{"id":465,"date":"2025-07-16T13:30:00","date_gmt":"2025-07-16T11:30:00","guid":{"rendered":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/?p=465"},"modified":"2025-07-08T17:18:46","modified_gmt":"2025-07-08T15:18:46","slug":"agora-que-deus-esta-morto-adoramos-a-santa-serotonina","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/2025\/07\/16\/agora-que-deus-esta-morto-adoramos-a-santa-serotonina\/","title":{"rendered":"Agora que Deus est\u00e1 morto, adoramos a Santa Serotonina"},"content":{"rendered":"\n<p>Os modelos de psiquiatr\u00eda queren dar respostas demasiado sinxelas aos s\u00edntomas psicol\u00f3xicos e aos denominados trastornos. Hai uns d\u00edas, para a mi\u00f1a sorpresa, escoiteille a un psiquiatra, o doutor Jos\u00e9 Luis Mar\u00edn, falar deste xeito sobre a co\u00f1ecida teor\u00eda da serotonina. Resulta esperanzador ver que, tras numerosos estudos e a\u00ednda m\u00e1is testemu\u00f1os de pacientes, por fin alg\u00fan psiquiatra de prestixio reco\u00f1ece publicamente que a falta de serotonina non \u00e9 a causa da depresi\u00f3n nin de ning\u00fan outra afecci\u00f3n. <\/p>\n\n\n\n<p>Na s\u00faa intervenci\u00f3n, Mar\u00edn explica que no seu momento el tam\u00e9n se sentira atra\u00eddo pola idea de comprender todo o que ocorre dentro das nosas cabezas cun sinxelo modelo. Por desgraza, iso non \u00e9 posible, pois non somos s\u00f3 mol\u00e9culas qu\u00edmicas e neurotransmisores (que por certo hai miles), tam\u00e9n somos un corpo e unhas experiencias, somos un contexto e unha cultura. <\/p>\n\n\n\n<p>E na cultura precisamente se ancora esta visi\u00f3n simplista do malestar humano. O dualismo de corpo e mente esnaquizounos ata converternos en maquinaria. Como calquera ferramenta de traballo, cando non funcionamos as\u00famese que debemos ser arranxados axustando o l\u00edquido dos freos ou cambiando unha torca. Moitos profesionais e outros tantos pacientes, af\u00e9rranse a esta idea da <em>Santa Serotonina<\/em> porque non desexan afrontar unha realidade descomposta moito m\u00e1is complexa de reparar. <\/p>\n\n\n\n<h2 class=\"wp-block-heading\">Crer para non se defender<\/h2>\n\n\n\n<p>No seu momento, a crenza relixiosa permitiulle aos gobernadores controlar o que o pobo fac\u00eda, en ocasi\u00f3ns polo ben da maior\u00eda e, con m\u00e1is frecuencia, para beneficiar aos que xa ti\u00f1an poder e as\u00ed permitirse mantelo. Crer apaixonadamente en Deus fixo que as persoas adoptasen h\u00e1bitos de vida saudables pero tam\u00e9n fixo que se perseguisen inocentes. O que est\u00e1 claro \u00e9 que a adoraci\u00f3n de un \u00fanico ente focaliza os esforzos das masas facendo que quen ten o monopolio desa crenza pos\u00faa tam\u00e9n o poder e a vontade de quen a cre. Apelar \u00e1 culpabilidade do individuo que nace cun pecado orixinal pegado ao peito \u00e9 m\u00e1is sinxelo que razoar con el, especialmente cando o que pretendes \u00e9 convencelo de actuar en contra do seu propio beneficio. <\/p>\n\n\n\n<p>Hai pouco m\u00e1is de cen anos un famoso fil\u00f3sofo anunciaba a morte de Deus como expresi\u00f3n da liberaci\u00f3n do pensamento. A pesar do &#8220;optimismo&#8221; de Nietzsche, o nacemento do <em>Superhome<\/em> non se chegou a producir, poren Deus perdeu moitos adeptos. A relixiosidade non se deixou de lado, o ser humano encarnado en asiduos conflitos b\u00e9licos precisa dun alivio espiritual  que o mante\u00f1a en p\u00e9 disposto  a vivir calquera infortunio. O individuo illado pola falta de comunidade, consecuencia da competencia produtivista caracter\u00edstica da nosa \u00e9poca, precisa atoparlle sentido \u00e1s dificultades mentais que lle imp\u00f3n un mundo dese\u00f1ado para robots. O estudo espiritual pagan foi dilapidado durante s\u00e9culos de persecuci\u00f3n e, as\u00ed mesmo, mantense \u00e1 marxe subsistindo pero degradado e etiquetado como un pensamento irracional debido ao tratamento circense con que estas tradici\u00f3ns se foron transmitindo. Enterrada baixo metros de ficci\u00f3ns, a espiritualidade desligada da relixi\u00f3n \u00e9 un co\u00f1ecemento que precisa ser redescuberto e depurado de misticismos e teatralidade. <\/p>\n\n\n\n<h2 class=\"wp-block-heading\">A promesa dun para\u00edso en vida<\/h2>\n\n\n\n<p>O capitalismo \u00e9 a nova relixi\u00f3n. O neoliberalismo desenfreado, a s\u00faa versi\u00f3n m\u00e1is cruenta, \u00e9 o culto promovido polos poderosos que desexan innumerables ac\u00f3litos en forma de consumidores. Mentres que algunhas relixi\u00f3ns buscan controlar aos cidad\u00e1ns a trav\u00e9s dunha vida austera e r\u00edxida na que todo se reduce a unha serie de h\u00e1bitos ou rituais que se aborrecen a mente, o capitalismo enf\u00f3case na procura dunha vida ostentosa que a calme con pracer ilimitado. Non importa demasiado que rituais decidas desenvolver no teu d\u00eda a d\u00eda sempre e cando o fagas con <em>glamour<\/em>. <\/p>\n\n\n\n<p>Para ser un bo fregu\u00e9s desta relixiosidade moderna has de consumir produtos que demostren a t\u00faa fe. A abundancia p\u00f3dese comparar coa purificaci\u00f3n da alma que unha vez de morto a un lle permite entrar no ceo. O que se pretende \u00e9 habitar o para\u00edso prometido antes de que a morte pete \u00e1 porta. A iron\u00eda \u00e9 que as presas por atopar o para\u00edso provocan unha constante ruminaci\u00f3n que gravita sen\u00f3n ao redor da morte. Tanto a aceleraci\u00f3n da vida, a extenuaci\u00f3n derivada do traballo necesario para ser consumidor, como a frustraci\u00f3n de ver que o para\u00edso en vida est\u00e1 s\u00f3 dispo\u00f1ible para uns poucos, xera un malestar f\u00edsico e psicol\u00f3xico que \u00e9 desapiadado e inevitable. <\/p>\n\n\n\n<p>Se cadra, inevitable non. Para iso est\u00e1 <em>Santa Serotonina<\/em>, a maneira na que os capitalistas che permiten evitar o malestar sen abandonar o consumismo. A\u00ednda que non ven sen unha peaxe, por suposto. Podes vivir nun estado constante de alteraci\u00f3n da consciencia que che fai sentir unha certa independencia do teu corpo evit\u00e1ndoche sentir a dor, mais<em> Santa Serotonina<\/em> non concede milagres sen cobrar por eles. A ofrenda esixe pagar un alto prezo, para desfrutar da anestesia mental ante a dor emocional debemos doar tam\u00e9n as nosas alegr\u00edas, a nosa creatividade e a nosa empat\u00eda. <\/p>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\">\n<p>O que <em>Santa Serotonina<\/em> che d\u00e1, <\/p>\n\n\n\n<p><em>Santa Serotonina<\/em> che quita.<\/p>\n<\/blockquote>\n\n\n\n<p>A pesar do sacrificio requirido, non son poucos os que aceptan as condici\u00f3ns co fin de formar parte da comunidade capitalista. De rexeitar os termos, moitos arr\u00edscanse a ser expulsados da sociedade e a atop\u00e1rense en situaci\u00f3ns inadecuadas para o sostemento da vida. <em>Santa Serotonina<\/em> negocia con m\u00e1is vileza que o demo, non s\u00f3 che quita a alma sen\u00f3n que ademais a \u00fanica alternativa que ofrece \u00e9 unha vida precaria. S\u00f3 che entrega o entumecemento necesario para continuar empurrando as rochas de varios S\u00edsifos a un tempo.<\/p>\n\n\n\n<p>Cando cremos na teor\u00eda do d\u00e9ficit de serotonina como causa da depresi\u00f3n estamos a culparnos a n\u00f3s mesmo por nacermos defectuosos, por ser incapaces de producir unha sustancia qu\u00edmica que outros tantos semellan fabricar sen dificultade. Deixamos de mirar ao sistema socioecon\u00f3mico que nos rexe e pretendemos cambiar a nosa realidade cambiando lixeiramente a nosa bioqu\u00edmica. O poder defende esta teor\u00eda porque o libera de toda responsabilidade e lle entrega o l\u00e1tego ao escravo quen se presta agora voluntario para atizarse a diario posto que o seu corpo xa non sente. <\/p>\n\n\n\n<h2 class=\"wp-block-heading\">Os herexes da idade contempor\u00e1nea<\/h2>\n\n\n\n<p>Este modelo psiqui\u00e1trico non \u00e9 un simple postulado m\u00e9dico, actualmente tr\u00e1tase dun mecanismo pol\u00edtico posto en marcha para a mellor manipulaci\u00f3n do cidad\u00e1n. Resistirse \u00e1 crenza \u00e9 ser tachado de herexe. Diranche que hai moitos que lle rezaron a <em>Santa Serotonina<\/em> e ela escoitou as s\u00faas pregas. \u00c9 tan certo como que pasar unha hora diaria rezando \u00e9 sen\u00f3n un tipo de meditaci\u00f3n, cos seus beneficios adxuntos. As\u00ed e todo, non vai m\u00e1is al\u00e1 de tomarse unha copi\u00f1a de co\u00f1ac ao comezar o d\u00eda para manter o fr\u00edo a raia. <\/p>\n\n\n\n<p>Criticar aos seguidores desta relixi\u00f3n tampouco est\u00e1 permitido posto que se considera unha falta de compaix\u00f3n. Como vas cuestionar a decisi\u00f3n de consumir o &#8220;o corpo de Deus&#8221; cada d\u00eda se a ti non che fai mal ning\u00fan? Un pode dicir que non me fai mal quen acude todos os d\u00edas a misa, por\u00e9n si me afecta que esa mesma persoa marque a casi\u00f1a da igrexa na declaraci\u00f3n da renta e lle dea esmola ao crego que xa cobra un soldo mensual financiado polo estado. <\/p>\n\n\n\n<p>\u00c9 marabilloso que poidamos falar da nosa sa\u00fade, das dificultades que afrontamos e dos detalles de como intentamos manexar a nosa situaci\u00f3n, pero non podemos esquecer que cada vez que adoramos a<em> Santa Serotonina<\/em>  \u00e9 o mesmo que cando fai d\u00e9cadas se recomendaba unha lobotom\u00eda. Agora o aniquilamento do librepensador xa non se fai con cirurx\u00eda xa que existen numerosas sustancias qu\u00edmicas e variadas formulaci\u00f3ns. <\/p>\n\n\n\n<p>En definitiva, ata que matemos a este Deus resucitado en forma de pastilla non conseguiremos transformar a cultura para finalmente decatarnos de que a emancipaci\u00f3n do corpo, e tam\u00e9n da terra, non \u00e9 o que desexamos e moito menos o que precisamos.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Os modelos de psiquiatr\u00eda queren dar respostas demasiado sinxelas aos s\u00edntomas psicol\u00f3xicos e aos denominados trastornos. Hai uns d\u00edas, para a mi\u00f1a sorpresa, escoiteille a un psiquiatra, o doutor Jos\u00e9 Luis Mar\u00edn, falar deste xeito sobre a co\u00f1ecida teor\u00eda da serotonina. Resulta esperanzador ver que, tras numerosos estudos e a\u00ednda m\u00e1is testemu\u00f1os de pacientes, por [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":540,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[54,99,31,107,32,30,79,62,63,1,85],"tags":[57,58,102,112,48,25,109,110,111,82,108],"class_list":["post-465","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-bencomun","category-ciencia","category-consciencia","category-cultura","category-filosofia","category-humanidad","category-neurodivergencia","category-sanidade","category-saude","category-sen-categoria","category-sensibilidade","tag-bencomun","tag-capitalismo","tag-cultura","tag-dualismo","tag-filosofia-2","tag-humanidade","tag-psicoloxia","tag-psiquiatria","tag-relixion","tag-saude","tag-serotonina"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/465","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=465"}],"version-history":[{"count":11,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/465\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":539,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/465\/revisions\/539"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/media\/540"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=465"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=465"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=465"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}