{"id":407,"date":"2025-06-18T12:30:00","date_gmt":"2025-06-18T10:30:00","guid":{"rendered":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/?p=407"},"modified":"2025-06-09T16:31:02","modified_gmt":"2025-06-09T14:31:02","slug":"non-vos-desesperedes-e-so-a-adolescencia-da-humanidade","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/2025\/06\/18\/non-vos-desesperedes-e-so-a-adolescencia-da-humanidade\/","title":{"rendered":"Non vos desesperedes, \u00e9 s\u00f3 a adolescencia da humanidade"},"content":{"rendered":"\n<h2 class=\"wp-block-heading\">Como, con tanto co\u00f1ecemento acumulado, nos comportamos tan salvaxemente? <\/h2>\n\n\n\n<p>Se consideramos toda a humanidade como a un \u00fanico ser vivo e comparamos as \u00e9pocas hist\u00f3ricas coas etapas de vida dun humano, atopamos suficientes similitudes coa adolescencia. <\/p>\n\n\n\n<p>Estamos nun momento hist\u00f3rico no que,  no seu conxunto, a sociedade pos\u00fae abundante co\u00f1ecemento sobre unha infinidade de disciplinas, human\u00edsticas ou cient\u00edficas. Semella que sabemos todo o que hai que saber para solucionar os nosos problemas, sexan clim\u00e1ticos como sociais, por\u00e9n somos incapaces de po\u00f1elos en pr\u00e1ctica. Centr\u00e1monos noutras cousas que en lugar de axudarnos a medrar como ser vivo, alimentan o ego desa idea de &#8220;Humanos Vs Natureza&#8221;. Deste xeito \u00e9 que, dende f\u00f3ra, dende o espazo exterior, parecemos adolescentes en plena crise existencial devecendo por evolucionar e frustrados por non conseguilo.<\/p>\n\n\n\n<p>A lactancia pas\u00e1mola na prehistoria. Acubillados en covas, comendo o que a natureza nos daba e durmindo o resto do tempo. Experimentamos o contacto con outras especies e empezamos a diferenciar entre as que nos sentan ben e as que non. Eramos beb\u00e9s que choran cando algo lles molesta e rin cando algo lles presta. <\/p>\n\n\n\n<p>Pouco a pouco, fomos aprendendo a xogar. Primeiro co lume, como os cativos que, atra\u00eddos pola beleza das lapas, se achegan \u00e1 coci\u00f1a de le\u00f1a da avoa e asumen as consecuencias de ignorar o perigo das altas temperaturas.  Tam\u00e9n empregamos pedras para interactuar con esa natureza que xa deixaba de ser tan desco\u00f1ecida e, incluso, nos atreviamos a dar os nosos primeiros pasos como seres independentes inici\u00e1ndonos na agricultura. <\/p>\n\n\n\n<p>Podemos comparala, pola gran carga impulsora que para n\u00f3s foi a agricultura, coa liberdade que lle d\u00e1 a unha crianza ser capaz de desprazarse sen axuda dos seus coidadores. \u00c9 un cambio de paradigma, tanto, que ata podemos ir \u00e1 escola. E iso fixo o ser humano, p\u00faxose a traballar e a inventar maneiras de xogar m\u00e1is e mellor. Aprendeu. <\/p>\n\n\n\n<p>Comezamos a moldear o barro e posteriormente fedellamos co bronce, co ferro e outros metais. Desfrutamos constru\u00edndo e enchendo o noso entorno con louzas e trebellos, tal que fosen plastilina e<em> <\/em>bloques de <em>Lego<\/em>. Exercitamos a nosa creatividade e cada vez fomos constru\u00edndo cousas m\u00e1is grandes. A infinidade do mundo era o noso l\u00edmite. <\/p>\n\n\n\n<p>Exploramos a terra e o mar. Chegamos a todas as esquinas do planeta e deixamos a nosa pegada. Investigamos o que al\u00ed hab\u00eda e pensamos en formas de empregalo para os noso proxectos creativos. Apareceu a escritura impulsando esa acumulaci\u00f3n de co\u00f1ecemento e d\u00e1ndonos a posibilidade de transmitir as nosas vivencias a un p\u00fablico moi futuro. <\/p>\n\n\n\n<pre class=\"wp-block-preformatted\">Recursos naturais, materiais escolares. <\/pre>\n\n\n\n<pre class=\"wp-block-preformatted\">Aventuras de exploradores, traballos de clase e exames. <\/pre>\n\n\n\n<p>Fomos aprendendo, &#8220;dominando a materia da natureza&#8221;.  E agora chegamos como adolescentes aos \u00faltimos cursos do instituto, xusto cando podemos demostrar o intelixente que somos, pero sentimos que algo est\u00e1 a cambiar, ser\u00e1n as hormonas, se cadra o clima. Non nos sentimos capaces de enfrontarnos \u00e1s tarefas que nos son encomendadas. A nosa mente perde a atenci\u00f3n de forma constante, ser\u00e1 a puberdade ou ser\u00e1 a electr\u00f3nica a que inundou as nosas vidas. Non queremos escoller. S\u00f3 nos culpamos. <\/p>\n\n\n\n<h2 class=\"wp-block-heading\">O ser humano vive unha crise existencial. <\/h2>\n\n\n\n<p>Ao igual que na adolescencia as crianzas se desilusionan dos pais ao descubrir que non o saben todo, a humanidade cr\u00eda que o mundo era infinito e agora at\u00f3pase con que ten l\u00edmites. A nai natureza pode dar ata onde chega, o pai pode protexernos ata que nos vemos ante perigos para el desco\u00f1ecidos.  <\/p>\n\n\n\n<p>Na historia do ser humano estase a escribir un cap\u00edtulo de gran transformaci\u00f3n. Non porque os avances tecnol\u00f3xicos nos vaian mostrar unha sen fin de posibilidades, sen\u00f3n porque estamos a replantexarnos o que significa ser parte deste planeta. Cal \u00e9 o noso lugar no conxunto da vida? <\/p>\n\n\n\n<p><em>A adolescencia \u00e9 dura, pero p\u00e1sase.<\/em> A crise clim\u00e1tica \u00e9 de gran relevancia, importa o que fagamos para superala. Os conflictos locais e internacionais non son simples &#8220;cousas de rapaces&#8221;, hai que interceder e deter as guerras antes de que sexan xenocidios. Ao igual que no caso do individuo adolescente, para superar esta crise existencial humana, o prioritario \u00e9 aprender a regular as emoci\u00f3ns, sandar a conexi\u00f3ns e dialogar sobre que l\u00edmites merecen ser explorados e cales deben ser respectados. <\/p>\n\n\n\n<pre class=\"wp-block-code\"><code>A adolescencia da humanidade \u00e9 unha etapa complicada, mais pode superarse. <\/code><\/pre>\n\n\n\n<p>A intelixencia e a sabedor\u00eda son cousas moi distintas. Que a humanidade sexa a representaci\u00f3n do animal m\u00e1is listo non significa que sexa o m\u00e1is sabio. Acadamos o cumio do co\u00f1ecemento, e semella estamos nesa monta\u00f1a da ignorancia descrita polo efecto Dunning-Kruger. Non \u00e9 algo malo en absoluto, tr\u00e1tase dun paso m\u00e1is que precisamos dar para poder adquirir a sabedor\u00eda que a humanidade pode acadar. <\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-large\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/upload.wikimedia.org\/wikipedia\/commons\/7\/75\/2019-06-19_effet_dunning_kruger.png\" alt=\"\" \/><\/figure>\n\n\n\n<p>Unha vez superemos este tropezo experimentaremos a modestia coa que debemos ser parte da natureza e poderemos ir comprendendo pouco a pouco todas esas preguntas de gran calado que agora ata nos asusta propo\u00f1er. O obxectivo da nosa especie deixar\u00e1 de ser ese de sermos os m\u00e1is fortes e poderosos para ser ese de formar parte de algo m\u00e1is importante que n\u00f3s mesmos. <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Como, con tanto co\u00f1ecemento acumulado, nos comportamos tan salvaxemente? Se consideramos toda a humanidade como a un \u00fanico ser vivo e comparamos as \u00e9pocas hist\u00f3ricas coas etapas de vida dun humano, atopamos suficientes similitudes coa adolescencia. Estamos nun momento hist\u00f3rico no que, no seu conxunto, a sociedade pos\u00fae abundante co\u00f1ecemento sobre unha infinidade de disciplinas, [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":458,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[74,54,20,46,31,89,44,32,30,45,1,53],"tags":[75,60,57,22,25,98,94,97,55],"class_list":["post-407","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-agricultura","category-bencomun","category-comunicacion","category-comunidad","category-consciencia","category-contaminacion-ambiental","category-distopia","category-filosofia","category-humanidad","category-relaciones-sociales","category-sen-categoria","category-tecnoloxia","tag-agricultura","tag-anticapitalismo","tag-bencomun","tag-comunicacion","tag-humanidade","tag-natureza","tag-progreso","tag-relacions-sociais-2","tag-tecnoloxia"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/407","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=407"}],"version-history":[{"count":3,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/407\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":459,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/407\/revisions\/459"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/media\/458"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=407"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=407"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=407"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}