doutro xeito, nin \u00e9 eco, nin \u00e9 social.<\/p>\n\n\n\n<p>Se pensamos que a industria \u00e9 necesaria para o progreso do noso pa\u00eds, temos que preocuparnos de que sexa beneficiosa para a poboaci\u00f3n m\u00e1is vulnerable. Doutro xeito, s\u00f3 progresan os que xa te\u00f1en de m\u00e1is. <\/p>\n\n\n\n<p>Se pensamos que o manexo de minerais raros \u00e9 un bo negocio, temos que procurar que o seu beneficio econ\u00f3mico non supo\u00f1a unha fonte de contaminaci\u00f3n innecesaria. Doutro xeito, s\u00f3 nos est\u00e1n a roubar para logo cubrirnos de lixo.<\/p>\n\n\n\n<p>Regalarllo todo a uns cantos obsesos de poder non \u00e9 a forma de mellorar. A non ser que sexas tan inxenuo como para pensar que unha vez obte\u00f1an todo o poder sobre o territorio van a ser ben\u00e9volos coas formigui\u00f1as que vivimos nel.<\/p>\n\n\n\n<p>Precisamos daquela constru\u00edr unha cultura do territorio que terme de que os catro elementos da natureza fiquen en constante equilibrio e permitan as\u00ed o adecuado desenvolvemento da vida, no planeta e en Galicia. <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Vivimos nunha terra fermosa chea de recursos que nos alimentan e nos gorecen, que permiten e fomentan a vida. Todos son importante e necesarios e todos est\u00e1n sendo mal xestionados. Neste artigo non quero buscar culpables, a\u00ednda que se me ocorran moitos nomes. Tampouco desexo facer mal sangue ou xerar frustraci\u00f3n. Gustar\u00edame que estas li\u00f1as [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":658,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[116,54,99,65,20,46,89,107,66,32,30,63,1],"tags":[60,57,22,102,48,25,82],"class_list":["post-553","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-arte","category-bencomun","category-ciencia","category-combustibles-fosiles","category-comunicacion","category-comunidad","category-contaminacion-ambiental","category-cultura","category-derivados-do-petroleo","category-filosofia","category-humanidad","category-saude","category-sen-categoria","tag-anticapitalismo","tag-bencomun","tag-comunicacion","tag-cultura","tag-filosofia-2","tag-humanidade","tag-saude"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/553","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=553"}],"version-history":[{"count":11,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/553\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":659,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/553\/revisions\/659"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/media\/658"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=553"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=553"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=553"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}