{"id":158,"date":"2025-01-17T13:00:00","date_gmt":"2025-01-17T12:00:00","guid":{"rendered":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/?p=158"},"modified":"2025-01-17T13:29:47","modified_gmt":"2025-01-17T12:29:47","slug":"as-siglas-da-eso-cambiaron-de-sentido-agora-significan-educacion-de-soldadinos-obedientes","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/2025\/01\/17\/as-siglas-da-eso-cambiaron-de-sentido-agora-significan-educacion-de-soldadinos-obedientes\/","title":{"rendered":"As siglas da ESO cambiaron de sentido, agora  significan Educaci\u00f3n de Soldadi\u00f1os Obedientes"},"content":{"rendered":"\n<p>Fai uns quince anos que rematei o instituto e as cousas cambiaron moito, o que non sei \u00e9 se fun eu a que observa o mundo doutro xeito ou \u00e9 o ensino o que mudou. Non me refiro aos modelos de educaci\u00f3n sen\u00f3n \u00e1s sutilezas que os acompa\u00f1an. Antes eu cr\u00eda que o estudo era unha forma de obter novo co\u00f1ecemento para medrar como persoas independentes. Agora vexo que o que ocorre nas aulas \u00e9 con alta frecuencia un adestramento de soldados para o capital.<\/p>\n\n\n\n<p>Era 2009 -a crise acababa de abrirnos os ollos a moitos e xa pouco importaba se ti\u00f1as estudos ou non, a busca laboral complic\u00e1baselle ata ao m\u00e1is formado- e no ambiente xeral percib\u00edase un medo compartido por pais e educadores que, penso, transformou a maneira na que aprendemos hoxe en d\u00eda nenos, adolescentes e adultos.  Un sentimento constru\u00eddo e dese\u00f1ado por un capital con necesidade de profesionais que sucumban \u00e1s necesidades da elite coa esperanza de cubrir as s\u00faas propias. <\/p>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\">\n<p>As instituci\u00f3ns educativas p\u00fablicas e privadas deixan de lado o co\u00f1ecemento e priorizan a s\u00faa actividade cara o mundo laboral pres\u00e9ntandose como campamentos de obreiros obedientes. <\/p>\n<\/blockquote>\n\n\n\n<p>Esta conclusi\u00f3n a que cheguei comezou como un xerme desasosegado que foi medrando e finalmente madurou ao eu co\u00f1ecer as experiencias reais vividas polos adolescentes no seus centros de ensino. Para ilustrar a mi\u00f1a cr\u00edtica vou a compartir varios exemplos de actividades programadas dende o goberno e demandadas polo profesorado como parte das s\u00faas obrigaci\u00f3ns.<\/p>\n\n\n\n<ol class=\"wp-block-list\">\n<li>Na clase de ingl\u00e9s asign\u00f3uselles un proxecto no que se xestiona o financiamento dunha viaxe a Londres.<\/li>\n\n\n\n<li>Na materia de valores c\u00edvicos ped\u00eduselles que dado un salario mensual pensaran o reparto econ\u00f3mico necesario para sustentar a unha familia.<\/li>\n\n\n\n<li>En educaci\u00f3n f\u00edsica organizaron un campionato de f\u00fatbol no que os &#8220;presidentes&#8221; (xefes de equipo) te\u00f1en 16 mill\u00f3ns de euros para vender e mercar xogadores co fin de constru\u00edr o equipo vitorioso.<\/li>\n<\/ol>\n\n\n\n<p>Non lle levarei a contraria a aqueles que insistan en que os rapaces precisan aprender matem\u00e1ticas. Tampouco aos que incidan na importancia de darlle o valor adecuado \u00e1s labores do fogar que sustentan a vida. E por suposto que non negarei a necesidade de desenvolver habilidades de xesti\u00f3n e organizaci\u00f3n para o bo funcionamento do d\u00eda a d\u00eda. A mi\u00f1a cr\u00edtica non vai por a\u00ed. O que realmente me preocupa ten m\u00e1is que ver coa corrupci\u00f3n da infancia e adolescencia. <\/p>\n\n\n\n<p>Certos partidos pol\u00edticos e alg\u00fans proxenitores consideran que non lles debemos falar \u00e1 mocidade nin de sexualidade nin de morte ata que sexan adultos, pois cren que facelo antes de que se vexan expostos polo discorrer natural da vida \u00e9 practicamente forzalos a caer en vicios perigosos. Mais semella que ningu\u00e9n ten problema en afundirlles os miolos en avaricia e envexa xa que lles falamos de di\u00f1eiro e da s\u00faa suposta importancia a cada minuto. <\/p>\n\n\n\n<p><em>Non estamos daquela empurr\u00e1ndoos a crear unha vida na que a ansia de acumular non os deixe desfrutar das virtudes da colaboraci\u00f3n? <\/em><\/p>\n\n\n\n<p><em>Non os estamos a privar de desenvolver unha xenerosidade e compaix\u00f3n que, tal como demostra a antropolox\u00eda, foron o xerme da nosa civilizaci\u00f3n?<\/em><\/p>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\">\n<p>Ao fin e ao cabo a sexualidade e a morte \u00e9 algo que sempre estivo a\u00ed como parte da existencia humana, mentres que o di\u00f1eiro \u00e9 unha invenci\u00f3n utilitaria cuns poucos miles de anos. <\/p>\n<\/blockquote>\n\n\n\n<p>O programa educativo est\u00e1 dese\u00f1ado co fin de crear empregados \u00fatiles para a cadea produtiva e consumidores ansiosos que a fagan xirar. O que este programa non ten en conta \u00e9 que o sistema sobre o que est\u00e1 apoiado estase quebrando a pasos axigantados. Pronto non ser\u00e1 m\u00e1is que un pozo onde afogar\u00e1n os so\u00f1os e esperanzas inxectados na mocidade dende a educaci\u00f3n.<\/p>\n\n\n\n<p>O mellor exemplo \u00e9 a recente introduci\u00f3n da materia de intelixencia artificial. Falamos dunha rama das ciencias tecnol\u00f3xicas que a\u00ednda est\u00e1 en desenvolvemento. Non se co\u00f1ece ben como pode servir ao ser humano e tampouco se sabe a viabilidade da mesma a logo prazo xa que ten un alto custo enerx\u00e9tico o cal incrementa a desfavorable situaci\u00f3n clim\u00e1tica na que nos atopamos. E a\u00ednda as\u00ed, sen nen sequera entender como funciona un ordenador, un sistema operativo ou mesmo un simple campo electromagn\u00e9tico, os mozos de 4ESO est\u00e1n a cursar esta materia.<\/p>\n\n\n\n<p>Daquela a pregunta xurde: <em>que se est\u00e1 a facer nesa hora lectiva? <\/em>Estase a emitir publicidade masiva nas mentes de futuros consumidores. Faise, ademais, no momento perfecto posto que a\u00ednda non te\u00f1en a madurez suficiente como para comprender que se trata dunha burbulla do mercado como tantas outras que houbo e explotaron.<\/p>\n\n\n\n<p>O Estado semella contentar ao capital a toda costa por iso aquelas persoas que dedicamos tempo ao ensino e crianza non  nos podemos deixar levar polo efectismo capitalista. Debemos centrarnos en educar no co\u00f1ecemento universal en verdadeira liberdade e aproveitar o que si podemos controlar: os xogos e os supostos cos que educamos \u00e1 mocidade. <\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Fai uns quince anos que rematei o instituto e as cousas cambiaron moito, o que non sei \u00e9 se fun eu a que observa o mundo doutro xeito ou \u00e9 o ensino o que mudou. Non me refiro aos modelos de educaci\u00f3n sen\u00f3n \u00e1s sutilezas que os acompa\u00f1an. Antes eu cr\u00eda que o estudo era [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":223,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[],"class_list":["post-158","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-sen-categoria"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/158","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=158"}],"version-history":[{"count":8,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/158\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":222,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/158\/revisions\/222"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/media\/223"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=158"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=158"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=158"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}