{"id":195,"date":"2025-04-23T11:00:00","date_gmt":"2025-04-23T09:00:00","guid":{"rendered":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/?p=195"},"modified":"2025-04-24T14:57:25","modified_gmt":"2025-04-24T12:57:25","slug":"1984-ser-vixiado-ou-exponerse-ao-maximo","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/2025\/04\/23\/1984-ser-vixiado-ou-exponerse-ao-maximo\/","title":{"rendered":"1984-Ser vixiado ou expo\u00f1erse ao m\u00e1ximo"},"content":{"rendered":"\n<p>Na novela de George Orwell a imaxe do Gran Irm\u00e1n est\u00e1 en todos e a s\u00faa presencia p\u00f3dese palpar nesa vixilancia que experimentan e sofren os protagonistas. Fose ou non a intenci\u00f3n do autor, a figura do Gran Irm\u00e1n d\u00e1lle corpo a esa absoluta influencia que o mandatario dun r\u00e9xime totalitario ten sobre os seus cidad\u00e1ns. Sen importar o sistema econ\u00f3mico ou o ideal pol\u00edtico tras o totalitarismo, o control da poboaci\u00f3n \u00e9 o foco da novela. <\/p>\n\n\n\n<p>En 2023, Sandra Newman presentou unha nova versi\u00f3n da novela (a cal non comentarei a non ser que me forcedes a facelo) mantendo de novo esa sensaci\u00f3n de absoluta vixilancia e control. Os personaxes esf\u00f3rzanse por ocultar as s\u00faas acci\u00f3ns evitando ser interceptados pola cr\u00edtica dun ollo que todo o ve. Esta recente novela popularizou a orixinal unha vez m\u00e1is e fixo que ocupase un espazo de debate e reflexi\u00f3n nos medios de comunicaci\u00f3n. <\/p>\n\n\n\n<p>A ra\u00edz do modelo ilustrado en 1984 os seus lectores dec\u00e1tanse dunha serie de paralelismos coa sociedade que hoxe sostemos entre as mans. A loita pola modificaci\u00f3n, evoluci\u00f3n ou conservaci\u00f3n da linguaxe, a recolecci\u00f3n de datos persoais como armamento para o control de masas, a pos-verdade adquirindo maior relevancia que os feitos obxectivos&#8230; Unha serie de pr\u00e1cticas levadas a cabo por aqueles que pos\u00faen o poder co fin de estendelo indefinidamente, e se cadra, incrementalo. Nada disto \u00e9 novo para a maior\u00eda dos que len estas li\u00f1as. <\/p>\n\n\n\n<p>Tras repasar o argumento do primeiro libro e ler a versi\u00f3n de Newman cheguei \u00e1 conclusi\u00f3n de que estamos a esquecernos dun detalle importante que diferencia o totalitarismo da ficci\u00f3n do control mental ao que estamos sometidos na realidade. M\u00e1is que no comportamento dos dirixentes e poderosos, estoume a enfocar no do seu s\u00e9quito, nas persoas com\u00fans que non podemos escapar ao dominio que exercen. <\/p>\n\n\n\n<p>Na actualidade non nos ocultamos como o o fac\u00edan Winston e Julia, hoxe en d\u00eda expo\u00f1\u00e9monos desvelando todo tipo de detalles sen pudor. Con isto non estou a criticar a honestidade e sinceridade de quen desexa compartir a s\u00faa historia co fin de axudar a outros. Ref\u00edrome a esa necesidade emocional ou pragm\u00e1tica de facernos ver, de atraer a atenci\u00f3n dunha sociedade conxestionada. Se buscamos traballo precisamos crear un perfil que expo\u00f1a as nosas facetas. Se desexamos parella faremos outro que realce as nosas virtudes e buscaremos maneira de exhibir os nosos corpos do xeito m\u00e1is atractivo. Se anhelamos amizade, declaramos os nosos intereses como se a nosa conversa fose un produto de mercado m\u00e1is. O caso \u00e9 mostrarlle ao mundo que a nosa existencia vale a pena. <\/p>\n\n\n\n<p>Tr\u00e1tase dun tipo de control moito m\u00e1is retorcido que ese de 1984. Tememos o mundo do totalitarismo pensando unicamente na dominaci\u00f3n f\u00edsica cando o certo \u00e9 que a influencia mental \u00e9 moito m\u00e1is poderosa. O nazismo s\u00e1beo ben e por iso empregaba a propaganda tanto como lle era posible. A 2025 a publicidade \u00e9 parte da identidade humana, o xerme do idealismo incorporouse no noso d\u00eda a d\u00eda ata absorber todas as s\u00faas \u00e1reas. A personalidade converteuse nunha ferramenta coa que mellorar o &#8220;branding&#8221; da t\u00faa marca persoal para as\u00ed destacar nesta sociedade chea de n\u00fameros de IP e correo electr\u00f3nicos, carente de almas e pensamento orixinal. <\/p>\n\n\n\n<p>O control definitivo d\u00e1se cando xa non \u00e9 preciso manexar ao raba\u00f1o, sen\u00f3n que son as ovellas as que loitan por ser escollidas. A distop\u00eda de 1984 qu\u00e9dase corta cando o que se est\u00e1 a analizar \u00e9 o interior do ser humano.<\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Na novela de George Orwell a imaxe do Gran Irm\u00e1n est\u00e1 en todos e a s\u00faa presencia p\u00f3dese palpar nesa vixilancia que experimentan e sofren os protagonistas. Fose ou non a intenci\u00f3n do autor, a figura do Gran Irm\u00e1n d\u00e1lle corpo a esa absoluta influencia que o mandatario dun r\u00e9xime totalitario ten sobre os seus [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":359,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[41,44,32,30,43,40,42,1],"tags":[34,36,35,38,11,39,37],"class_list":["post-195","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-41","category-distopia","category-filosofia","category-humanidad","category-libros","category-literatura","category-orwell","category-sen-categoria","tag-34","tag-control","tag-distopia","tag-libros","tag-literatura","tag-orwell","tag-totalitarismo"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/195","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=195"}],"version-history":[{"count":4,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/195\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":346,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/195\/revisions\/346"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/media\/359"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=195"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=195"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=195"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}