{"id":169,"date":"2025-01-02T17:17:11","date_gmt":"2025-01-02T16:17:11","guid":{"rendered":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/?p=169"},"modified":"2025-01-02T17:17:11","modified_gmt":"2025-01-02T16:17:11","slug":"a-pegada-de-mar-sagrado","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/2025\/01\/02\/a-pegada-de-mar-sagrado\/","title":{"rendered":"A pegada de Mar Sagrado"},"content":{"rendered":"\n<p class=\"is-style-text-subtitle is-style-text-subtitle--1\">Un relato para constru\u00edr futuro<\/p>\n\n\n\n<p class=\"is-style-text-annotation is-style-text-annotation--2\">Este tr\u00e1tase dun relato para lembrarnos a todos que estamos a tempo de crear un futuro amable para todos, que pinta diferente pero promete tanto como desexamos. As imaxes que nos creamos na mente definen a direcci\u00f3n que escollemos. As decisi\u00f3ns que tomamos ve\u00f1en dadas polo destino que esperamos acadar. Creando relatos esperanzadores podemos chegar a un futuro que as\u00ed o sexa. <\/p>\n\n\n\n<p>Amenc\u00eda aos poucos. Era o derradeiro d\u00eda de inverno, unha desas ma\u00f1\u00e1s nas que se pode desfrutar dun radiante sol primaveral e a friaxe xa non \u00e9 tanta. Paca sorb\u00eda o seu caf\u00e9 envolta cun chal de la de ovella e sentada nos chanzos situados enfronte \u00e1 porta da s\u00faa casa. O alboroto era esaxerado para aquela \u00e9poca, semellaba que os paxaros decidiran festexar aquel fermoso amencer.<\/p>\n\n\n\n<p>A Paca gust\u00e1balle erguerse cedo porque eran aquelas horas as que lle permit\u00edan observar como animais di\u00farnos e nocturnos cruzaban os seus cami\u00f1os. Unha sombra pasou preto dela e dirixiuse con seguridade ao poste que suxeitaba as caixas de ani\u00f1ado de morcegos e lagarteiros. A hibernaci\u00f3n xa rematara e os pequenos quir\u00f3pteros comezaban a sa\u00edr en busca de alimento. Por sorte, o mundo hab\u00eda moito tempo que cambiara e agora os campos de cultivo, os bosques nativos e as lagoas de apoio ofrec\u00edanlles todo o que precisasen.<\/p>\n\n\n\n<p>Ese mesmo equinocio fac\u00eda douscentos anos do suceso que o cambiara todo: a morte de Mar\u00eda del Mar Sagrado-Areas, a filla dun dos maiores capitalistas da industria qu\u00edmica. Con tan s\u00f3 vinte e sete anos a s\u00faa vida chegou ao seu fin levando consigo a do que ser\u00eda o seu fillo, supo\u00f1endo que non rematase nun aborto espont\u00e1neo como ocorrera cos dous primeiros. Ela era a segunda persoa m\u00e1is rica de Espa\u00f1a naquel momento, pois a primeira era o seu pai, mais a acumulaci\u00f3n de di\u00f1eiro non a protexera da contaminaci\u00f3n que asolagaba as augas superficiais e subterr\u00e1neas do seu pa\u00eds nin dos sibilinos efectos dos produtos que a s\u00faas empresas manufacturaban.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-large\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"1024\" height=\"683\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-content\/uploads\/sites\/3\/2025\/01\/IMG_8392-1024x683.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-174\" srcset=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-content\/uploads\/sites\/3\/2025\/01\/IMG_8392-1024x683.jpg 1024w, https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-content\/uploads\/sites\/3\/2025\/01\/IMG_8392-300x200.jpg 300w, https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-content\/uploads\/sites\/3\/2025\/01\/IMG_8392-768x512.jpg 768w, https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-content\/uploads\/sites\/3\/2025\/01\/IMG_8392-1536x1024.jpg 1536w, https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-content\/uploads\/sites\/3\/2025\/01\/IMG_8392.jpg 1600w\" sizes=\"auto, (max-width: 1024px) 100vw, 1024px\" \/><\/figure>\n\n\n\n<p>Un suceso tan tr\u00e1xico como este \u00e9 agora rememorado como un d\u00eda cheo de esperanza xa que se trata do d\u00eda no que un home con notable influencia sobre o mundo decidiu cambiar a s\u00faa forma de vida e en consecuencia a dos demais. Paca non pensa niso, ela emprega eses minutos de caf\u00e9 para contemplar o seu fogar, para agradecer que cada ma\u00f1\u00e1 cacarexe o seu galo Alecio e ornee a s\u00faa burra F\u00e1tima. No que si pensa \u00e9 na s\u00faa filla, que comezou os estudos superiores e agora se atopa a unhas ducias de quil\u00f3metros nunha academia rural de biotecnolox\u00eda convivindo cun cento de estudantes e uns cantos profesores. Sof\u00eda medrou correndo polos soutos analizando cada fungo que aparec\u00eda, rolando no prado entre maceiras e apa\u00f1ando vermes ou sementes para ofrecerllos \u00e1s aves que se interesasen nela. O seu so\u00f1o \u00e9 o de co\u00f1ecer a unha escribenta das canaveiras, un paxaro pequeno do que lle falara s\u00faa avoa e que nun tempo pasado estivera a piques de desaparecer.<\/p>\n\n\n\n<p>Paca bota de menos \u00e1 s\u00faa filla pero non se sente soa xa que a casa est\u00e1 chea e a aldea tam\u00e9n. A s\u00faa muller, menos madrugadora, traballa como xestora de sistemas dixitais comunitarios asegur\u00e1ndose de que os servizos de entrega e recollida de froita, verdura e outros v\u00edveres locais funcionen de forma \u00f3ptima. Foi a influencia desta mestura de nais a que inspirou a Sof\u00eda e a dirixiu cara unha vocaci\u00f3n que fundise a tecnolox\u00eda coa natureza. Fai douscentos anos parec\u00eda imposible. De feito, moitos cr\u00edan que a epifan\u00eda do capitalista Sagrado-Areas esix\u00eda unha renuncia tecnol\u00f3xica que nos sumir\u00eda nun retroceso cultural. Lonxe de ser as\u00ed, a nova visi\u00f3n do empresario proporcionoulle \u00e1 natureza o apoio que exist\u00eda pero non se lle estaba a dar.<\/p>\n\n\n\n<p>Co caf\u00e9 rematado e o sono espertado, Paca entrou na casa para facer a primeira tarefa do d\u00eda. Colleu a s\u00faa tableta de traballo e comprobou como todos os sensores t\u00e9rmicos e qu\u00edmicos esparexidos pola finca marcaban rangos de normalidade. O an\u00e1lise bioqu\u00edmico semanal das compostas e fermentos fertilizantes xa fora realizado e o resultado era positivo. As c\u00e1maras mostraban como os pericos estaban a mamar con normalidade e os tenreiros a\u00ednda durm\u00edan. Por \u00faltimo, abriu a aplicaci\u00f3n do viveiro comunitario e comprobou se xa estaban dispo\u00f1ibles os xerminados que solicitara. Poder\u00eda ir aquela mesma tarde a recoller algunhas sementes e se cadra algunha outra planta que lle enchese o ollo.<\/p>\n\n\n\n<p>A\u00ednda que o sistema de monitoreo lle facilitaba o seu traballo, non escusaba a ronda de reco\u00f1ecemento que fac\u00eda cada d\u00eda acompa\u00f1ada por Rabelo, o seu can, e Rafaela, unha gata persa que non fora adoptada pero que decidira que naquela casa se com\u00eda ben. As\u00ed pois, puxo as botas e colleu a vara de abeleira que acostumaba a tallar nos seus descansos. Xa ti\u00f1a dous terzos gravados con motivos xeom\u00e9tricos. Cada inverno empezaba a esculpir unha vara e cada San Xo\u00e1n torr\u00e1balle os cantos na cachela para darlle unha cor afumada. A mediados do ver\u00e1n lev\u00e1baa ao mar para limpala con auga salgada e ao chegar o fin das colleitas fac\u00edalle un ax\u00f3uxere e colg\u00e1ballo nun extremo. No intercambio de presentes do comezo do seguinte inverno, Paca escoll\u00eda a unha persoa para agasallala con tan traballado obxecto.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-large\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"768\" height=\"1024\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-content\/uploads\/sites\/3\/2025\/01\/IMG_20241102_171831-768x1024.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-175\" srcset=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-content\/uploads\/sites\/3\/2025\/01\/IMG_20241102_171831-768x1024.jpg 768w, https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-content\/uploads\/sites\/3\/2025\/01\/IMG_20241102_171831-225x300.jpg 225w, https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-content\/uploads\/sites\/3\/2025\/01\/IMG_20241102_171831-1152x1536.jpg 1152w, https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-content\/uploads\/sites\/3\/2025\/01\/IMG_20241102_171831-rotated.jpg 1200w\" sizes=\"auto, (max-width: 768px) 100vw, 768px\" \/><\/figure>\n\n\n\n<p>Rabelo e Rafaela co\u00f1ec\u00edan ben o cami\u00f1o polo que se adiantaron deixando un pouco atr\u00e1s \u00e1 s\u00faa amiga. Paca sab\u00eda ben que Rafaela ti\u00f1a especial gana de chegar \u00e1 lagoa, pois al\u00ed ficaba hipnotizada observando a exuberancia da vida que aquelas augas albergaban. Fixeran falta m\u00e1is de cincuenta anos para liberar o planeta da contaminaci\u00f3n acumulada. Non \u00e9 de estra\u00f1ar que ao Sagrado-Areas se lle tratou de tolo esquizofr\u00e9nico cando comezou a retirar os seus fondos da industria qu\u00edmica tradicional e comezou a facer inversi\u00f3ns de risco en negocios sostibles baseados nos principios da agricultura rexenerativa. A confianza que a xente ti\u00f1a nesta pr\u00e1ctica que nos salvou non era precisamente a que se merec\u00eda. P\u00f3deselle escoitar falar disto \u00e1 avoa de Paca cando senta no centro social, rodeada de o\u00edntes curiosos, a contar as s\u00faas vivencias e memorias. Ela, unha muller de noventa e un anos lembra como cando era pequena a\u00ednda lle alertaban na escola dos perigos que aqueles velenos supo\u00f1\u00eda. Conta ela, que seu pai fora activista durante d\u00e9cadas combatendo a desinformaci\u00f3n e propaganda que alg\u00fans antigos amigos de Sagrado-Areas se empre\u00f1aban en diseminar. Finalmente, un esforzo descomunal por parte de educadores p\u00fablicos e medios de comunicaci\u00f3n independentes conseguir achegar o co\u00f1ecemento que permitiu o verdadeiro progreso humano.<\/p>\n\n\n\n<p>Ao chegar ao cumio dunha valga, Paca fica uns minutos tratando de divisar a silueta da vila. Cas novas cubertas vexetais, os altos edificios son case imperceptibles entre o arboredo que recobre o espazos p\u00fablicos. As cinco naves que compo\u00f1en o pol\u00edgono industrial son o \u00fanico que \u00e9 capaz de distinguir con claridade debido ao aspecto caracter\u00edstico dos paneis solares que as recobren. Reco\u00f1ece facilmente a planta de reciclaxe de papel e cart\u00f3n xa que \u00e9 al\u00ed a onde vai recoller as caixas e bolsas que emprega para empaquetar os seus produtos. A uniformaci\u00f3n das embalaxes fora un cambio que enrabiara a moitos pois sen ela non ti\u00f1an como destacar mais agora que a calidade do produto \u00e9 o \u00fanico que importa o relevante son s\u00f3 as mans que o manipulan. Por elo, cada agricultor, gandeiro ou artes\u00e1n disp\u00f3n dun selo oficial entregado polo goberno co que se pode identificar a s\u00faa mercanc\u00eda. No caso de Paca, a s\u00faa marca son as s\u00faas maz\u00e1s as cales son insuperables na contorna e devecidas por calquera ollo consumidor.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-large\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"1024\" height=\"641\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-content\/uploads\/sites\/3\/2025\/01\/IMG_20240908_190214-1024x641.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-170\" srcset=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-content\/uploads\/sites\/3\/2025\/01\/IMG_20240908_190214-1024x641.jpg 1024w, https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-content\/uploads\/sites\/3\/2025\/01\/IMG_20240908_190214-300x188.jpg 300w, https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-content\/uploads\/sites\/3\/2025\/01\/IMG_20240908_190214-768x480.jpg 768w, https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-content\/uploads\/sites\/3\/2025\/01\/IMG_20240908_190214-1536x961.jpg 1536w, https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-content\/uploads\/sites\/3\/2025\/01\/IMG_20240908_190214.jpg 1600w\" sizes=\"auto, (max-width: 1024px) 100vw, 1024px\" \/><\/figure>\n\n\n\n<p>Baixando a valga en direcci\u00f3n \u00e1 lagoa, o gando saudouna como se houbese d\u00edas que non a visen, a pesares de que a visita Paca non falta se non \u00e9 por enfermidade. T\u00f3calles cambiar de campo pois xa levan unhas cantas semanas no mesmo cuadrante. Saca do peto o tel\u00e9fono m\u00f3bil e abre a aplicaci\u00f3n de pastoreo controlado. Al\u00ed pode comprobar a que pedazo de prado lle corresponde ser abonado e polo tanto que herba ser\u00e1 pastada. Unha vez que o ten ben identificado desconecta o sistema de alarma e o pastor el\u00e9ctrico para poder abrirlles o paso cara outra parcela. Mentres elas fan o traslado, co\u00f1ecedoras da din\u00e1mica que se est\u00e1 a xogar, Paca aproveita para achegarse ao alpendre que constru\u00edra xa seu pai e que a\u00ednda se manti\u00f1a en p\u00e9. Dal\u00ed sa\u00edu cun cepillo de p\u00faas brandas e empurrando un carri\u00f1o cargado cunha gran rocha de sal. Tirou del e levouno ata a parcela na que as vacas \u00edan a pasar as pr\u00f3ximas semanas. Logo buscou asento nunha pedra de granito e esperou a que os animais se achegasen para ser rascados. Namentres, Rabelo estaba a ser perseguido por un tenreiro pequeno con moitas ganas de xogar e a Rafaela lamb\u00edaa unha vaca pre\u00f1ada coa que fixera migas daquela que era a\u00ednda unha xati\u00f1a.<\/p>\n\n\n\n<p>Pasou un bo cacho antes de que continuasen co paseo xa que con cada acicalado Paca comprobaba que ning\u00fan animal tivese parasitos ou malestar de ning\u00fan tipo. Despois de ser ela tam\u00e9n lambida por a mesma vaca pre\u00f1ada, bot\u00e1ronse de novo ao cami\u00f1o ata que alcanzaron a lagoa. Nada \u00eda facer m\u00e1is que observar pois \u00e1s moreiras e framboeseiros que al\u00ed ti\u00f1a plantados a\u00ednda lles faltaban uns meses para dar froito. Aproveitou a ocasi\u00f3n para enviarlle unha mensaxe a Sof\u00eda achegando unha video de Rabelo e Rafaela pelexando porque o can se metera na auga e chapuzara \u00e1 gata. Sof\u00eda contestoulle expresando canto botaba de menos o seu fogar pero devolv\u00e9ndolle a envexa a s\u00faa nai ao mandarlle unha fotograf\u00eda dunha escribenta das canaveiras pousado no seu brazo. A s\u00faa filla cumprira un so\u00f1o que fac\u00eda douscentos anos non houbese sido posible.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"is-style-text-annotation is-style-text-annotation--3\">Con este texto Luc\u00eda Ferro colaborou na iniciativa de relatos Ecot\u00f3picos organizada por Ecoloxistas en Acci\u00f3n durante o 2024.  <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Un relato para constru\u00edr futuro Este tr\u00e1tase dun relato para lembrarnos a todos que estamos a tempo de crear un futuro amable para todos, que pinta diferente pero promete tanto como desexamos. As imaxes que nos creamos na mente definen a direcci\u00f3n que escollemos. As decisi\u00f3ns que tomamos ve\u00f1en dadas polo destino que esperamos acadar. [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":173,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[],"class_list":["post-169","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-sen-categoria"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/169","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=169"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/169\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":176,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/169\/revisions\/176"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/media\/173"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=169"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=169"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=169"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}