{"id":1011,"date":"2026-11-10T18:39:52","date_gmt":"2026-11-10T17:39:52","guid":{"rendered":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/?p=1011"},"modified":"2026-11-10T18:39:57","modified_gmt":"2026-11-10T17:39:57","slug":"carga-alostatica-e-que-di-o-teu-corpo-sobre-a-folga-xeral","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/2026\/11\/10\/carga-alostatica-e-que-di-o-teu-corpo-sobre-a-folga-xeral\/","title":{"rendered":"Carga Alost\u00e1tica e que di o teu corpo sobre a Folga Xeral"},"content":{"rendered":"\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Nestes tempos pregunt\u00e1monos moito que podemos facer para mellorar o mundo. \u00c1s veces non actuamos porque non atopamos tempo. Organizarse e informarse require certa dedicaci\u00f3n. Os noticiarios non fan m\u00e1is que infundir par\u00e1lise ao atemorizarnos con futuros escuros e moi poucas alternativas. A mobilizaci\u00f3n parece s\u00f3 un entretemento porque rara vez nos contan os froitos que produce. Fano as\u00ed para perpetuar a nosa indefensi\u00f3n. O resultado de vivir neste ambiente \u00e9 un estr\u00e9s constante que temos normalizado ata o punto de botalo de menos cando conseguimos afastarnos del por un momento.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Unha nostalxia un tanto estra\u00f1a, esa a de anhelar estr\u00e9s. <strong>O corpo comun\u00edcase, dinos cousas, pero o que? Que nos di o corpo sobre o estr\u00e9s? E que ten iso que ver coa folga xeral?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">A carga alost\u00e1tica \u00e9 a cantidade de estr\u00e9s que soporta un individuo de forma continuada. O estr\u00e9s suponse que \u00e9 algo puntual que experimentamos ao enfrontarnos a situaci\u00f3ns perigosas coa finalidade de manternos alerta e preparados para actuar da mellor maneira asegurando a nosa supervivencia. A carga alost\u00e1tica aparece cando a situaci\u00f3n de estr\u00e9s \u00e9 diaria e por tanto a excitaci\u00f3n dos nosos sistemas de alerta perpet\u00faase durante un tempo indefinido. A carga alost\u00e1tica \u00e9 a vida baixo o sistema capitalista, tanto se te entregas voluntariamente a unha carreira pola ambici\u00f3n econ\u00f3mica e social como se te desvives para cubrir as necesidades b\u00e1sicas dunha vida digna.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">O corpo ten memoria, din por a\u00ed, o corpo pasa factura. E tanto \u00e9 as\u00ed, que poder\u00edamos considerar que o exceso de esforzo requirido para carrexar a carga alost\u00e1tica c\u00f3brase en anos de vida, tempo que gastamos, como nos explicaba Mujica, e que nin os luxos da extensa oferta do mercado nos pode devolver. A acumulaci\u00f3n de estr\u00e9s cr\u00f3nica \u00e9 unha d\u00e9beda grande, desas con intereses elevados. <a href=\"https:\/\/www.nationalgeographic.com.es\/bienestar\/precio-biologico-estres-que-es-carga-alostatica-y-como-esta-transformando-tu-cuerpo-secreto_29472?utm_source=flipboard&amp;utm_medium=activitypub\" data-type=\"link\" data-id=\"https:\/\/www.nationalgeographic.com.es\/bienestar\/precio-biologico-estres-que-es-carga-alostatica-y-como-esta-transformando-tu-cuerpo-secreto_29472?utm_source=flipboard&amp;utm_medium=activitypub\">A evidencia cient\u00edfica conf\u00edrmanos que \u00e9 tanto a causa da epidemia de cancros como o poden ser o tabaco e o alcohol. Xera diabetes e fomenta a obesidade, contrib\u00fae \u00e1s enfermidades card\u00edacas e l\u00e9vanos con prematuridade \u00e1 morte.<\/a><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">A vida capitalista, a vida que tantos rexeitan abandonar, \u00e9 causa de malestar individual e colectivo. Aferrarse a este estilo de vida sabendo que nos resulta nocivo (a\u00ednda que en ocasi\u00f3ns poida sentirse pracenteiro) \u00e9 de necios. Con todo, cada vez que se fala dunha transformaci\u00f3n ecosocial moitos temen perder ese veleno lento (a\u00ednda que en ocasi\u00f3ns saboroso), non s\u00f3 iso, a mera proposta dunha forma de vida alternativa par\u00e9celles obscena e inaceptable. Desexan ent\u00f3n os contaminantes que inhalan? Desfrutan da presi\u00f3n mental constante? Ou ignoran os efectos da carga alost\u00e1tica necesaria para manter esa aparente comodidade que algu\u00e9n lles vendeu fai tempo e nunca chegaron realmente a avaliar?<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Creo inevitable comparar esta obstinaci\u00f3n coa drogadicci\u00f3n, pois non \u00e9 sen\u00f3n unha adici\u00f3n ao estr\u00e9s. Deleit\u00e1monos cr\u00e9ndonos heroes da vacua meritocracia, ineficaz e improdutiva como \u00e9, e racionalizamos os seus efectos adversos como inconvenientes asumibles, sendo de certo unha tortura a c\u00e1mara lenta. A droga do estr\u00e9s, a carga alost\u00e1tica, o elefante que ocupa o cuarto e do cal non falamos mentres nos vai roubando o os\u00edxeno.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">E se xa soportamos abonda presi\u00f3n no suceder do d\u00eda a d\u00eda como vamos a preocuparnos do que facer para procurar un mundo mellor? Por que vamos a introducirnos en reflexi\u00f3ns estresantes produtoras de pensamentos adoecidos? Que hei eu de facer se tan s\u00f3 son unha formiga? Como actuar ante un sistema tan inmenso que sobrepasa a capacidade do ser humano de concibilo en todo o seu conxunto? Que me sobrepasa&#8230;<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Canda a carga alost\u00e1tica nos esmaga atopamos a resposta que rexeitamos escoitar mentres navegamos polas augas do inconformismo. Unha resposta que nos avergo\u00f1a porque nos ofrece un reflexo desagradable ao reflectir a vulnerabilidade do noso corpo o cal se empe\u00f1a en desprezar a indomable alma que o habita. Frouxos, debilitados polo peso dunha tensi\u00f3n que a cada minuto que pasa se sente m\u00e1is inc\u00f3moda, indesexable, innecesaria. A loita dos perdedores pode ser a que nos leve \u00e1 vitoria pois sempre que un non se renda chegar\u00e1 a outra batalla na que vencer.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Actuar deixando de facer, renunciando ao determinado pola inercia do sistema reservando as forzas unicamente para aquilo que nos mant\u00e9n vivos. Arriscarnos a ser xulgados pola nosa pereza, pola nosa falta de conformidade. Atrevernos a destacar por soster unha actitude desafiante ante a normalidade definida, non esquezamos, polos intereses capitalistas. Deixar caer ao chan as metas e obxectivos vitais que constr\u00faen a nosa careta (persoa) e lembrar que somos s\u00f3 unha parte dun todo. Un todo enfermo de capitalismo, estresante e pesado capitalismo, infeccioso, abafante, ofensivo.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Ma\u00f1\u00e1 \u00e9 a folga xeral, un d\u00eda no que se observa o peso que toda a sociedade est\u00e1 a soportar. Se podes facer folga non dubides en parar, facer patente o presi\u00f3n coa que o sistema nos ameaza. E se pensas que non podes facer folga, volve pensalo porque se cadra no teu caso \u00e9 a\u00ednda m\u00e1is urxente que a fagas. &#8220;Se non te podes permitir perder un d\u00eda de salario&#8221;, escoiteille dicir a algu\u00e9n de Mastodon, &#8220;daquela esta folga \u00e9 o m\u00e1is importante que tes que facer&#8221;. Se non paramos, se non deixamos de traballar e consumir este 11 de novembro, quen sabe ata onde chegar\u00e1 o estr\u00e9s que verten sobre as nosas cabezas.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Permit\u00e1monos calcular a nosa carga alost\u00e1tica e negarnos a sacrificar anos de vida por acadar uns est\u00e1ndares que non nos fan ben nin nos traen a felicidade. Fag\u00e1molo por aquelas persoas que non poden pousar esa carga nin por un momento xa que non desfrutan de condici\u00f3ns de vida dignas ou de paz, sequera. Actuemos det\u00e9ndonos porque \u00e9 o m\u00e1is sinxelo, o m\u00e1is subversivo e o que con pouco esforzo consegue quebrar as din\u00e1micas dun sistema tan t\u00f3xico que se resiste a morrer. Cada vez que escollemos non consumir, cada vez que durmimos un pouqui\u00f1o m\u00e1is, cada vez que nos negamos a participar na roda-roda, estamos a tallar unha greta. Unha tras outra e antes de que nos decatemos a enorme estrutura tremer\u00e1 estoupando en milleiros de pedazos cos que poderemos esculpir a escultura dunha vida digna e xusta, suficiente para todos sen excesos para ningu\u00e9n.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Nestes tempos pregunt\u00e1monos moito que podemos facer para mellorar o mundo. \u00c1s veces non actuamos porque non atopamos tempo. Organizarse e informarse require certa dedicaci\u00f3n. Os noticiarios non fan m\u00e1is que infundir par\u00e1lise ao atemorizarnos con futuros escuros e moi poucas alternativas. A mobilizaci\u00f3n parece s\u00f3 un entretemento porque rara vez nos contan os froitos [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":1070,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[54,148,168,169,1],"tags":[60,58,170,171],"class_list":["post-1011","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-bencomun","category-conciencia-de-clase","category-folga-xeral","category-huelga-general","category-sen-categoria","tag-anticapitalismo","tag-capitalismo","tag-folga-xeral","tag-huelga-general"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1011","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=1011"}],"version-history":[{"count":11,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1011\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":1071,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1011\/revisions\/1071"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/media\/1070"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=1011"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=1011"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/lucia_ferro\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=1011"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}