Etiqueta: F4F4F4

  • María Xoaniña (Laura R.)

    Featured image of post María Xoaniña (Laura R.)

    n

    Un relato escrito por Laura R. durante o Obradoiro de Escritura Creativa organizado en Barreiros o día 17 de maio do 2024

    n

    n

    María, a xoaniña, perdeuse, mais non todo estaba perdido. Cando empezaba a desesperar, no medio do seu camiño atopou unha brúxula, ou eso parecía, había unha dirección marcada: era sempre para diante, que xa a vida lle dera para atrás dabondo.

    n

    Xoaniña ía sola pero non sempre fora así, viña de pasar días duros, dos peores, dos que naide querería nin soñar, días de guerras, de pérdidas, de separación. Oíra palabras no vento do tempo, ela tiña unha habilidade de viaxar en soños a outros tempos e lugares, e alí oíra que existían hortas comunitarias. Alí quería chegar. Horta comunitaria, que bonito soaba, e repetía: comunitaria, de comunidade, que se cuida entre si.

    n

    María seguía perdida, a brúxula marcaba cara o sur, tiña sentido, faría más calor, pero tiña na cabeza un latexo. A concentración non era o seu forte, calquera son a distraía, e sacábaa do seu camiño. Ou se concentraba ou non chegaría a ninghures, nin viva!

    n

    ¡Cataplaf!

    n

    Caiu da verza onde estaba e foi caer xusto na cola dunha serpeeee! Non sabía se a serpe comía xoaniñas, nin quería sabelo, aproveitou que se levantou vento, saíu voando cara o sur, coa idea na cabeza de evitar distraccións que a poñan en peligro, mais un pouco despois viu ao lonxe e sentiu, o que parecía ser unha festa: luces, música… A xoaniña vira estas cousas nos seus viaxes no tempo, aquí sentiu claramente que serían unha distracción máis. Decidiu enfocarse no seu obxectivo e seguir hacia o sur. Xa notaba que subira a temperatura, a herba estaba seca, sentíanse as grilas e os grilos, sabía que ía na dirección correcta.

    n

    Despois de menos tempo do pensado, viu un tomate 🍅, si un tomate, e ao lado leitugas, chícharos, e flor de lavanda, estrugas, fabas, e tamén remolacha ,viu camomila e na flor das patacas, ao fondo xunto a maciñeira, viunas, eran sete polo menos.

    n

    María a Xoaniña a que se perdera un día, sabía que chegara a Horta comunitaria soñada, e voou como nunca.

    n

  • A utopía como solución aos problemas de incendios

    Featured image of post A utopía como solución aos problemas de incendios

    Os incendio en Galicia xa semellan ser unha actividade cultural da nosa tradición. Do mesmo xeito, os montes de pinos e eucaliptos convertéronse no emblema galego para os estranxeiros quen se deleita por “ver as árbores australianas” sen viaxar ao hemisferio sur e ignoran a importancia da fraga atlántica, se cadra pola súa escaseza no noso territorio.

    n

    Cando os galegos pensamos en solucionar o problema do lume acostumamos a barallar opcións que son, máis ben, parches temporais. A limpeza do monte como unha obriga, por exemplo, que ao supor unha gran carga de traballo obtén pouco cumprimento. E é que non é práctico estar a remendar. O que eu propoño é unha utopía pois seguirmos cos mesmos métodos (métodos que segundo o consenso científico demostraron non ser efectivos) tamén o é. Acábasenos o tempo: A natureza non pode seguir a ser tratada deste xeito.

    n

    Teño a fortuna de vivir a poucos quilómetros dunha minúscula fraga, a do Santo Estevo do Ermo en Barreiros. Trátase dun deses recunchos que ofrece moito máis do que esixe, como o fai a boa xente. Cando paseo polos seus camiños non deixo de preguntarme, porque non pode Galicia recuperar a paisaxe perdida, e en tanto, as súas xenerosas árbores froiteiras, as variadas e saborosas setas e a fauna salvaxe como coellos e mouchos.

    n

    Os galegos presumimos de natureza, non obstante, implicámonos en prácticas que a destrúen. Como sería a nosa Galicia se fixeramos un monte para que o desfruten os nosos descendentes aínda que nós non lle sacásemos máis que un pouco de aire limpo?

    n

    Imaxino un monte húmido, deses que non importa a época do ano, sempre atopas onde enlamarte. Ese tipo de monte ao que o lume lle da preguiza queimar e nos dá máis tempo a reaccionar. Sentada nunha rocha de granito, pecho os ollos e cheiro o arrecendo da terra mollada, esa que é fogar de bechos pero tamén cogomelos. Unha terra rica en nutrientes que nos permite desfrutar de castañas de bo tamaño, de abelás, e de mazás silvestres. Un monte no que se darían as cerdeiras, no que o xabarín se alimentaría reducindo as súas excursións á aldea e por tanto sen esnaquizar os nosos hortos.

    n

    Claro que é unha utopía, pois que outra sensación ten un cando camiña pola senda que nos leva ao mosteiro de Caaveiro? As fragas do Eume, nun período no que o capitalismo arrasa con todo, son en si un verdadeiro paraíso. Non podo máis que pensar nas novas xeracións e en como terán que facer unha fileira para poder gozar dun pedazo de natureza pois esta ilusión miña na que reverdecemos os nosos montes e retornamos as nosas paisaxes ao chufado bosque atlántico, non é máis que unha utopía. Si, unha realidade que ninguén desexa o suficiente como para tomar a decisión de reforestar con conciencia.

    n

    Unha tolería desas que temos os novos, que pensamos nese futuro do que non queremos falar porque esa conversa sempre ven acompañada dos inminentes desastres naturais dos que a ciencia nos advirte, ou da escaseza de auga limpa que cada ano se fai máis evidente, ou da imposibilidade de cultivar nun solo desprovisto de nutrientes, e por tanto, infértil. Culparemos aos tempos modernos, a que todo cambia e sempre vai a peor, aínda que antes era moito máis duro, iso non o podemos esquecer. E nunca dubidaremos deste sistema baseado na explotación extrema dos recursos, un sistema que non respecta os límites naturais dos nosos montes e que tampouco trouxo esa prosperidade que tanto nos venderon.

    n

    Mais eu, non deixo de deleitarme con ese mundo imaxinario no que a pequena fraga do Santo Estevo do Ermo se estende a través de todo o territorio galego. Carrexo un macuto de tea no ombreiro e unha navalla no peto. Observo os limacos e analizo as herbas aromáticas e medicinais que vou atopando. De cando en cando, recollo algún froito, algún regalo da natureza, que se empecina en aliviarme a fame a cambio de non esixirlle demasiado. E pregúntome porque algún día quixemos cambiar todo isto por vivir nun rañaceos de cemento, onde a auga non xurde e as sementes non brotan.

    n

  • Soñan co Vento

    Featured image of post Soñan co Vento

    Sopra o vento do oeste,
    ndo norte e do sur-este.

    n

    Sopran os ventos e chocan
    ncomo no mar as súas ondas.

    n

    Remuíños de aire cheos de inocentes follas
    nque loitan por agorecerse en madrigueiras de lobas.

    n

    A sorte duns poucos aparece cando os ventos tornan
    ne déixanse caer sobre a auguiña onda alí afogan.

    n

    Mentres tanto están os galos dourados
    ndetrás de grandes fiestras agochados
    nvendo como todos loitan como se o mundo fose o seu anfiteatro.

    n

    Escoitan os asubíos e tamén os berros
    ne pensan que é a canción que anuncia o entretempo.

    n

    Nin se decatan de que o que ven é certo,
    nde que non son marionetas nin bonecos.

    n

    E cando cansan de tanto entretemento
    nmarchan para a cama e soñan co vento.

    n

    Así son os días do alto estamento.

    n

  • Ela quixo ser…

    Featured image of post Ela quixo ser...

    Ela quixo ser libre
    ndas ataduras que sentía.
    nMais ao ser invisibles
    nninguén a cría.

    n

    Viviu anos
    ncoa pesadume como amiga
    npero como era de esperar
    ntraizoouna un bo día.

    n

    As cadeas inmobilizárona.

    n

    Non respiraba,
    nnon se movía.

    n

    Os pesadelos eran as súas noites
    ne nunca amencían os días.

    n

    Finalmente as ataduras
    níana matar.

    n

    Mais con perseveranza
    nconseguiunas vencer
    ne fuxiu sen mirar atrás.

    n


    n

    Se queres escoitarme recitando este poema podes facelo aquí 👇️

    n