{"id":163,"date":"2024-12-16T15:21:30","date_gmt":"2024-12-16T14:21:30","guid":{"rendered":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/?p=163"},"modified":"2024-12-16T15:21:30","modified_gmt":"2024-12-16T14:21:30","slug":"as-lareteiras-sostenen-o-tecido-social-e-crean-politicas-de-desenvolvemento-rural","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/2024\/12\/16\/as-lareteiras-sostenen-o-tecido-social-e-crean-politicas-de-desenvolvemento-rural\/","title":{"rendered":"&#8220;As lareteiras&#8221; soste\u00f1en o tecido social e crean pol\u00edticas de desenvolvemento rural"},"content":{"rendered":"\n<p>O pasado d\u00eda 5 de decembro celebrouse unha nova edici\u00f3n da xornada Arredor do Rural organizada pola USC e a Fundaci\u00f3n Juana de Vega. A xornada tivo como obxectivo \u201cachegar a xente que se est\u00e1 formando na Universidade ao medio rural\u201d dixeron os organizadores Ana Cabana e David Garc\u00eda.<\/p>\n\n\n\n<p>Este ano tivo lugar no campus de Lugo e ofreceu os servizos de Xuvenlab para cubrir as necesidades de conciliaci\u00f3n das participantes. A tem\u00e1tica centrouse nas \u201caprendizaxes dende as voces das mulleres\u201d tendo po\u00f1entes tan experimentadas como Mar P\u00e9rez Fra (econom\u00eda aplicada) ou Elena Freire Paz (antropolox\u00eda do S.XXI) que nos puxeron ao tanto da situaci\u00f3n actual da muller rural.<\/p>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\">\n<p>\u201cQue atendan \u00e1 diversidade da muller no rural\u201d<\/p>\n<\/blockquote>\n\n\n\n<p>Durante a xornada f\u00edxose moito fincap\u00e9 en \u201cdeixar de asociar o rural con persoas pobres, vellas e analfabetas\u201d como mencionou Luz, representante de Amarelante, cooperativa de cultivo ecol\u00f3xico e sustentable de casta\u00f1as localizado en Manzaneda. As mulleres do campo tam\u00e9n son enxe\u00f1eiras, profesoras, economistas, doutoras, inform\u00e1ticas, d\u00edxose repetidamente po\u00f1endo de manifesto a frustraci\u00f3n coa imaxe negativa que se da do campo tanto nos medios de comunicaci\u00f3n escrita como no audiovisual galego. Cando se lle pregunta sobre este tema, Bea, socia da cooperativa feminista Arab\u00edas, demanda \u201cque atendan \u00e1 diversidade da muller no rural\u201d xa que \u201cnon \u00e9 unha soa\u201d.<\/p>\n\n\n\n<p>Mar P\u00e9rez propuxo \u201cmudar a ollada para deixar de ver o rural como un problema e falar del como unha oportunidade\u201d. A s\u00faa experiencia en pol\u00edticas de desenvolvemento rural levouna a observar unha deficiencia na xesti\u00f3n do territorio que non lle permite o aproveitamento do mesmo por parte dos habitantes xa que se precisan \u201cli\u00f1as de actuaci\u00f3n p\u00fablica diferentes \u00e1s que se fan noutros lugares\u201d como \u00e9 o \u00e1mbito urbano.<\/p>\n\n\n\n<p>As\u00ed o corroboraron as representantes da Asociaci\u00f3n de Produtoras Eo Alimenta e da Asociaci\u00f3n Darredor quen atopan frecuentes retos coas axudas e subvenci\u00f3ns que no se adec\u00faan \u00e1 realidade do traballo e da poboaci\u00f3n rural. \u201cExiste un gran desco\u00f1ecemento da realidade territorial, Galicia \u00e9 algo m\u00e1is que as sete cidades\u201d explica Tamara do CDR Portas Abertas de Vilardev\u00f3s. Desexan unha maior implicaci\u00f3n co rural por parte dos funcionarios asignados \u00e1 s\u00faa xesti\u00f3n, quen con frecuencia non residen no campo nin se achegan a el para tomar as decisi\u00f3ns que o poden transformar. \u201cHai unha falta de fe por parte da administraci\u00f3n\u201d \u00e1 hora de crer na viabilidade dos nosos proxectos, expresou Dora (Asociaci\u00f3n Darredor).<\/p>\n\n\n\n<p>\u201cA burocracia \u00e9 horrible, tremenda, insufrible, horrenda\u201d, confesou a representante de Amarelante quen recibir o apoio e asentimento das demais participantes. Os pequenos produtores atopan desaf\u00edos constantes cando tratan de levar a cabo os seus proxectos en colectivo, comezando por o financiamento e continuando pola xesti\u00f3n administrativa de mantemento.<\/p>\n\n\n\n<p>No referido \u00e1s instituci\u00f3ns locais, Luz (Eo Alimenta) pide \u201cque os alcaldes do rural se involucren m\u00e1is na realidade da vida dos seus habitantes\u201d para que as\u00ed os produtores locais o te\u00f1an m\u00e1is f\u00e1cil para asociarse. Dora reco\u00f1ece que o proxecto Darredor foi posible grazas a unhas \u201ccircunstancias moi favorecedoras\u201d as cales te\u00f1en moito que ver con que \u201co concello de Bri\u00f3n quixo promover espazos de uso social\u201d.<\/p>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\">\n<p>\u201cA burocracia \u00e9 horrible, tremenda, insufrible, horrenda\u201d<\/p>\n<\/blockquote>\n\n\n\n<p>O p\u00fablico tam\u00e9n participou nos faladoiros e tivo a oportunidade de conversar xerando novas redes entre os emprendedores do rural do presente e do futuro. O ambiente non s\u00f3 era cordial sen\u00f3n que se notaba unha intenci\u00f3n de colaboraci\u00f3n e apoio mutuos. A asistencia era maioritariamente feminina o que corresponde cos datos ofrecidos por Elena Freire na s\u00faa intervenci\u00f3n que ao estudar quen est\u00e1 a crear e a manter o tecido social do rural atopouse con que o m\u00e9rito recae na muller. \u201cSomos as lareteiras\u201d, chancea, \u201cmais \u00e9 por iso polo que creamos relaci\u00f3ns sociais\u201d.<\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O pasado d\u00eda 5 de decembro celebrouse unha nova edici\u00f3n da xornada Arredor do Rural organizada pola USC e a Fundaci\u00f3n Juana de Vega. A xornada tivo como obxectivo \u201cachegar a xente que se est\u00e1 formando na Universidade ao medio rural\u201d dixeron os organizadores Ana Cabana e David Garc\u00eda. Este ano tivo lugar no campus [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":164,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[],"class_list":["post-163","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-sen-categoria"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/163","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=163"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/163\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":165,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/163\/revisions\/165"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/media\/164"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=163"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=163"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=163"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}