{"id":469,"date":"2025-06-25T12:30:00","date_gmt":"2025-06-25T10:30:00","guid":{"rendered":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/?p=469"},"modified":"2025-06-25T11:50:08","modified_gmt":"2025-06-25T09:50:08","slug":"lamarr-revolucionou-o-cine-impulsou-a-enxeneria-e-plantoulle-cara-a-un-nazi","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/2025\/06\/25\/lamarr-revolucionou-o-cine-impulsou-a-enxeneria-e-plantoulle-cara-a-un-nazi\/","title":{"rendered":"Lamarr revolucionou o cine, impulsou a enxe\u00f1er\u00eda e plantoulle cara a un nazi."},"content":{"rendered":"\n<p>Lamarr foi unha persoa que sen formaci\u00f3n ningunha e tendo a s\u00faa carreira laboral orientada arredor do cine, conseguiu facerse un lugar na historia das invenci\u00f3ns dese\u00f1ando en colaboraci\u00f3n con George Antheil un sistema de control por radio. Grazas \u00e1 s\u00faa curiosidade e talento, a tecnolox\u00eda deu un primeiro paso para que hoxe gocemos da marabillosa wifi. <\/p>\n\n\n\n<p>Preg\u00fantome cantas persoas, ao ver a foto de portada deste artigo, asumen que Lamarr luce un sombreiro. Dende logo que Hedy Lamarr non ten o aspecto que se acostuma a asociar co dunha muller inventora. Ac\u00e9ptase un pelo branco curto ao <em>gar\u00e7on<\/em> ou unhas lentes grosas ca\u00eddas sobre un nariz entre dous ollos taciturnos. A imaxe do sacrificio polo ben da humanidade que Marie Curie nos deixou. Esta imaxe, pola contra, a dunha muller que non precisa abandonar a s\u00faa feminidade para compartir a s\u00faa intelixencia, resulta a\u00ednda controvertida. <\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-full\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"500\" height=\"627\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-content\/uploads\/sites\/3\/2025\/06\/Hedy_Lamarr_Publicity_Photo_for_The_Heavenly_Body_1944.jpg\" alt=\"Muller morena, longas perstanas, e beizos grosos. Leva posto un vestido de lunares e un colar de perlas. \" class=\"wp-image-471\" srcset=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-content\/uploads\/sites\/3\/2025\/06\/Hedy_Lamarr_Publicity_Photo_for_The_Heavenly_Body_1944.jpg 500w, https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-content\/uploads\/sites\/3\/2025\/06\/Hedy_Lamarr_Publicity_Photo_for_The_Heavenly_Body_1944-239x300.jpg 239w\" sizes=\"auto, (max-width: 500px) 100vw, 500px\" \/><\/figure>\n\n\n\n<p>Lamarr, austr\u00edaca filla de xud\u00edos, comezou no cine moi nova e obtivo rapidamente un \u00e9xito notable mais tras casar co seu primeiro marido viu a s\u00faa carreira truncada. A s\u00faa vida, se somos precisos. O seu primeiro marido, malia que tam\u00e9n ti\u00f1a ascendencia xud\u00eda,  relacion\u00e1base coa sociedade fascista do momento chegando a introducirse no negocio de armas. Con ela era tam\u00e9n consistente coas s\u00faas ideas: maltrat\u00e1baa mant\u00e9ndoa encerrada na casa e prohib\u00edndolle continuar coa s\u00faa carreira. Fritz Mandl, o &#8220;Rei da Munici\u00f3n&#8221; como daquela era co\u00f1ecido, foi o primeiro nazi que Lamarr combateu ao romper repentinamente co seu matrimonio e fuxir do pa\u00eds. <\/p>\n\n\n\n<p>Se hoxe en d\u00eda xa \u00e9 dif\u00edcil para unha muller abandonar a s\u00faa parella, imaxino que fai preto de cen anos non era m\u00e1is doado. Supo\u00f1o que como moitas de n\u00f3s, ao contar o maltrato recibido, foi considerada unha hist\u00e9rica e tivo que tratar coa incredulidade da xente. Ser unha actriz famosa non lle axudar\u00eda tampouco, especialmente tras protagonizar o filme <em>Ekstase<\/em> de Gustave Macht\u00fd no que aparec\u00eda correndo espida. <\/p>\n\n\n\n<p>Na actualidade s\u00e9guese a cuestionar a capacidade da muller constantemente, de feito as cualidades que definen a feminidade son consideradas signo de debilidade, de inxenuidade e definitorias de fracaso&#8230; Nunca acadamos ese lugar de igualdade porque ao igual que o ex-marido de Lamarr, a sociedade capitalista precisa dun ser ao que magoar para sentir esa falsa sensaci\u00f3n de superioridade. Menciono a sociedade enteira, porque se pode inclu\u00edr \u00e1s mulleres no grupo emisor de menosprezos.<\/p>\n\n\n\n<p>Moitas mulleres buscan ser tomadas en serio a trav\u00e9s da emulaci\u00f3n do comportamento masculino tradicional, esa toxicidade baseada na competici\u00f3n. No paradigma da competitividade, a muller dura non \u00e9 a que sobrevive calamidades e, con todo, atopa maneira de repo\u00f1erse para continuar alimentando a s\u00faa creatividade, sen\u00f3n que \u00e9 a que mostra a mesma agresividade e falta de escr\u00fapulos coa que a trataron. Escoitar ao resto de participantes dun coloquio non \u00e9 considerado intelixente porque se premia a quen pisa aos demais ao falar. Non importa que para aprender sexa necesario ficar analizando e reflexionando as palabras dos demais. O que prevalece con frecuencia \u00e9 a atenci\u00f3n que un atrae, non a que presta.<\/p>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\">\n<p>Son daquela as mulleres que se adaptan a esta forma patriarcal de facer as cousas as que obte\u00f1en os escasos espazos que se lles deixan facendo que outras maneiras de ser dentro do espectro da muller nunca cheguen a ser visibilizadas. <\/p>\n<\/blockquote>\n\n\n\n<p>Dende 1939, Hedy Lamarr recibiu numerosos premios polo seu talento art\u00edstico como actriz, mentres que tivo que esperar ata 1997 para que a s\u00faa contribuci\u00f3n \u00e1 electr\u00f3nica fose reco\u00f1ecida como se merec\u00eda. Do mesmo xeito que inconscientemente continuamos a alagar \u00e1s nenas pequenas polo fermosas que son e esquecemos mencionar a s\u00faa intelixencia. <\/p>\n\n\n\n<h2 class=\"wp-block-heading\">Admiramos a quen escolle a ciencia do combate pero que pasa con quen escolle a ciencia do coidado?<\/h2>\n\n\n\n<p>Reflexionando sobre como a sociedade valora os logros da muller decateime de que as disciplinas tam\u00e9n sofren o machismo. A ciencia tecnol\u00f3xica est\u00e1 vinculada co masculino e as\u00ed \u00e9 que recibe m\u00e1is atenci\u00f3n e financiamento. Outras disciplinas son, pola contra, entendidas como cousa menor, como cousa de mulleres. Son, por tanto, desatendidas e ignoradas. <\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-full\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"325\" height=\"258\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-content\/uploads\/sites\/3\/2025\/06\/HOF-Sister-Jean-Ward.jpg\" alt=\"Unha enfermeira dos anos 20 con cofia sost\u00e9n un beb\u00e9 nos brazos\" class=\"wp-image-473\" srcset=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-content\/uploads\/sites\/3\/2025\/06\/HOF-Sister-Jean-Ward.jpg 325w, https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-content\/uploads\/sites\/3\/2025\/06\/HOF-Sister-Jean-Ward-300x238.jpg 300w\" sizes=\"auto, (max-width: 325px) 100vw, 325px\" \/><\/figure>\n\n\n\n<p>A enfermer\u00eda e unha delas. Esa ciencia que se basea a vixilancia, na recolecci\u00f3n de datos e na tenrura do trato humano como ferramentas de traballo. A mi\u00fado vese como unha profesi\u00f3n de menor importancia e co\u00f1ecementos que a medicina ou a qu\u00edmica, como se existise s\u00f3 para ser unha figura asistencial.<\/p>\n\n\n\n<p>En 1958, Jean Ward descubriu o que hoxe se co\u00f1ece como fototerapia neonatal, o tratamento m\u00e1is com\u00fan para a ictericia neonatal. Non o fixo con punzantes instrumentos nin agresivos f\u00e1rmacos, f\u00edxoo precisamente con esas caracter\u00edsticas femininas que seguimos menosprezando: a observaci\u00f3n, a escoita e a compaix\u00f3n. Naquel tempo, por prescripci\u00f3n m\u00e9dica, os beb\u00e9s recib\u00edan transfusi\u00f3ns de sangue para a ictericia cun resultado menos prometedor do esperado. Jean Ward notou que todo o que precisaban era un pouco de sol. Sen permiso e a escondidas dos facultativos, levaba a pasear os beb\u00e9s prematuros polo patio do hospital porque notaba que estaban visiblemente mellor despois de estar f\u00f3ra. Un d\u00eda, un m\u00e9dico que traballaba con Ward, o doutor Dobbs, notou que a pel debaixo dunha manta parec\u00eda m\u00e1is amarela que aquela exposta ao sol. O primeiro que fixo o doutor Dobbs foi acusar a Ward de tinguir a pel daquel beb\u00e9 con iodo para probar a s\u00faa teor\u00eda. Imaxino que era o instinto que lle dic\u00eda que unha muller, prestando atenci\u00f3n dende unha posici\u00f3n social inferior, non pod\u00eda descubrir un mellor tratamento que o que un m\u00e9dico pod\u00eda prescribir. <\/p>\n\n\n\n<p>A enfermer\u00eda a\u00ednda \u00e9 considerada unha profesi\u00f3n supeditada \u00e1 medicina en lugar de reco\u00f1ecer a s\u00faa colaboraci\u00f3n. Probablemente porque a maior parte das profesionais son mulleres e &#8220;o \u00fanico que fan \u00e9 coidar&#8221;. A enfermer\u00eda \u00e9 unha disciplina que loita pola prevenci\u00f3n da sa\u00fade e a independencia do paciente. Ambos son obxectivos que comparten coa medicina o suxeito de estudo, pero que se diferencian dela xa que esta \u00faltima se preocupa da diagnose e tratamento da enfermidade deixando a un lado o mantemento da sa\u00fade. <\/p>\n\n\n\n<p>O patriarcado chega ao m\u00e1is fondo da nosa cultura. Non \u00e9 de estra\u00f1ar que un dos obxectivos m\u00e1is recentes do feminismo \u00e9 o de po\u00f1er a vida no centro. Si, os coidados. A ciencia, tan correcta e exacta ela, precisa revisarse, calibrar os seus instrumentos e redireccionar a mirada. O mundo merece e anhela unha ciencia en feminino que observe, escoite e trate a vida con tenrura. Unha intelixencia diferente, lonxe de ser artificial, unha intelixencia feminina. <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Lamarr foi unha persoa que sen formaci\u00f3n ningunha e tendo a s\u00faa carreira laboral orientada arredor do cine, conseguiu facerse un lugar na historia das invenci\u00f3ns dese\u00f1ando en colaboraci\u00f3n con George Antheil un sistema de control por radio. Grazas \u00e1 s\u00faa curiosidade e talento, a tecnolox\u00eda deu un primeiro paso para que hoxe gocemos da [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":470,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[54,99,100,32,63,1,53],"tags":[57,58,95,102,101,103,82,55],"class_list":["post-469","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-bencomun","category-ciencia","category-enxeneria","category-filosofia","category-saude","category-sen-categoria","category-tecnoloxia","tag-bencomun","tag-capitalismo","tag-ciencia","tag-cultura","tag-enxeneria","tag-feminismo","tag-saude","tag-tecnoloxia"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/469","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=469"}],"version-history":[{"count":7,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/469\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":481,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/469\/revisions\/481"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/media\/470"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=469"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=469"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=469"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}