{"id":405,"date":"2025-07-02T14:41:58","date_gmt":"2025-07-02T12:41:58","guid":{"rendered":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/?p=405"},"modified":"2025-07-02T14:41:58","modified_gmt":"2025-07-02T12:41:58","slug":"tecnodiversidade-a-mina-panaderia-que-sexa-local-e-os-meus-servizos-dixitais-tamen","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/2025\/07\/02\/tecnodiversidade-a-mina-panaderia-que-sexa-local-e-os-meus-servizos-dixitais-tamen\/","title":{"rendered":"Tecnodiversidade: a mi\u00f1a panader\u00eda que sexa local, e os meus servizos dixitais, tam\u00e9n"},"content":{"rendered":"\n<p>Este fin de semana baixei \u00e1 vila para ir a unha manifestaci\u00f3n en apoio a Palestina. Eramos os mesmos de sempre pero tivo un bo efecto xa que, como estamos na costa e o ver\u00e1n se inaugurou, as r\u00faas comezan a encherse con turistas, quen non tiveron outra que escoitar as nosas consignas. <\/p>\n\n\n\n<p>Non todo o mundo pode ir \u00e1s manifestaci\u00f3ns ou mesmo non o considera como un m\u00e9todo \u00fatil para levar a cabo o cambio social desexado. Por iso hoxe propo\u00f1o outro m\u00e9todo de presionar aos grandes poderes sen necesidade sequera de sa\u00edr da casa: a  tecnodiversidade. <\/p>\n\n\n\n<p>Moitos dos turistas que nos tiveron que &#8220;soportar&#8221; amonto\u00e1banse en fileiras na porta de varias panader\u00edas co\u00f1ecidas pola s\u00faa habilidade artesanal, unha imaxe que se repite t\u00f3dolos anos e nalgunhas cidades, incluso todos os fines de semana. Cando mercamos pan, res\u00faltanos de maior valor se co\u00f1ecemos \u00e1 persoa que o amasou e o coceu. Ver as mans que tocaron o noso alimento, danos confianza.  No mundo tecnol\u00f3xico, a\u00ednda que a mi\u00fado semella alleo \u00e1 vida coti\u00e1, tam\u00e9n se pode facer o mesmo. De feito, xa existe, \u00e9 unha realidade que xurde en recunchos concienciados pero que poder\u00eda ser levado ao mainstream.<\/p>\n\n\n\n<p>A variedade no cultivo de artes e artesan\u00edas sempre foi para unha comunidade a mellor forma de acadar unha maior fortaleza pois ante un aumento das posibilidades tam\u00e9n se d\u00e1 un aumento das soluci\u00f3ns. Na actualidade non cabe d\u00fabida de que a biodiversidade \u00e9 o principal indicador de sa\u00fade, tanto territorial como ecol\u00f3xica como cultural. Daquela, \u00e9 sensato pensar que un modelo similar pode fortalecer a tecnolox\u00eda, entend\u00e9ndoa como un sistema plural cunha entidade \u00fanica na s\u00faa relaci\u00f3n co resto do ecosistema planetario. <\/p>\n\n\n\n<p>Co fin de explicar o concepto de tecnodiversidade, Yuk Hui, fil\u00f3sofo e enxe\u00f1eiro inform\u00e1tico chino, fala dunha ecolox\u00eda das m\u00e1quinas que permita unha coexistencia respectuosa entre natureza e tecnolox\u00eda. Tr\u00e1tase de buscar o xeito de integrar os avances tecnol\u00f3xicos dentro da l\u00f3xica da natureza para que esta non se vexa prexudicada cada vez que ao ser humano se lle ocorre unha innovaci\u00f3n. Consiste en aplicar co\u00f1ecementos \u00e9ticos e biol\u00f3xicos ao aproveitamento de recursos naturais, precisamente para debuxar a li\u00f1a que limita ese aproveitamento e unha devastadora explotaci\u00f3n que nos est\u00e1 deixando sen eles.<\/p>\n\n\n\n<p>O m\u00e9todo pasa por aumentar a variedade de tecnolox\u00eda pero tam\u00e9n a variedade de provedores e fontes de servizos dixitais. Do mesmo xeito que para a mellora da biodiversidade defender\u00edamos a produci\u00f3n de alimento local e a pequena escala, coa tecnolox\u00eda debemos facer o mesmo. Esta pr\u00e1ctica non s\u00f3 diversifica o poder que adquiren as empresas responsables sen\u00f3n que incrementa o n\u00famero de perspectivas e fomenta que ideas realmente revolucionarias te\u00f1an cabida. Nun contexto homoxeneizado e monopolizado non \u00e9 posible posto que os filtros impostos polos estamentos m\u00e1is altos da xerarquizaci\u00f3n son estreitos o cal constrinxe a creatividade das innovaci\u00f3ns. Pode soar ir\u00f3nico cando vivimos nun mundo acelerado que impulsa a produci\u00f3n de innovaci\u00f3ns a calquera custo material, humano ou animal (sempre ao menor custo econ\u00f3mico, por suposto). Por\u00e9n falamos dun aceleramento mal dirixido que premia unicamente a rapidez e non presta atenci\u00f3n aos resultados das s\u00faas innovaci\u00f3ns, as cales pecan con frecuencia de non responder a necesidade ningunha e, en efecto, de ser prexudiciais para a maior\u00eda dos seres vivos. <\/p>\n\n\n\n<p>A filosof\u00eda da tecnodiversidade busca xerar unha nova cultura da innovaci\u00f3n onde haxa espazo para que a vida, humana e non-humana, se poida desenvolver en sa\u00fade mentres que a tecnolox\u00eda sexa m\u00e1is un acompa\u00f1ante que un mecanismo de dominaci\u00f3n. A \u00faltima iniciativa que descubr\u00edn e que comparte esta visi\u00f3n, a\u00ednda que non o expresen deste xeito, \u00e9 a asturiana  <a href=\"https:\/\/nuberu.org\/\" data-type=\"link\" data-id=\"https:\/\/nuberu.org\/\"><em>Nuberu Dixital<\/em> <\/a>, unha cooperativa sen \u00e1nimo de lucro que ofrece servizos dixitais baseados en c\u00f3digo aberto. Non se pode falar de tecnodiversidade, sen mencionar o <em>Fediverso<\/em> e a infinidade de instancias que nel se conectan. Tam\u00e9n podemos falar de proxectos de \u00edndole m\u00e1is f\u00edsica, como poden ser as tendas de reparaci\u00f3n de electr\u00f3nica que a\u00ednda resisten e apoian aos consumidores desencantados co sistema, ou as comunidades enerx\u00e9ticas que aparecen, cada vez con maior frecuencia, grazas ao acompa\u00f1amento de cooperativas como <em><a href=\"https:\/\/nosaenerxia.gal\/es\/\" data-type=\"link\" data-id=\"https:\/\/nosaenerxia.gal\/es\/\">Nosa Enerx\u00eda<\/a><\/em>.<\/p>\n\n\n\n<p>Evidentemente, fica unha opci\u00f3n m\u00e1is: cocer o pan na casa. Quen non goza dun domingo de inverno xogando coa masa, deixando que as crianzas colaboren no proceso e desfrutando dos froitos dun esforzo colectivo? Por que non coller ese vello tel\u00e9fono m\u00f3bil e cambiarlle a pantalla? Por que non darlle unha man de pintura a ese moble vello? N\u00f3s tam\u00e9n podemos ser axentes da tecnodiversidade ao tempo que transmitimos unha nova cultura \u00e1s xeraci\u00f3ns que nos substituir\u00e1n. <\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Este fin de semana baixei \u00e1 vila para ir a unha manifestaci\u00f3n en apoio a Palestina. Eramos os mesmos de sempre pero tivo un bo efecto xa que, como estamos na costa e o ver\u00e1n se inaugurou, as r\u00faas comezan a encherse con turistas, quen non tiveron outra que escoitar as nosas consignas. Non todo [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":493,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[54,31,89,107,100,17,32,30,63,1,104,53],"tags":[57,106,102,8,48,25,94,105,55],"class_list":["post-405","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-bencomun","category-consciencia","category-contaminacion-ambiental","category-cultura","category-enxeneria","category-fediverso","category-filosofia","category-humanidad","category-saude","category-sen-categoria","category-tecnodiversidade","category-tecnoloxia","tag-bencomun","tag-biodiversidade","tag-cultura","tag-diversidade","tag-filosofia-2","tag-humanidade","tag-progreso","tag-tecnodiversidade","tag-tecnoloxia"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/405","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=405"}],"version-history":[{"count":6,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/405\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":491,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/405\/revisions\/491"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/media\/493"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=405"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=405"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=405"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}