{"id":55,"date":"2024-01-19T01:00:00","date_gmt":"2024-01-19T00:00:00","guid":{"rendered":"https:\/\/luciaferro.es\/posts\/a_mary_sue_galega_e_negra\/"},"modified":"2024-01-19T01:00:00","modified_gmt":"2024-01-19T00:00:00","slug":"a-nova-mary-sue-galega-e-negra","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/2024\/01\/19\/a-nova-mary-sue-galega-e-negra\/","title":{"rendered":"A nova Mary Sue galega \u00e9 negra!"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/luciaferro.es\/images\/topsphere-media-5uhOqA194JQ-unsplash.jpg\" alt=\"Featured image of post A nova Mary Sue galega \u00e9 negra!\" \/><\/p>\n<p>Photo by TopSphere Media on <a class=\"link\" href=\"https:\/\/unsplash.com\/photos\/smiling-boy-with-right-hand-on-chin-5uhOqA194JQ\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Unsplash<\/a><\/p>\n<p>n<\/p>\n<p>Tan pronto como o feminismo se pon de moda saen libros nos que se fala de violencia dom\u00e9stica explotando o tema para obter o morbo necesario que demanda o mercado. Do mesmo xeito, ao aparecer o racismo na televisi\u00f3n saen libros con personaxes negros. Lamento dicir, pois malgastei horas de lectura, que eses personaxes son unha Mary Sue m\u00e1is e que lonxe de achegarnos a un pensamento antirracista, reforza estereotipos.<\/p>\n<p>n<\/p>\n<p>Unha Mary Sue \u00e9 aquela personaxe plana e perfecta \u00e1 que todo lle sae ben. Adoitaba a ser unha rapariga de beleza indescritible co pelo roxo e cunha intelixencia desbordante. Agora, co avance dos tempos, resulta que o m\u00e1is &ldquo;trending&rdquo; \u00e9 darlle algo de color \u00e1 paleta de personaxes e escoller no seu lugar un cativo negro.<\/p>\n<p>n<\/p>\n<p>No \u00faltimo ano atopeime con dous libros escritos e editados en Galicia que ca\u00edan neste erro tan dani\u00f1o para a representaci\u00f3n de calquera persoa pertencente a un grupo discriminado. Non vou desvelar o t\u00edtulo das obras por non darlle a publicidade que outros libros si se merecen, mais podo dicirvos que tanto un como o outro recibiron o mesmo premio pola igualdade. Agora veredes porque cando descubr\u00edn este dato me botei a rir (por non chorar). E si, as t\u00faas sospeitas son correctas: A Galiza &ldquo;progre&rdquo; tam\u00e9n \u00e9 racista.<\/p>\n<p>n<\/p>\n<p>Nun deles sae como co-protagonista un neno negro dic\u00edndolle a unha rapaza que ela non pode ser racista porque sab\u00eda que se deitara con homes de pel escura. Dime ti, si tal afirmaci\u00f3n non soa moi parecida \u00e1 famosa &ldquo;eu non son hom\u00f3fobo porque te\u00f1o un amigo gay&rdquo;. Que a frase saia da boca dun personaxe negro non fai a s\u00faa autor\u00eda menos racista.<\/p>\n<p>n<\/p>\n<p>No outro libro a Mary Sue que escolleron tam\u00e9n \u00e9 un neno negro, pero neste caso o desprop\u00f3sito sae da boca do narrador branco. Este asegura encantarlle a pel escura porque non s\u00f3 \u00e9 m\u00e1is bonita sen\u00f3n que tam\u00e9n \u00e9 mellor para ir \u00e1 praia pois non precisan botar crema. Segundo a autor\u00eda desta obra parece ser que unha persoa negra \u00e9 inmune aos raios ultravioletas. Non importa que a comunidade cient\u00edfica leve tempo esforz\u00e1ndose para desmentir tal t\u00f3pico e que abonde cunha simple busca en internet para informarse deste feito; claro est\u00e1, se primeiro te fas preguntas e asumes a t\u00faa propia ignorancia nun tema tan delicado.<\/p>\n<p>n<\/p>\n<p>Dir\u00eda que estes personaxes foron constru\u00eddos con tintas racistas pero o certo \u00e9 que non foron constru\u00eddos para nada. A s\u00faa pouca profundidade \u00e9 case unha falta de respecto, pois son personaxes que se moldean \u00e1s esixencias do escritor e as necesidades das personaxes cauc\u00e1sicas. \u00c9 como se lles parecese que ser negros xa \u00e9 abondo como para darlle unha personalidade propia. Son personaxes planos de pel escura escritos para aliviar a conciencia dos seus autores brancos.<\/p>\n<p>n<\/p>\n<p>Cando un le a un autor negro pode desfrutar de personalidades complexas, coas s\u00faas arestas m\u00e1is ou menos boas e coas s\u00faas inconsistencias, t\u00edpicas do ser humano, independentemente da cor da s\u00faa pel. Estes dous exemplos de Mary Sue transformada en nenos negros non ofrecen representaci\u00f3n algunha aos cativos de pel escura que han de ler estas obras. Polo contrario, recibir\u00e1n a mensaxe de que se desexan estar no mundo dos brancos te\u00f1en que ser perfectos e planos.<\/p>\n<p>n<\/p>\n<p>Se non fose porque estas d\u00faas novelas foron premiadas pola igualdade en particular, non me indignar\u00eda tanto ver estes erros. Atribuir\u00edallos \u00e1 ignorancia que calquera de n\u00f3s ten nalg\u00fan tema, pois eu non estou exenta de cometelos tampouco. M\u00e1is foron premiados precisamente por este motivo!<\/p>\n<p>n<\/p>\n<p>Que f\u00e1cil \u00e9 escribir sobre igualdade cando a barra est\u00e1 tan baixa. Con botarlle unhas pingas de cor ao tinteiro xa chega. Seguramente non ser\u00eda suficiente se o xurado dese premio estivese composto por persoas racializadas ou pertencentes ao colectivo LGBT quen tivesen a oportunidade de xulgar directamente as obras como os afectados pola desigualdade que son. Pero cando os xurados est\u00e1n maioritariamente formados pola heterosexualidade de homes e mulleres brancas de posici\u00f3n acomodada non \u00e9 f\u00e1cil apreciar os detalles do que \u00e9 a experiencia daqueles que sofren.<\/p>\n<p>n<\/p>\n<p>Antes de finalizar, dicir que eu tam\u00e9n son branca e que por tanto non son a m\u00e1is indicada para falar disto, pero como non fun capaz de atopar en internet a ningu\u00e9n m\u00e1is que se queixase sobre esta distorsi\u00f3n do que \u00e9 a igualdade. Decidinme, polo tanto, a abrir o mel\u00f3n e a sacar o tema a relucir coa esperanza de que xente m\u00e1is entendida se anime a facer unha cr\u00edtica m\u00e1is axeitada.<\/p>\n<p>n<\/p>\n<p>E por \u00faltimo, deixarvos cunha pregunta. Se \u00e9 que en Galicia temos o premio pola igualdade como \u00e9 que non temos a escritores de pel escura? Onde \u00e9 que os agochamos? Porque eu estou segura de que, como n\u00f3s as meigas, habelos hainos.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Photo by TopSphere Media on Unsplash n Tan pronto como o feminismo se pon de moda saen libros nos que se fala de violencia dom\u00e9stica explotando o tema para obter o morbo necesario que demanda o mercado. Do mesmo xeito, ao aparecer o racismo na televisi\u00f3n saen libros con personaxes negros. Lamento dicir, pois malgastei [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[],"class_list":["post-55","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/55","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=55"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/55\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=55"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=55"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=55"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}