{"id":544,"date":"2025-07-23T13:29:00","date_gmt":"2025-07-23T11:29:00","guid":{"rendered":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/?p=544"},"modified":"2025-07-22T11:59:41","modified_gmt":"2025-07-22T09:59:41","slug":"a-poesia-e-unha-accion-politica-ainda-cando-non-o-e","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/2025\/07\/23\/a-poesia-e-unha-accion-politica-ainda-cando-non-o-e\/","title":{"rendered":"A poes\u00eda \u00e9 unha acci\u00f3n pol\u00edtica a\u00ednda cando non o \u00e9"},"content":{"rendered":"\n<p class=\"is-style-text-subtitle is-style-text-subtitle--1\">O discurso que se sost\u00e9n, as palabras que decidimos imprimir, publicar ou postear, son sempre unha ferramenta pol\u00edtica. <\/p>\n\n\n\n<p>Cando escoito a xente falar, sexa unha clase maxistral, a presentaci\u00f3n dun libro ou un debate, non podo evitar analizar cada unha das s\u00faas palabras. A\u00ednda que \u00e1s veces si que pretendo escrutar o discurso de quen xera opini\u00f3n, con frecuencia o \u00fanico que desexo \u00e9 aproveitar os detalles xa que o meu tipo de pensamento se estrutura do m\u00e1is espec\u00edfico ao m\u00e1is xeral e doutro xeito non sei razoar, nin aprender. Pois iso, f\u00e1goo coa intenci\u00f3n de sacar a maior cantidade de zume mental daquilo que te\u00f1en que dicir, deprender da s\u00faa experiencia e atopar novos cami\u00f1os de reflexi\u00f3n que se me poidan abrir.<\/p>\n\n\n\n<p>Durante unha conversa sobre  poes\u00eda que escoitei o outro d\u00eda falouse de escoller as linguas minoritarias por motivos pol\u00edticos, de que escribir nunha lingua cun maior n\u00famero de falantes non proporciona un <em>mellor<\/em> mercado, se cadra un <em>maior<\/em> mercado si, por\u00e9n cunha <em>maior<\/em> competencia tam\u00e9n. A dificultade ser\u00eda similar.<\/p>\n\n\n\n<p>Tam\u00e9n se falou desta arte como medio de expresi\u00f3n, unha persoa definiu o feito de escribir <strong>poes\u00eda como unha acci\u00f3n pol\u00edtica<\/strong>. Explicou que a poes\u00eda \u00e9 un \u00e1mbito art\u00edstico da periferia porque a narrativa absorbe a maior parte da palabra escrita deixando pouco espazo para outros x\u00e9neros literarios. Outra idea coa que fundamentou a s\u00faa premisa foi a de <strong>dedicar tempo \u00e1 procura de beleza na dicci\u00f3n<\/strong>. Nun mundo que tende cara ao o utilitarismo e a acumulaci\u00f3n financeira, a contemplaci\u00f3n da fermosura semella unha perda de cartos e tempo.<\/p>\n\n\n\n<p>Segundo continuou a conversa comentouse a existencia de <strong>diferentes circu\u00edtos<\/strong> para distintos tipos de poes\u00eda que poden coexistir sen  converterse nunha competici\u00f3n. Tam\u00e9n se definiron eses tipos de poes\u00eda como <strong>poes\u00eda con moitas e poucas capas<\/strong>, todas v\u00e1lidas no cami\u00f1o de exploraci\u00f3n dun lector. <\/p>\n\n\n\n<p>Dende ese d\u00eda ficou na mi\u00f1a testa a idea de poes\u00eda como acci\u00f3n pol\u00edtica. Non sab\u00eda moi ben que andaba eu a procurar, pero quedara coa sensaci\u00f3n de que non se tirara dalg\u00fan f\u00edo, de que o tema daba para afondar. Comecei a cavilar sobre o asunto, a analizar cada unha das ideas que absorbera aquela tardi\u00f1a e busqueille as reviravoltas. Pensei moito e contrapuxen o sabido co descuberto. <strong>Tirei do f\u00edo.<\/strong> A acci\u00f3n pol\u00edtica non implica un resultado. A acci\u00f3n pol\u00edtica non determina unha maneira de pensar. Acci\u00f3n pol\u00edtica, sen m\u00e1is. <\/p>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\">\n<p><em>Non \u00e9 o mesmo crear un produto cultural que facer da cultura un produto.<\/em><\/p>\n<\/blockquote>\n\n\n\n<p>Neste mundo de neoliberalismo extremo preoc\u00fapame moito a <strong>capitalizaci\u00f3n da cultura<\/strong>. Existe a necesidade de fabricar un libro para que a poes\u00eda lle chegue \u00e1 xente, iso \u00e9 cuesti\u00f3n pr\u00e1ctica. Os corpos poetas ademais de albergar a alma tam\u00e9n comen, e iso custa cartos. Alg\u00fans ata procuramos atenci\u00f3n polo instintivo desexo de reco\u00f1ecemento das nosas obras. <\/p>\n\n\n\n<p>Por\u00e9n a capitalizaci\u00f3n da cultura vai m\u00e1is al\u00e1 da creaci\u00f3n dun obxecto f\u00edsico ou dixital co que difundir a obra cultura. O proceso no que todo calquera produto se debe ser fabricado coa intencionalidade de ser vendido <strong>\u00e9 unha estreita e escura c\u00e1rcere para as ideas<\/strong>. <\/p>\n\n\n\n<h2 class=\"wp-block-heading\">Estabamos a falar da acci\u00f3n pol\u00edtica da poes\u00eda, sigamos<\/h2>\n\n\n\n<p>A poes\u00eda est\u00e1 a ser certamente empregada como unha ferramenta pol\u00edtica mais se observamos detidamente veremos como non sempre se fai encontra do sistema hexem\u00f3nico, o capitalismo.<\/p>\n\n\n\n<p>Comprendo que non todo o mundo se posicione. Resulta esgotador e, sostido no tempo, a sa\u00fade pode deteriorarse. Por iso respecto a forma de moverse polo mundo de calquera que non cause un xenocidio ou oprima os dereitos humanos doutras persoas. Non obstante non creo que a cultura que se crea co fin de responder a unha esixencia capitalista sexa un circu\u00edto m\u00e1is. Penso que se trata dunha <strong>forma sibilina de dinamitar a sociedade <\/strong>para que, aos poucos, os lazos humanos e a comunicaci\u00f3n honesta se esvaezan sen nos decatar.<\/p>\n\n\n\n<p>A arte e a cultura debe xurdir do fondo do peito, sen unha utilizade clara m\u00e1is que a de expresar o que un sente e pensa. A posteriori p\u00f3dese facer dela un produto cultural coa intenci\u00f3n de distribu\u00edlo, por suposto. O ideal ser\u00eda <strong>entregarllo ao mundo sen outra expectativa que a de achegar algo de valor<\/strong>, pero ata que se xeneralice a renta universal b\u00e1sica coido que est\u00e1 a cousa complicada. E no que a pol\u00edtica se refire, non podemos esquecer que <strong>&#8220;facer as cousas mal&#8221; tam\u00e9n \u00e9 unha acci\u00f3n pol\u00edtica<\/strong>. A poes\u00eda que se crea soamente para a venta <strong>non \u00e9 unha cultura inofensiva<\/strong>, \u00e9 unha cultura que pretende moldear as nosas mentes para adaptarnos precisamente ao sistema socioecon\u00f3mico ao que responde.<\/p>\n\n\n\n<p>Con isto non pretendo xulgar os traballos que lle dan de comer aos poetas, escritores, pintores, ilustradores, m\u00fasicos, compositores, aos artistas en xeral. Eses traballos perm\u00edtennos subsistir e xeralmente conv\u00e9rtense nun mal menor comparado con dobregarse \u00e1s esixencias do sistema. Por\u00e9n penso que, non importa se non sempre podemos levarlle a contraria ao <em>status quo<\/em> se polo menos non perdemos a esperanza de que alg\u00fan d\u00eda se cambiar\u00e1. <\/p>\n\n\n\n<p><strong>Resistimos<\/strong> cando non adaptamos o relato para escusar unha forma de xestionar a sociedade que, a todas luces, non \u00e9 xusta. Podemos insistir en que non temos a posibilidade de facelo doutro xeito para facer patente a nosa frustraci\u00f3n e liberar os coraz\u00f3ns dos que nos escoitan da culpa coa que este sistema non fumiga a diario. <strong>Ser conscientes de que as cousas poder\u00edan cambiar e engadir ese desexo nos nosos discursos alivian a sensaci\u00f3n de impotencia que a mi\u00fado nos inmobiliza. <\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>A acci\u00f3n pol\u00edtica co\u00f1\u00e9cena ben as esquerdas, pero tam\u00e9n as dereitas. Estes \u00faltimos l\u00e9vanse aproveitando moitos anos de considerar o seu proceder como a base da normalidade, como a imaxe da despolitizaci\u00f3n. Absorben a atenci\u00f3n daqueles cansos da pol\u00edtica mentres que contin\u00faan coa s\u00faa disfrazada acci\u00f3n pol\u00edtica: a de destru\u00edr da motivaci\u00f3n ou esperanza que poida facer deste mundo un lugar m\u00e1is xusto e seguro para todos os seres vivos. <\/p>\n\n\n\n<p>A acci\u00f3n pol\u00edtica non sempre constr\u00fae, con frecuencia ten a finalidade contraria. Desexa consumir todo o que atopa ao seu paso e controlar o que a rodea. <strong>A poes\u00eda pos\u00fae un gran potencial pol\u00edtico, mais como calquera arma, o resultado depende moito de quen a soste\u00f1a. <\/strong><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O discurso que se sost\u00e9n, as palabras que decidimos imprimir, publicar ou postear, son sempre unha ferramenta pol\u00edtica. Cando escoito a xente falar, sexa unha clase maxistral, a presentaci\u00f3n dun libro ou un debate, non podo evitar analizar cada unha das s\u00faas palabras. A\u00ednda que \u00e1s veces si que pretendo escrutar o discurso de quen [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":552,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[20,107,32,30,43,40,113,1,85,19],"tags":[115,58,22,102,48,92,114],"class_list":["post-544","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-comunicacion","category-cultura","category-filosofia","category-humanidad","category-libros","category-literatura","category-poesia","category-sen-categoria","category-sensibilidade","category-sonar","tag-accionpolitica","tag-capitalismo","tag-comunicacion","tag-cultura","tag-filosofia-2","tag-poesia","tag-productosculturales"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/544","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=544"}],"version-history":[{"count":6,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/544\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":564,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/544\/revisions\/564"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/media\/552"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=544"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=544"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=544"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}