{"id":416,"date":"2025-06-11T13:00:48","date_gmt":"2025-06-11T11:00:48","guid":{"rendered":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/?p=416"},"modified":"2025-06-11T13:02:53","modified_gmt":"2025-06-11T11:02:53","slug":"que-pasara-cando-as-empresas-de-ia-cobren-regalias","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/2025\/06\/11\/que-pasara-cando-as-empresas-de-ia-cobren-regalias\/","title":{"rendered":"Que pasar\u00e1 cando as empresas de IA cobren regal\u00edas?"},"content":{"rendered":"\n<p>O individuo pode empregar un modelo de linguaxe longo (LLM) con liberdade ata que se lle pida asinar un contrato de colaboraci\u00f3n no que unha cl\u00e1usula o obrigue a pagar regal\u00edas por cada unidade distribu\u00edda. Daquela, o \u00fanico beneficiado dos avances da intelixencia artificial ser\u00e1 o dono dese modelo de linguaxe. <\/p>\n\n\n\n<h2 class=\"wp-block-heading\">Unha t\u00e1ctica xa inventada<\/h2>\n\n\n\n<p>Poder\u00eda semellar paranoico dicir que o agasallo que nos est\u00e1n a facer estas empresas est\u00e1 envelenado. Un caramelo cheo droga que se reparte de forma gratu\u00edta co fin de facernos adictos como para depender deles a longo prazo. Elon Musk aseguraba que levar\u00eda o internet a todas as esquinas do mundo para que ningu\u00e9n se vise privado del. Agora temos o firmamento cheo de sat\u00e9lites e aqueles que non desfrutaban da conexi\u00f3n internauta seguen a ter falta dela. As promesas son f\u00e1ciles de vender, no entanto, son moito m\u00e1is dif\u00edciles de manter. <\/p>\n\n\n\n<p>A expresi\u00f3n de &#8220;<a href=\"https:\/\/en.wikipedia.org\/wiki\/Embrace,_extend,_and_extinguish\" data-type=\"link\" data-id=\"https:\/\/en.wikipedia.org\/wiki\/Embrace,_extend,_and_extinguish\">embrace, extend &amp; extinguish<\/a>&#8220;, en galego co\u00f1ecida como &#8220;abrazar, estender e exterminar&#8221;, \u00e9 unha estratexia de mercado desenvolta e empregada internamente pola compa\u00f1\u00eda Microsoft. A s\u00faa aplicaci\u00f3n ten como intenci\u00f3n adoptar alegremente un est\u00e1ndar en voga, neste caso podemos falar da implantaci\u00f3n da IA, seguidamente facilitar a s\u00faa diseminaci\u00f3n entre os usuarios ofrec\u00e9ndolles algunha funcionalidade non compatible co est\u00e1ndar adoptado e, posteriormente, cando a maior\u00eda de consumidores se acomodan a esta funcionalidade, marxinalizan aos pequenos competidores ata que eliminan a s\u00faa presencia do mercado. <\/p>\n\n\n\n<p>Agora estamos a &#8220;desfrutar do primeiro paso&#8221;. Ese momento no que as grandes empresas ofrecen os seus produtos con lixeireza e suposta xenerosidade. Pronto comezaremos a ver como os usuarios se far\u00e1n dependentes desta tecnolox\u00eda para desenvolver os seus traballos. O \u00faltimo chanzo sentirase con moita frustraci\u00f3n. Coa mesma coa que moitos pelexan a diario por precisar de redes sociais fascistas para promover o seu traballo ou de pagaren infinitas subscrici\u00f3ns a servizos elementais para a xesti\u00f3n das s\u00faas pequenas empresas, por non mencionar aos aut\u00f3nomos; dificultando a mellora e estabilidade econ\u00f3mica da que gozan.<\/p>\n\n\n\n<h2 class=\"wp-block-heading\">Empregar a IA para non ficar atr\u00e1s<\/h2>\n\n\n\n<p>Comprendo o temor. O teu compa\u00f1eiro aprende a empregar unha nova tecnolox\u00eda e ti non. Aos poucos meses hai que botar a algu\u00e9n&#8230; E claro, ser\u00e1s ti. \u00c9 unha reacci\u00f3n natural, por\u00e9n non de todo l\u00f3xica. <\/p>\n\n\n\n<p>Lembro cando o emprego de buscador de Google se fixo<em> vox populi<\/em>. De s\u00fapeto, todos pod\u00edamos acceder a montes e moreas de informaci\u00f3n en cuesti\u00f3n de segundos. M\u00e1is ou menos a mesma sensaci\u00f3n que te\u00f1en moitos ao observar a evoluci\u00f3n da IA. Agora xa non precisaremos perder tanto tempo buscando informaci\u00f3n. Abonda con preguntarlle as cousas do xeito adecuado a<em> Don Google<\/em>. Temos que actualizarnos e aprender a procura avanzada e por tesauros&#8230; Por que me soa iso moito aos prompts? Ser\u00e1 que hai algunha semellanza? <\/p>\n\n\n\n<p>Apareceron os motores de busca pero non desapareceu o traballo xenu\u00edno do investigador que pasa horas desempoando textos, literal ou figuradamente. Si que proliferaron os artigos pseudoxornal\u00edsticos escritos por unha motivaci\u00f3n produtiva pero a verdadeira procura e transmisi\u00f3n do co\u00f1ecemento segue a ser un reto. A necesidade dunha mirada cr\u00edtica \u00e1 hora de discernir unha informaci\u00f3n doutra cobrou, se cadra, debido \u00e1 inmensa cantidade dispo\u00f1ible, a\u00ednda m\u00e1is relevancia. Por suposto, asumindo que o que estamos a discutir \u00e9 un traballo ben feito.<\/p>\n\n\n\n<p>Se do que estamos a falar \u00e9 exclusivamente dun soldo, daquela a cousa cambia. Se non priorizamos a calidade do que facemos, se a achega social do noso esforzo non \u00e9 de importancia e s\u00f3 valoramos o resultado en termos produtivos, os matices cambian. Nese caso, podemos celebrar que acabamos m\u00e1is axi\u00f1a. A\u00ednda as\u00ed, se o que che preocupa \u00e9 a perda de traballo non o ver\u00eda como unha competencia entre compa\u00f1eiros sen\u00f3n m\u00e1is ben dunha unha ameaza dirixida dende as grandes fortunas propietarias dos modelos de IA e outros grandes capitalistas, cara aos seus empregados e a clase traballadora en xeral. A acentuaci\u00f3n da desigualdade social, por moi formados que esteamos, vai afectar ao cidad\u00e1n medio notablemente. N\u00f3s podemos loitar por manter os nosos postos de traballo aproveitando a desvantaxe dos que non se actualicen en IA, mais non debemos deixar de preguntarnos que pasar\u00e1 cos nosos fillos, cando todos sexan educados por igual no emprego desta ferramenta para deleite exclusivo das clases altas.<\/p>\n\n\n\n<h2 class=\"wp-block-heading\">Producir m\u00e1is, todo o tempo<\/h2>\n\n\n\n<p>O individuo, para o sistema capitalista, non \u00e9 s\u00f3 un traballador, tam\u00e9n \u00e9 un consumidor. Polo tanto, cando o que consumes se abarata, os teus resultados tam\u00e9n sofren un abaratamento, e a t\u00faa forza de traballo despr\u00e9zase. Cando empregamos unha IA LLM para acelerar o noso traballo e as\u00ed ser m\u00e1is competitivos no mercado laboral, estamos contribu\u00edndo a que o noso tempo dimin\u00faa de valor, facendo que precisemos sacar adiante unha maior produci\u00f3n para obter o mesmo beneficio econ\u00f3mico. Se a iso lle engadimos a dependencia da IA que experimentaremos e que pagaremos con facturas mensuais&#8230; \u00c9 dicir, as contas non saen.<\/p>\n\n\n\n<p>Por agora \u00e9 f\u00e1cil ver como nos axuda a axilizar certas tarefas, pois esa capacidade tena, e eu non a estou negando. Tr\u00e1tase m\u00e1is ben de engadirlle a esta tecnolox\u00eda o comportamento humano que a vai dirixir.  Da <em>Papaver somniferum<\/em> s\u00e1case un dos analx\u00e9sicos m\u00e1is potentes que existen, a hero\u00edna ou morfina, aliviando o sufrimento de moitos pacientes. Iso non lle impediu ao imperio brit\u00e1nico crear unha crise de sa\u00fade p\u00fablica en China durante o s\u00e9culo XIX co fin de &#8220;defender&#8221; os seus intereses comerciais na zona. <\/p>\n\n\n\n<p>A idea de que os que cheguen \u00faltimos chegar\u00e1n tarde non \u00e9 de todo acertada. Ser\u00e1n uns anticuados, si, mais os que cheguen tarde, poida que sexan tam\u00e9n os que cheguen coa s\u00faa capacidade de razoamento cr\u00edtico intacta e con pouca dependencia desas doces drogas tecnol\u00f3xicas que, por agora, agasallan.<\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O individuo pode empregar un modelo de linguaxe longo (LLM) con liberdade ata que se lle pida asinar un contrato de colaboraci\u00f3n no que unha cl\u00e1usula o obrigue a pagar regal\u00edas por cada unidade distribu\u00edda. Daquela, o \u00fanico beneficiado dos avances da intelixencia artificial ser\u00e1 o dono dese modelo de linguaxe. Unha t\u00e1ctica xa inventada [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[],"class_list":["post-416","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/416","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=416"}],"version-history":[{"count":5,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/416\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":449,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/416\/revisions\/449"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=416"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=416"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=416"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}