{"id":328,"date":"2025-10-29T00:59:00","date_gmt":"2025-10-28T23:59:00","guid":{"rendered":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/?p=328"},"modified":"2025-10-29T10:30:27","modified_gmt":"2025-10-29T09:30:27","slug":"basta-de-tecnoloxia-para-curar-o-cancro-fagamola-para-evitalo","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/2025\/10\/29\/basta-de-tecnoloxia-para-curar-o-cancro-fagamola-para-evitalo\/","title":{"rendered":"Basta de tecnolox\u00eda para curar o cancro, fag\u00e1mola para evitalo"},"content":{"rendered":"\n<p>Durante oito anos traballei na sanidade vendo como os meus pacientes se enfrontaban aos retos do cancro. Eu mesma perd\u00edn a meus pais por esta enfermidade a moi pronta idade. E a\u00ednda as\u00ed cada vez que vexo un anuncio de protesta contra o cancro, non acabo de comprender a s\u00faa finalidade.<\/p>\n\n\n\n<p>Res\u00faltame absurdo considerar o cancro como un axente social que destr\u00fae vidas, un axente que hai que investigar e combater coma se fose un inimigo con intelixencia. O cancro \u00e9 un proceso pouco ordenado iniciado por unha mutaci\u00f3n, non ten entidade propia e rara vez aparece por xeraci\u00f3n espont\u00e1nea. Nos anuncios de concienciaci\u00f3n contra o cancro sempre se fala de que precisamos m\u00e1is inversi\u00f3n para atopar novos tratamentos, m\u00e1is onc\u00f3logos e mellor equipamento tecnol\u00f3xico para detectalo, coma se estivese agochado en n\u00f3s \u00e1 espera do momento perfecto para emboscarnos e invadir o noso corpo. \u00c9 unha idea que est\u00e1 moi estendida e que, insisto, \u00e9 un pouco absurda.<\/p>\n\n\n\n<p>A maior\u00eda dos cancros est\u00e1n estreitamente relacionados coa exposici\u00f3n a produtos qu\u00edmicos, radiaci\u00f3ns ou outros elementos t\u00f3xicos xeradores de mutaci\u00f3ns. \u00c1s veces ocorre na vellez e outras en idades m\u00e1is temper\u00e1s, non por iso \u00e9 o demo quen se encarga de espallalo. Espall\u00e1molo n\u00f3s a diario e de forma voluntaria, xeralmente, sen sabelo. <\/p>\n\n\n\n<p>Con isto non quero dicir que as persoas que sofre a enfermidade do cancro non merezan recibir unha atenci\u00f3n adecuada. Obviamente, unha vez que algu\u00e9n se atopa nesa situaci\u00f3n a sociedade debe responsabilizarse de forma colectiva para prestarlle os coidados que precisa. A mi\u00f1a indignaci\u00f3n radica en que protestamos m\u00e1is pola falta de recursos para tratar o cancro que pola gran cantidade de actividades que os est\u00e1n a provocar, e ademais, legalmente. Centr\u00e1monos no tratamento e esquecemos por completo que un alto porcentaxe desta enfermidade poder\u00eda ser evitado.<\/p>\n\n\n\n<h2 class=\"wp-block-heading\">A invisibilizaci\u00f3n dos disruptores endocrinos<\/h2>\n\n\n\n<p>Recentemente houbo pol\u00e9mica en Andaluc\u00eda porque o goberno auton\u00f3mico, no canto de enfrontarse aos resultados que mostraban as exploraci\u00f3ns preliminares de cancro de mama, decidiu ocultar informaci\u00f3n clave elimin\u00e1ndoa dos informes. Unha revolta lex\u00edtima para o pobo pero de pouco alcance e reducido car\u00e1cter transformador. Andaluc\u00eda \u00e9 unha autonom\u00eda con abundante agricultura extensiva que botou man dos pesticidas e fertilizantes qu\u00edmicos para medrar. A evidencia cient\u00edfica leva tempo alertando do v\u00ednculo que estes produtos te\u00f1en en espec\u00edfico co cancro de mama debido a que se tratan de disruptores endocrinos, un tipo de sustancias que afectan ao sistema hormonal desencadeando procesos cancer\u00edxenos. Mais, cando a Uni\u00f3n Europea decidiu manter os niveis de glifosato que se pod\u00edan empregar nos cultivos, boa parte da sociedade permaneceu allea a este tema, m\u00e1is preocupados das complexidades que unha transici\u00f3n ecol\u00f3xica poder\u00eda traer \u00e1 industria agraria que da cantidade de vidas que o cancro trunca cada ano.<\/p>\n\n\n\n<p>A lista de contaminantes que se poder\u00edan reducir \u00e9 por desgracia moi longa pero como parte positiva tam\u00e9n se trata dunha extensa listaxe de acci\u00f3ns que repercutir\u00edan positivamente no control do cancro e na mellora daqueles que xa o padecen. Algunhas sustancias como o tabaco ou o alcohol poden ser culpadas aos h\u00e1bitos das persoas, sempre que non te\u00f1amos en conta a publicidade e a presi\u00f3n social que rodea o seu consumo, por\u00e9n cousas como os qu\u00edmicos que se atopan nos produtos de beleza ou de hixiene corporal son elecci\u00f3ns que deixamos totalmente en mans das empresas manufacturadoras. O mesmo ocorre cos produtos de limpeza, tanto os industriais como os dom\u00e9sticos. A gran maior\u00eda pos\u00fae sustancias altamente t\u00f3xicas que son absorbidas a trav\u00e9s da pel ou por inhalaci\u00f3n, incluso os deterxentes da roupa fican adheridos ao tecido unha vez pasaron pola lavadora facendo que cada vez que a po\u00f1emos nos expo\u00f1amos a estes t\u00f3xicos.<\/p>\n\n\n\n<p>As maiores consecuencias rec\u00edbenas a xente m\u00e1is nova. Cando entramos en contacto con radiaci\u00f3ns ou qu\u00edmicos a pronta idade, existen m\u00e1is posibilidades de que as mutaci\u00f3ns adquiridas pola exposici\u00f3n evolucionen cara a unha enfermidade na idade adulta. Os pl\u00e1sticos que se poden atopar en moitos xoguetes son unha desas fontes de t\u00f3xicos que xunto cos produtos de hixiene e a contaminaci\u00f3n ambiental xeran un efecto acumulativo nos corpos provocando cambios moito m\u00e1is severos que os estudados pola ciencia de forma individual. <\/p>\n\n\n\n<p>Poder\u00eda incidir en outras moitas medidas que se poder\u00edan tomar a nivel sist\u00e9mico para realmente &#8220;combater&#8221; o cancro de forma efectiva pero prefiro que se vos xurde interese neste tema busquedes nomes como o de <strong>Carmen Valls Llobet<\/strong>, m\u00e9dica especializada en endocrinolox\u00eda e medicina con perspectiva de x\u00e9nero e profesora na Universidade de Barcelona, ou <strong>Nicol\u00e1s Olea<\/strong>, catedr\u00e1tico de radiolox\u00eda e medicina f\u00edsica no Instituto de Investigaci\u00f3n Biosanitaria da Universidade de Granada. Ambos son profesionais que dedican o seu tempo a estudar e divulgar esta tem\u00e1tica.<\/p>\n\n\n\n<h2 class=\"wp-block-heading\">Pensemos en soluci\u00f3ns que nos activen e enchan de esperanza<\/h2>\n\n\n\n<p>Tras ler artigos coma este nos que se mostra unha situaci\u00f3n indignante podemos caer con facilidade na frustraci\u00f3n por iso non quero deixar o texto nunha nota tan inc\u00f3moda de escoitar. Pese a que a situaci\u00f3n do medio ambiente \u00e9 preocupante e problem\u00e1tica para a nosa sa\u00fade, non debemos pensar que non existen alternativas en marcha ou acci\u00f3ns que podemos levar a cabo para protexernos. <\/p>\n\n\n\n<p>Como exemplo gustar\u00edame falar da transici\u00f3n ecol\u00f3xica que se iniciou en M\u00e9xico dende a universidade e que agora a est\u00e1 a aplicar o propio goberno estatal. Ten como obxectivo eliminar os fetilizantes e pesticidas qu\u00edmicos das s\u00faas terras e deixar de depender da industria qu\u00edmica sustitu\u00edndo o m\u00e9todo que estas ofrecen por enxe\u00f1er\u00eda biol\u00f3xica. M\u00e9xico \u00e9 un pa\u00eds moi afectado polas consecuencias destas substancias xa que \u00e9 un pa\u00eds altamente agrario e durante d\u00e9cadas, do mesmo xeito que lle ocorreu a Andaluc\u00eda, dependeu dos &#8220;milagres&#8221; da revoluci\u00f3n verde para desenvolver a s\u00faa produci\u00f3n. Hoxe en d\u00eda est\u00e1n a ser un exemplo do que significa levar a cabo unha transformaci\u00f3n do sistema xa que as explotaci\u00f3ns que se van sumando ao cambio est\u00e1n a identificar melloras tanto na calidade dos seus produtos como na calidade de vida das persoas involucradas sen sufrir consecuencias que desestabilicen os seus negocios.<\/p>\n\n\n\n<p>No referente ao que un consumidor perdido na xungla do capitalismo pode facer te\u00f1o un par de consellos que a\u00ednda sendo sinxelos chegan moi lonxe. O primeiro \u00e9 evitar calquera alimento procesado e consumir froitas e verduras locais ou tan sequera de orixe europeo. En cidades de varios mill\u00f3ns de persoas poida que isto se dificulte, pero no territorio galego, acceder a un mercado local \u00e9 relativamente f\u00e1cil, e hoxe en d\u00eda incluso se poden facer encargos se non se pode acudir todas as semanas.<\/p>\n\n\n\n<p>O segundo tr\u00e1tase dunha aplicaci\u00f3n de m\u00f3bil chamada <a href=\"https:\/\/yuka.io\/en\/\">Yuka<\/a> que identifica produtos de beleza segundo o nivel de toxicidade empregando un c\u00f3digo de sem\u00e1foro. Unha das dificultades que atopaba fai anos para mercar produtos adecuados era o desco\u00f1ecemento de todas as substancias t\u00f3xicas que hai. Nesta aplicaci\u00f3n podes ver que compo\u00f1entes son os que a evidencia apunta son prexudiciais e cales son seguros para ser consumidos. <\/p>\n\n\n\n<p>No \u00e1mbito alimentario tam\u00e9n se est\u00e1 a desenvolver outro proxecto similar cunha aplicaci\u00f3n chamada <a href=\"https:\/\/world.openfoodfacts.org\/\">OpenFoodFacts<\/a> e que tam\u00e9n ofrece informaci\u00f3n particular sobre moitos alimentos segundo as t\u00faas preocupaci\u00f3ns particulares, inclu\u00edndo tam\u00e9n a orixe \u00e9tica dos mesmos. <\/p>\n\n\n\n<h2 class=\"wp-block-heading\">O enfoque que lle damos \u00e1s nosas protestas fai a diferenza<\/h2>\n\n\n\n<p>A mi\u00fado cando nos indignamos por inxustizas ficamos na superficie do problema e esiximos cambios pouco significativos. Considerando o contexto de crise(s) no que nos atopamos non \u00e9 sorpresa que nunha mesma semana haxa numerosas protestas por temas moi diversos. Por iso penso que \u00e9 moi importante escoller as nosas batallas e non deixarnos levar por unha queixa baleira carente de perspectiva. \u00c9 importante que enfoquemos as nosas loitas cara soluci\u00f3ns realistas que nos proporcionen melloras a longo prazo. Non podemos conformarnos con parches que atrasen o colapso social un tempo limitado e nin sequera alivien o noso sufrimento. Escollamos unha direcci\u00f3n antes de empurrar con todas as nosas forzas.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Durante oito anos traballei na sanidade vendo como os meus pacientes se enfrontaban aos retos do cancro. Eu mesma perd\u00edn a meus pais por esta enfermidade a moi pronta idade. E a\u00ednda as\u00ed cada vez que vexo un anuncio de protesta contra o cancro, non acabo de comprender a s\u00faa finalidade. Res\u00faltame absurdo considerar o [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":730,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[74,54,99,46,31,89,66,100,32,30,62,63,1,53],"tags":[60,57,58,135,102,136,48,25,138,137,133,67,82,55],"class_list":["post-328","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-agricultura","category-bencomun","category-ciencia","category-comunidad","category-consciencia","category-contaminacion-ambiental","category-derivados-do-petroleo","category-enxeneria","category-filosofia","category-humanidad","category-sanidade","category-saude","category-sen-categoria","category-tecnoloxia","tag-anticapitalismo","tag-bencomun","tag-capitalismo","tag-contaminacion-ambiental","tag-cultura","tag-disruptores-endocrinos","tag-filosofia-2","tag-humanidade","tag-manifestacions","tag-protestas","tag-quimicos","tag-sanidade","tag-saude","tag-tecnoloxia"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/328","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=328"}],"version-history":[{"count":7,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/328\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":731,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/328\/revisions\/731"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/media\/730"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=328"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=328"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=328"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}